Sindicalismo Revolucionario

O sindicalismo revolucionario é un movemento sindical histórico inspirado nas teorías de Georges Sorel e Arturo Labriola.

En sentido amplo, adoitan denominarse como sindicalismo revolucionario aquelas correntes sindicais radicalizadas que se opoñen ó parlamentarismo democrático e á suxeición dos traballadores e a súa loita a un partido político. Caracterízase pola defensa da autonomía das loitas das clases traballadoras que fora manifestada no lema da Primeira Internacional: a liberación dos traballadores será feita polos traballadores mesmos ou non será.

Algúns dos sindicatos que usaron o termo para definirse rexeitaron a inxerencia partidista, agás que dito partido sexa comunista, trotskista, guevarista, maoísta ou socialista revolucionario.

Finalmente, nalgúns países, a expresión sindicalismo revolucionario tómase como sinónimo de anarcosindicalismo, e noutros como sinónimo dunha acción sindical que rexeita a negociación cos empregadores e co goberno.

Nacemento

O sindicalismo revolucionario naceu en Francia a finais do século XIX, a partir das crises internas que sufrían as correntes sindicais socialistas e anarquistas. Os socialistas comezaran a se inclinar pola vía democrática e a promoción dos cambios sociolaborais mediante unha presenza crecente nos parlamentos. Pola súa parte os anarquistas volcáranse á vía terrorista baixo o principio de "propaganda polo feito", o que os levou a ser vítimas dunha durísima represión e un grande illamento.

A partir de 1895 un grupo de dirixentes sindicais dirixidos polo anarquista Fernand Pelleutier e o socialista blanquista Victor Griffuelhes, preocupados polo illamento no que se atopaba o movemento sindical, comezaron a soster a necesidade de que a organización sindical fose independente das correntes ideolóxicas e políticas, o que historicamente significaba manter ós sindicatos fóra dos compromisos políticos dos socialistas e das accións violentas dalgúns anarquistas, ó mesmo tempo que abrir unha tradición de convivencia pluralista nos sindicatos.

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) francesa, creada en 1895, evolucionou gradualmente cara ás posicións sindicalistas revolucionarias que finalmente se impuxeron no Congreso de Amiens de 1906, onde se redactou a Carta de Amiens documento clave e fundacional do sindicalismo revolucionario, redactado por Victor Griffuelhes, onde se establece unha estrita distinción entre o sindicato e a ideoloxía política. Na súa parte final di:

Como consecuencia, naquilo que concirne ós individuos, o Congreso afirma a enteira liberdade para o asociado, de participar, fóra do grupo corporativo, en calquera das formas de loita que correspondan á súa concepción filosófica ou política, limitándose a esixirlle, en reciprocidade, non introducir no sindicato as opinións que profesa fóra do mesmo.


No que concirne ás organizacións, o Congreso decide que co obxecto de que o sindicalismo alcance o seu máximo de efectividade, a acción económica debe exercerse directamente contra a patronal, non tendo as organizacións confederadas, como asociacións económicas, que preocuparse dos partidos e das sectas que, fóra e á marxe, poidan perseguir, en absoluta liberdade, a transformación social.

O sindicalismo revolucionario, e nisto achegábase ó anarcosindicalismo, concede unha importancia estratéxica á folga, e en especial á folga xeral, exaltándoa como eixo central da acción sindical.

O principal teórico de sindicalismo revolucionario en Francia foi Georges Sorel (1847-1922), que desenvolveu as súas ideas fundamentalmente no seu coñecido libro Réflexions sur la violence (Reflexións sobre a violencia) (1908). A través de Sorel, o sindicalismo revolucionario influenciou considerablemente a Mussolini e ó movemento fascista.

Italia e Labriola

En Italia o sindicalismo revolucionario desenvolveuse a partir do socialismo (PSI). Os seus máximos expoñentes foron Arturo Labriola e Enrico Leone, que rexeitaban a opción pola acción parlamentaria que adoptara o Partido Socialista Italiano. Sostiñan que é o sindicato e non o partido a verdadeira organización da clase obreira. En 1912 crean a central sindicalista revolucionaria de Italia, a Unión Sindical Italiana (USI), oposta á CGIL.

Arturo Labriola escribiu:

Os obreiros deben loitar para realizar no mundo a forma igualdade sindical que se desprende das esixencias da vida sindical. Deben obrigar á vida a tomar unha forma exclusivamente sindical...


O acto revolucionario da toma de posesión dos instrumentos de produción dunha póla de industria polo sindicato obreiro da mesma determina o paso do capitalismo ó socialismo

Para Labriola só o sindicato posibilitaba a autorrealización da sociedade civil.

Relación co anarquismo

Nalgúns países o anarcosindicalismo inspirouse no sindicalismo revolucionario, e co tempo identificáronse, a tal punto de que en moitos lugares, na actualidade, o termo sindicalismo revolucionario é case un sinónimo de anarcosindicalismo, como nalgúns países da Europa Occidental.

Existen organizacións sindicais que reclaman o nome de sindicalistas revolucionarias sen se declararen anarquistas, pero que son moi achegadas ás concepcións anarquistas ou son escisións de sindicatos anarquistas.

Nos Estados Unidos, Industrial Workers of the World, coñecidos popularmente como os Wobblies, creada en 1905, desenvolveu un sindicalismo revolucionario moi achegado ó anarcosindicalismo —sendo os seus integrantes ata hoxe a meirande parte anarquistas— opoñéndose tanto á lexislación obreira como ós contratos colectivos de traballo que impulsaba a American Federation of Labour.

Así tamén algúns dirixentes sindicais proanarquistas ou sindicatos de anarquistas que non se apegan estritamente ós principios do anarcosindicalismo se declaran sindicalistas revolucionarios.

Relación co sindicalismo unitario

En América do Sur e Francia, o sindicalismo revolucionario desenvolveuse desde o socialismo de inspiración marxista, e desenvolveu unha cultura de sindicatos e centrais unitarias, autónoma dos partidos políticos, nos que podían convivir diferentes correntes ideolóxicas.

Relación co peronismo

Na Arxentina, o sindicalismo revolucionario foi unha das correntes sindicais que máis influíron, xunto co socialismo, na fundación do peronismo. Especialmente importante foi Luis Gay, presidente da Unión Sindical Argentina (USA), de tendencia sindicalista revolucionaria, que se adheriu ó peronismo, sendo logo secretario xeral da Confederación General del Trabajo e fundador do Partido Laborista, decisivo na vitoria electoral de Juan Perón en 1946.

Sindicalismo revolucionario na actualidade

Hoxe en día as organizacións que se denominan sindicalistas revolucionarias en todo o mundo son as que dalgún modo se relacionan cos movementos anarquistas, comunistas, maoístas, guevaristas e trotskistas.

Diferentes verquentes do sindicalismo revolucionario se organizaron en asociacións internacionais: en 1923 a corrente anarcosindicalista creou a Asociación Internacional dos Traballadores (AIT); en 1938 a corrente trotskista creou a Cuarta Internacional; en 1945 a corrente comunista creou a Federación Sindical Mundial (FSM).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Quand des étudiants «inventaient» le syndicalisme révolutionnaire (en www.pelloutier.net)
  • La Charte d'Amiens: Un syndicat, pas un partí (Force Ouvriere)
  • Historia del movimiento obrero argentino, 1870-2000 (Julio Godio, 2000)
  • Riforme e rivoluzione sociale (Arturo Labriola, 1906)
  • Réflexions sur la violence (Georges Sorel, 1908)

Tags:

Sindicalismo Revolucionario NacementoSindicalismo Revolucionario Italia e LabriolaSindicalismo Revolucionario Relación co anarquismoSindicalismo Revolucionario Relación co sindicalismo unitarioSindicalismo Revolucionario Relación co peronismoSindicalismo Revolucionario Sindicalismo revolucionario na actualidadeSindicalismo Revolucionario Véxase taménSindicalismo RevolucionarioAutonomíaDemocraciaMovemento sindicalParlamentarismoPartido políticoPrimeira InternacionalWikipedia:Cómpre referencia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Illas Virxes EstadounidensesElemento nuclear intercalado longoOlaría da Grecia antiga28 de marzoTenerifeThe Eyes of the DragonMila KunisCélula intersticial de CajalLingua osetaJackie ChanCorpo cetónicoPragaArco da vellaLecitinaJosé Luis GilLewis HamiltonCirrio de chemineaArtigo (gramática)García Pardiñas Vilar de FrancosCarboxiloADN polimeraseRenacemento carolinxioFactor intrínsecoCirrio comúnTorrada (doce)Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Santiago de CompostelaCitharus linguatulaAprendizaxe en liñaLista de nomes femininos en galegoSalgueiroGaravanzoTroitaXosé Manuel PiñeiroLingua samoanaÁcido pentacosílicoÁcido graxoO Canon da MedicinaDécada de 1180Pobo uigurChikungunyaPortadaArma nuclearNacionalismo galegoLista das aves de GaliciaBostonÁcido palmitoleicoSydney SweeneyMártires de CarralFariseoCinque TerreLingua birmanaNana MouschouriAC-960República Socialista Soviética de LituaniaQuenllaIphigénie en Tauride (Gluck)Ponte das PíasMediana (xeometría)Galería de imaxes das Pontes de García RodríguezTranscrición xenéticaÁcido graxo sintaseCalzada do XigantePhilip GlassEnemaJohn F. KennedyCaso Asunta BasterraEscociaArroazAnxo (cristianismo)Florencia PeñaSan Martiño, FranciaFonoteca 92Neornithes🡆 More