Opríchnina

A Opríchnina (опри́чнина) foi un anaco do territorio ruso controlado directamente polo tsar Iván o Terrible.

A verba deriva do ruso antigo (опричь) opric', e quere dicir "á parte", "a excepción de". Por extensión, opríchnina designou ao período de poder despótico do monarca Iván IV o Terrible e a súa propia garda persoal, os oprichniks, salientada pola súa desapiadada crueldade contra o pobo, decimando considerablemente a cidade de Nóvgorod.

Opríchnina
Os Oprichniks

Neste tempo, o termo opríchnina utilízase coma sinónimo de tiranía e de poder absoluto exercido con extremo rigor e crueldade.

Historia

No ano 1564, o príncipe Andrei Kurbski, liderou un exército lituano contra Rusia, devastando a rexión de Velíkie Luki. O tsar Iván IV sospeitando que os outros aristócratas estaban preparados para traizoalo, decide abandonar Moscova o 3 de decembro do 1564, levando tódalas reliquias históricas e relixiosas, sen designar sucesor na xefatura do estado, e instalándose en Alexandrov, a 120 km de Moscova, coa tsarina María Temriúkovna, os tsarévichs e tódolos membros da corte. O 3 de xaneiro do 1565 dirixiu ao arcebispo metropolitano de Moscova, Afanasio, unha carta describindo a traizón dos boiardos e anuncia a súa intención de abdicar.

Unha delegación composta pola Igrexa, o arcebispo metropolitano, boiardos e comerciantes dirixiuse entón a Alexandrov para pedirlle que volvese a Moscova e recobrase a coroa. Iván puxo unha soa condición, que lle desen un poder ilimitado. O clero debe por tanto renunciar ao seu dereito de intercesión en favor de persoas caídas en desgraza e os boiardos á garantía dunha xustiza equitativa. A delegación acepta as condicións e un mes máis tarde o tsar volveu a Moscova.

A creación da Opríchnina

O mesmo mes, un ucase do tsar divide o Principado de Moscova en dous territorios: a Zemchtchina que conserva a antiga administración tsarista, e a Opríchnina (o nordeste) onde Iván exerce un poder absoluto. No mesmo decreto, o tsar crea os oprichnik, unha tropa de elite que mantén unha obediencia cega. Estes homes, que o pobo chama a tropa satánica, ían vestidos de negro, cunha vasoira e un cranio de can como insignia, sendo o seu lema: Varrer as Rusias, e trabar a traizón. A Opríchnina viuse mais logo debilitada coa morte dos tres principais elixidos polo tsar, Alexis Basmánov, Atanasio Viázemski e Maliuta Skurátov.

O sistema de Opríchnina durou do 1565 ao 1572, sete anos durante os que Iván se esforza en aniquilar os seus adversarios e en rachar o antigo réxime de goberno, que non lle conviña. A represión fai que algúns boiardos incluso inciten a Lituania a intervir. A Opríchnina interceptou as mensaxes e intensificou a represión e as purgas. O arcebispo metropolitano, Filipe, intentou interceder en favor dos prisioneiros e é arrestado e asasinado. Iván encargouse do mesmo xeito dos Stáritski: a súa curmá Eufrosinia e o fillo desta, Vladímir, son obrigados a se envelenaren.

No 1570, Iván, preocupado polo valor estratéxico de Nóvgorod na guerra contra a Orde Teutónica e Suecia, descubriu que fíos do complot conducen a Nóvgorod. Os seus opríchniks saquean, incendian e destrúen a cidade, asasinando a 30 000 habitantes, aínda que algúns historiadores modernos sitúan a cifra entre 2000 e 3000 mortos, considerando que despois das fames negras e epidemias do 1560, a poboación de Nóvgorod non excedía de 10.000 a 20.000 habitantes.

De volta a Moscova, a tropa satánica atacou os nobres sen título e os masacra. O mesmo ano, Iván coida que seus fieis asistentes Alexis Basmánov e Atanasio Viázemski tentan traizoalo e son executados sumariamente.

Este sistema foi visto por algúns historiadores coma unha ferramenta contra a poderosa nobreza hereditaria rusa dos boiardos, quen se opoñían á centralización.

A Opríchnina foi tratada de forma semellante á Igrexa do seu tempo, gozando da mesma liberdade de impostos que a Igrexa. Tiña tamén unha organización monástica e mesmo o propio Iván proclamouse Abade da Opríchnina. A única diferenza entre estes dous, é que unha foi creada como un medio exclusivo para cumprir a vontade de Iván no seu territorio.

O fin da Opríchnina

No 1560, no período coñecido como a Pequena Idade do Xeo, nunha combinación de colleitas pobres, pragas, incursións polaco-lituanas, suecas, ataques dos tártaros e a Liga Hanseática, Rusia foi devastada. O prezo do gran subiu a un factor de dez, o valor das terras noutro tempo fértiles caeu por baixo das do resto do país, causando que os que vivían na Opríchnina se trasladasen a outras rexións. Deste xeito, a existencia destes dous sistemas de autoridade (a Opríchnina e a Zémschina) conduciu á desorganización política e económica do país.

Iván comezou a dubidar da utilidade da Opríchnina logo das execucións de Basmánov e Viázemski. Varios membros da súa garda de elite, encargados de manter a súa seguridade, foron acusados de traizón. A morte da súa terceira muller Marfa Sobákina, quince días logo da súa voda, convenceuno de que algúns dos seus gardas puideron envelenala. A tropa comprende agora a uns 6000 homes que saquean os territorios da Zémschina, sen que Iván o autorizase.

Na primavera do 1571, os tártaros de Crimea invaden Rusia e chegan a Moscova, e incendian parcialmente a cidade sen que os opríchniks movesen un dedo para defendela. Iván sospeita que o traizoaran en beneficio do Jan de Crimea.

Decide entón castigalos severamente. En xullo do 1572, un novo ucase aboliu o sistema da Opríchnina e os opríchniks foron disoltos. Os territorios da antiga Opríchnina son fusionados aos da Zémschina e os antigos donos recuperaron as súas terras.

Os impostos, como esperaba Iván, non se incrementaran, e Rusia perdera todas as súas ganancias na guerra contra Livonia, de xeito que a Opríchnina non demostrou unha mellora considerable, senón máis ben un prexuízo á economía e á estabilidade de Rusia. A Opríchnina porén foi exitosa en instaurar un réxime de obediencia submisa e temorosa en todo o reino.

Consecuencias

Os historiadores rusos cren que o terror da Opríchnina causou a carón de 10.000 mortos. Os campesiños víronse obrigados a emigrar cara rexións máis tranquilas, o comercio foi aniquilado, o país arruinado. A economía rusa resentiuse durante anos.

Máis tarde Pedro I de Rusia e Stalin tomaron exemplo de Iván o Terrible e do seu sistema para cometer as súas propias purgas.

Legado

Iván Lazéchnikov escribiu a traxedia "Os Opríchniks" (Опричники), na cal Chaikovski baseou a súa ópera, "Os Opríchnik". Esta obra á súa vez inspirou no 1911 a pintura de Apolinary Vasnetsov, describindo a rúa dunha cidade e persoas fuxindo do pánico á chegada dos opríchniks. Anos despois do reinado de Iván o Terrible, o sistema Opríchnina continuou afectando Rusia. O mesmo Stalin, baseou moitos dos seus esquemas depurativos na "terrible e sedenta de sange" opríchnina, e a posición do tsar quedou luxada para sempre cun sentido de poder terrible.

Sergéi Eisenstéin representou os opríchniks na súa película Iván o Terrible (primeira parte), como persoas saudables e de aspecto limpo. Na súa segunda película de Iván O Terrible veu mostralos cunha aparencia menos favorecida.

Véxase tamén

Bibliografía

Heller, Michel. Histoire de la Russie et de son empire. Plon. París. 1997.

Notas

Ligazóns externas

Historia de Rusia

Tags:

Opríchnina HistoriaOpríchnina A creación da Opríchnina O fin da Opríchnina ConsecuenciasOpríchnina LegadoOpríchnina Véxase taménOpríchnina BibliografíaOpríchnina NotasOpríchnina Ligazóns externasOpríchninaIván IV de RusiaLingua rusaNóvgorodRusiaTsar

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Teresa González CostaSalvador DalíDodecágonoEl Correo GallegoJulio Iglesias RedondoEmilio Aragón ÁlvarezWayback MachineAC-101Cessna T-37 TweetTarragonaO PorriñoPovoaçãoVictoria Núñez LópezPere Pau Ripollès AlegreRepública Democrática do CongoVangardasSantiago de CompostelaLingua inglesaSexo analJordi PujolGrupo SargadelosHarvey WeinsteinLugoMoción de confianzaTonhito de PoiMoinanteFrancisco PazosCunnilingusMoulin RougeRafael NadalSegunda República EspañolaOs ÁnxelesPerífrases verbais galegasLingua portuguesaJosé López CamposMaría JamardoConceyu BableScarlett JohanssonRibeiraCarlos de Matos GomesSan PetersburgoBala (grupo musical)Couselo (planta)PrestigeLingua galegaGame Boy Advance SPSanta CompañaCabo Norte, NoruegaAs leis de CelavellaAvenida da Liberdade (Lisboa)MThe ArtistZeca AfonsoYolanda CastañoCohesiónLisboaSegunda guerra mundialGalería de imaxes de arañas de GaliciaEstadio de TammelaTereixa ConstenlaXosé Manuel PiñeiroCinema pornográficoXabier DeiveVento feridoNarónJorge PeteiroFiúnchoGolfiño comúnNightmare Alley (filme de 2021)Longueirón (molusco)National Portrait GalleryColocación do pronome átono en galegoNoelia ReyLuís Cília🡆 More