Palleiro

Un palleiro é unha morea de palla, tamén chamado meda ou palleira.

Tamén recibe o nome de palleira a estrutura, xeralmente un alpendre, destinada a gardar a herba enxoita e a leña para queimar, denominada neste caso tamén pallal, pallar, pallarega ou pallete. O palleiro é moi común na tradición agrícola galega que aínda hoxe constitúe un elemento de importancia xa non só agrícola senón tamén a modo de tradición cultural.

Palleiro
Palleiro na provincia da Coruña

Adoita ter forma de cono, cun pau ergueito pousado no chan e a palla mallada disposta ao seu redor. O lugar habitual dunha palleira é a eira, malia que non calquera terreo pode ser acondicionado. Por culpa de evitar a choiva, moitas veces a palla é cuberta cun plástico protector que polo xeral é unha peza única de cor negra. Cínguese arredor da palla con cordeis, pedras que o asenten no chan ou outros trebellos similares.

Etnoloxía

O palleiro formaba parte da vida agrícola. En Galicia o can autóctono recibe o nome de can de palleiro porque adoitaba durmir nas construcións destinadas a gardar a palla. Ao fillo ilexítimo ou natural tamén se lle coñece coma fillo de palleiro. O refraneiro galego está cheo de frases con este termo:

  • Non quedar can tras palleiro, en sentido metafórico dá a entender que nada se deixou esquecido, que se rexistrou e todo está comprobado polo miúdo.
  • Pódeste ir p'rao palleiro, díselle ao cativo que leva un bo anaco de pan ou á persoa maior que comeu até fartar.
  • Vaste p'rao palleiro?, díselle tamén á persoa que ao servirse a carne, escolle a que ten máis ósos por ser a que máis gosta.
  • Palleiro sen palla non se fai, dise dunha persoa pouco curiosa no seu traballo, que o fai a eito. Tamén se di da persoa grosa que come demais a xeito de xustificación.

Outras frases:

  • Cando se acende o palleiro, arde máis axiña o vello.
  • De palleiro que se queima faíscas saen.
  • Mete o 'pidincheiro' no teu palleiro, e faráseche o teu herdeiro.
  • No palleiro, ben dorme o que anda ao 'vintimperio'.
  • No palleiro, non fagas lume nin co esqueiro.
  • O palleiro vello arde máis axiña.
  • O palleiro vello, cando se acende, malo é de apagar.
  • O vello palleiro, cando se acende, arde todo enteiro.
  • Pallas ao palleiro, galiñas ao galiñeiro.
  • Pallas ao palleiro, vellas ao fiadeiro.
  • Palleiro sen palla non se pode facer.
  • Palleiro vello, logo se acende.
  • Palleiro vello, logo se queima.
  • Se metes ao ruín no teu palleiro, xa verás como queda de teu herdeiro.
  • Ti enche o palleiro, de palla ou palloeiro.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

AlpendreGaliciaLeñaPalla

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Os demostrativos galegosGonzalo DuránMofa e BefaIván Puentes RiveraMiniEstatua de Che Guevara en OleirosPediastrumJorge BlassPedra de SconeÁcido oxalacéticoVicente RiscoSantisoPontevedraJuan Fernández GarcíaPepe CarballudeMúsica tradicional galegaPorqueiraZoe SaldanaAdrián CastiñeirasPegaPolbo á feiraIgnacio CodesidoVíctor MosqueiraSantoalla do Monte, PetínO Carreiro, Aguiño, RibeiraPonteareasMiguel MosqueiraMaragotaEvan Ellingson64Pena Verde, Rebordondo, CualedroThe Notebook (filme)Países Baixos2022Víctor DupláLago ComoGrupo RompenteVictoria Álvarez Ruiz de OjedaAsa ga KuruCompromiso por GaliciaPremios da Cultura GalegaMitoloxía galegaYolanda DíazCervo comúnPrefectura de ShizuokaBruce SpringsteenAsiaEstatuto de autonomía de Galicia de 1936ToquioMalores VillanuevaRoko (actriz)VirulenciaRoberto Tojeiro DíazPosición do canPriyanka ChopraPotaAbel CaballeroPilar BahamondeDugongoGerardo Pardo de VeraEl Progreso (xornal)A BañaMártires de CarralA Star Is Born (filme de 2018)Antón LouroEsparragueiraRaposo comúnJLingua galegaEleccións municipais en RibeiraO CarrabouxoLeirón rabudoNarónGalicia🡆 More