Partido Liberal Fusionista

O Partido Liberal (nacido como Partido Fusionista pasou a denominarse Partido Liberal Fusionista e logo liberal) foi un partido político español creado en 1880 por Práxedes Mateo Sagasta e que, co Partido Conservador de Cánovas, constituiría o sistema bipartidista con alternancia no goberno que caracterizaría á Restauración española durante o tramo final do século XIX e o inicial do século XX, e que se denominou o turnismo ou quenda.

Partido Liberal Fusionista
Práxedes Mateo Sagasta

Ideoloxía

Orixinariamente, integráronse aqueles liberais que, aínda que aceptaban aceptaban a Afonso XII e a que desconfiaban da experiencia do Sexenio Democrático, aspiraban a introducir progresivos cambios no sistema político canovista para recuperar dereitos e liberdades presentes na Constitución de 1869, especialmente:

Estes ideais inspiraron as políticas desenvolvidas polos gobernos de Sagasta a finais do século XIX. A principios do século XX, logo da morte de Sagasta, os políticos liberais amosan influencias do new liberalism británico, como amosa a maior ambición dos seus programas sociais para conter a conflitividade obreira e labrega así como o control das actividades das ordes relixiosas. Tamén haberá sectores partidarios de colaborar con forzas políticas de esquerda non dinástica.

Traxectoria

Agrupaba no seu seo aos sectores non republicanos do momento que aceptaban a nova legalidade reflectida na Constitución de 1876 e entre os que incluían monárquicos, membros do Partido Constitucional do xeneral Serrano, do Partido Radical de Ruiz Zorrilla, os “posibilistas” de Castelar e a algúns sectores militares.

O seu programa político pretendía a recuperación progresiva dos dereitos e liberdade presentes na Constitución de 1869 como a consecución do sufraxio universal masculino (obxectivo que vería cumprido en 1890), a liberdade de asociación relixiosa e a separación de poderes; e aínda que cabería cualificalo como un partido dinástico, a principios do século XX algúns políticos que máis tarde serían republicanos militaron nas súas filas, como Niceto Alcalá Zamora.

O sistema de alternancia política característico da Restauración iníciase cando Cánovas cede o poder a Sagasta e este forma o primeiro goberno o 8 de febreiro de 1881 iniciando unha primeira etapa do sistema que coñecerá ata tres gobernos liberais (dous presididos polo propio Sagasta e un por Posada Herrera).

A segunda etapa iníciase coa institucionalización do sistema en 1885 cando ambos os partidos asinan o Pacto do Pardo que establecía que ambos partidos se alternarían no poder á morte de Afonso XII, o cal foi garantido grazas ás redes caciquís con que ambos partidos contaban por toda España. Este pacto impedía o acceso ao poder de ideoloxías radicais naquel momento (anarquismo, socialismo, republicanismo) que podían pór en perigo o réxime monárquico.

Partido Liberal Fusionista 
José Canalejas

En 1898 prodúcese un primeira escisión no Partido Liberal cando Germán Gamazo Calvo abandona o partido, encabezando un grupo disidente que terminaría uníndose ao Partido Conservador.

Tras a morte de Sagasta, en 1903, produciuse un enfrontamento entre Eugenio Montero Ríos, representante das posicións máis esquerdistas, e Segismundo Moret, máis centristas, por tomar as rendas do Partido Liberal que ao cabo levaría a José Canalejas a dirixilo e aínda que intentou reformalo para achegalo á realidade do país, o seu asasinato truncou calquera evolución do partido. O goberno de Canalejas, cunha forte vontade reformista, impulsou a Lei das Mancomunidades procurando abordar as reivindicacións territoriais, a Lei do Servizo Militar e a do Cadeado, que buscaba limitar a influencia das ordes relixiosas en moitos eidos sociais.

A morte de Canalejas, en 1912, reabriu a loita polo poder con dous novos protagonistas: o Conde de Romanones e Manuel García Prieto e que levarían ao partido a unha profunda crise que unida á do propio sistema político que protagonizara a unha fase de disgregación que finalizou en 1931, logo da ditadura de Primo de Rivera e co final da monarquía de Afonso XIII.

Líderes do Partido Liberal

  • 1876-1902: Práxedes Mateo Sagasta;
  • 1902-1912: José Canalejas Méndez;
  • 1912-1913: Segismundo Moret Prendergast;
  • 1913-1918: Conde de Romanones;
  • 1918-1923: Manuel García Prieto e mailo Conde de Romanones;
  • 1923-1931: Durante a ditadura de Primo de Rivera, suspendeu a súa actividade política
  • 1931: Conde de Romanones e Gabino Bugallal Araújo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alvar Ezquerra, Jaime (2003 [2001]). Diccionario de historia de España (en castelán). Madrid: Istmo. ISBN 84-7090-366-7. 
  • Calzada del Amo, Esther (2011). Germán Gamazo, 1840-1901: poder político y redes sociales en la Restauración. Colección Historia (en castelán). Madrid: Marcial Pons. ISBN 978-84-92820-38-2. 
  • Pascual, Pedro (1999). El compromiso intelectual del político (en castelán). Madrid: Ediciones de la Torre. ISBN 9788479602475. 
  • Sánchez Casado, Galo (2009). Los altos grados de la masonería (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 978-84-96797-20-8. 
  • Vidal Manzanares, Gustavo (2009). Pablo Iglesias. Colección Historia incógnita. Madrid: Nowtilus. ISBN 978-84-9763-729-9. 

Outros artigos

Tags:

Partido Liberal Fusionista IdeoloxíaPartido Liberal Fusionista TraxectoriaPartido Liberal Fusionista Líderes do Partido LiberalPartido Liberal Fusionista NotasPartido Liberal Fusionista Véxase taménPartido Liberal Fusionista1880Antonio Cánovas del CastilloEspañaPartido Liberal-ConservadorPráxedes Mateo SagastaRestauración borbónica en EspañaSéculo XIXSéculo XX

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

FascismoMillie Bobby BrownSilvia SuperstarVietnamLuís MenorJorge LorenzoCristina LosadaRede privada virtualMela CasalParroquias de GaliciaThe ArtistJordi PujolSímbolos de GaliciaBorussia DortmundCaralloAbraham PérezRevolución dos caraveisShishuo xinyuMúsica tradicional galegaGacelaOvidio RodeiroJosé López CamposTransexualidadePachi VázquezLista de nomes femininos en galegoMarta DoviroFernando EstesoXavier BlancoJavier GutiérrezPadre CasaresGuernica (cadro)AraitzCharles DarwinBurroCarl Theodor DreyerAgrupación Cultural AbrentePartido Nazonalista Republicán de OurenseNegueira de MuñizMarta Fernández-TapiasImmanuel KantLisboaAs aves na cultura popular galegaUSemeGabriel García MárquezAcademia Chinesa de CienciasBernd SchusterARDAlfonso RuedaRafael LouzánXabier DíazA EstradaUnión Europea de RadiodifusiónFederico García LorcaTeresa CasalYolanda DíazAldaoladoTito AsoreyJosé Antonio Rueda CrespoDiego Rivas GutiérrezGerardo Conde RoaMiley CyrusFalange EspañolaEstados Unidos de AméricaSantos bispos de Ribas de SilBloque Nacionalista Galego1890NerónRaquel Sánchez-SilvaMitoloxía galegaBull terrierGuillermo del ToroCrime de honraCharles MansonJosé Galera MorenoExaculación🡆 More