O Loto Azul: Volume de banda deseñada das aventuras de Tintín

O Loto Azul (en francés: Le Lotus bleu) é o quinto álbum da serie As aventuras de Tintín, creada polo autor de banda deseñada belga Hergé.

Publicouse por entregas no suplemento Le Petit Vingtième entre o 9 de agosto de 1934 e o 17 de outubro de 1935, a un ritmo de dúas páxinas semanais en branco e negro. A primeira edición en álbum, tamén en branco e negro, apareceu en 1936 na editorial Casterman. A primeira edición en cor, na mesma editorial, data de 1946.

O Loto Azul
O Loto Azul: Sinopse, Cambio de método, Dimensión política
Silueta en negro dun dragón chinés sobre fondo vermello creada a partir doutro arquivo para ilustrar O Loto Azul.
Título orixinalLe Lotus bleu
Autor/aHergé
OrixeBélxica Bélxica
LinguaFrancés
ColecciónAs aventuras de Tintín
Xénero(s)Aventuras
EditorialCasterman
Data de pub.Seriada: 9 de agosto de 1934 a 17 de outubro de 1935
FormatoSeriada en Le Petit Vingtième, con recompilación en álbum
Páxinas62
ISBNISBN 84-261-2153-5
Precedido porOs xarutos do faraón
Seguido porA orella rota
EditorEditorial Juventud
Traduciónvalentín Arias López
editar datos en Wikidata ]

A acción desenvólvese principalmente na China, na cidade de Xangai. O título está tomado do nome dun ficticio fumadeiro de opio na mesma cidade.

O Loto Azul é a segunda parte dunha historia iniciada no álbum anterior, Os xarutos do faraón, aínda que pode lerse de forma independente. Ten unha gran relevancia dentro da historia da serie, por ser a primeira vez que o seu creador, Hergé, preocupouse por documentarse exhaustivamente acerca do tema tratado, para o que contou coa axuda dun estudante chinés, Zhang Chongren Segundo Hergé, o álbum marca o comezo dunha nova etapa na súa obra. En conversación con Numa Sadoul afirmou: "O Loto Azul marca o comezo da miña etapa documentalista" (Numa Sadoul, Conversacións con Hergé, p. 101 . A primeira edición en galego foi en 1986 pola Editorial Juventud con tradución de Valentín Arias López.

Sinopse

En Os xarutos do faraón, Tintín perseguía a unha organización internacional de traficantes de droga por Oriente Medio e a India. Logrou capturalos a todos, agás ao seu xefe, cuxa identidade non chegou a coñecerse ao final da aventura.

Ao comezo de O Loto Azul, Tintín goza da hospitalidade do maharajáh de Rawhajpurtalah, un imaxinario estado indio. Alí recibe a visita dun chinés que vai traerlle certa información pero, antes de que poida falar, é ferido por unha frecha que o tolea misteriosamente, e só pode pronunciar dous nomes: unha cidade, Xangai, e un nome de persoa, Mitsuhirato. Tintín parte cara a Xangai e entrevístase con Mitsuhirato, que é o representante do Xapón na cidade. Este indícalle que o maharajáh corre perigo, e que debe regresar sen tardanza. Tintín é obxecto dunha serie de misteriosos atentados contra a súa vida, do que é salvado de forma igualmente misteriosa.

Crendo as recomendacións de Mitsuhirato, Tintín embárcase para Bombai, pero é secuestrado a medianoite e reaparece, á mañá seguinte, nunha casa de Xangai. O propietario da casa é o señor Wang Jen-Ghié, xefe da sociedade secreta "Os Fillos do Dragón", que precisa a axuda de Tintín para acabar cunha rede de traficantes de opio (a mesma que Tintín perseguía no álbum anterior) na que está involucrado Mitsuhirato. Intentando espiar a estes traficantes, Tintín é testemuña dunha sabotaxe á liña férrea realizado por orde dos servizos segredos xaponeses para culpar aos chineses e ter un motivo para invadir o país. É capturado por Mitsuhirato, quen lle inocula supostamente un produto para causarlle a tolemia. Porén, fracasa, e Tintín logra escapar, polo que Mitsuhirato alerta ás autoridades xaponesas, que pon a Tintín en busca e captura.

Disfrazado de oficial xaponés, Tintín intenta refuxiarse na zona internacional, e localizar a un tal Fan Se-Yeng, que pode curar ao fillo de Wang Jen-Ghié, toleado a causa do produto de Mitsuhirato. Por non ter os seus papeis en regra, é detido na zona internacional e entregado ás autoridades xaponesas, que o condenan á morte. Con todo, é rescatado por Wang Jen-Ghié e parte cara a Hou-Kou para localizar ao profesor Fan Se-Yeng, que tamén foi secuestrado.

Na viaxe, Tintín fai amizade cun mozo chinés, Tchang Tchong-Jen, co que chega a Hou-Kou. As autoridades da zona internacional enviaron en busca de Tintín a Hernández e Fernández, que, como é habitual, fracasan ao intentar detelo. Tchang e Tintín descobren que Fan Se-Yeng está en poder de Mitsuhirato, e regresan a Xangai para intentar liberalo.

Cambio de método

Antes da realización deste álbum, a visión doutras culturas nos álbums de Tintín estaba cargada de prexuízos. Cando Hergé anunciou que a próxima aventura de Tintín ía desenvolverse na China, o pai Gosset, capelán dos estudantes chineses da universidade de Lovaina, escribiu a Hergé pedíndolle maior sensibilidade no que escribía sobre China, xa que estaba preocupado polo que os seus estudantes puidesen pensar. Hergé aceptou, e na primavera de 1934 Gosset presentoulle a Zhang Chongren/Chang Ch'ung-jen (Chang Chong-chen), un novo escultor da Academia de Belas Artes de Bruxelas. Hergé e Zhang fixéronse pronto amigos, e o estudante chinés introduciu a Hergé na historia, cultura e arte chineses.

Como resultado desta experiencia, Hergé preocupouse en diante, tanto en O Loto Azul como nos álbums subseguintes, de documentarse minuciosamente acerca dos lugares visitados por Tintín. Os abundantes carteis en chinés que aparecen na obra non son, como o era o árabe de Os xarutos do faraón, meros debuxos caligráficos, senón auténticas frases nese idioma, a miúdo de carácter político.

Un exemplo deste traballo de documentación pode verse no que ocorreu co álbum A illa negra. Cando o seu editor no Reino Unido queixouse da imaxe de Inglaterra que se presentaba no álbum, Hergé enviou ao seu próximo colaborador Bob de Moor a documentarse exhaustivamente, o que tivo como consecuencia importantes cambios no álbum.

Como homenaxe ao seu amigo chinés, Hergé introduciu en O Loto Azul a un personaxe, Chang, un mozo chinés que fai amizade con Tintín, transposición literaria do seu amigo Zhang Chongren. A relación de Tintín con Chang serve a Hergé para mostrar os prexuízos occidentais acerca da China.

Dimensión política

O Loto Azul é o primeiro dos álbums de Tintín en que o protagonista toma partido nun conflito internacional.

Como resultado da súa amizade con Zhang, Hergé comezou a interesarse polos problemas do colonialismo, en especial os referentes á ocupación xaponesa da China. O Loto Azul contén unha clara mensaxe antiimperialista, contrario á opinión imperante en Occidente na época, favorable ao colonialismo xaponés.

No álbum, Tintín é testemuña presencial do incidente do ferrocarril de Manchuria do Sur (incidente de Mukden), que serviu de pretexto ao Xapón para atacar e ocupar China, dando inicio á Segunda Guerra Chinés-Xaponesa.

Protestas xaponesas.

Ata a data, o álbum non foi editado nunca no Xapón.

O goberno nacionalista da China mostrouse moi satisfeito co álbum, e o entón presidente Chiang Kai-shek invitou a Herge a visitar o país. Hergé, con todo, non levou nunca a cabo esta viaxe.

Con todo, o goberno da República Popular da China prohibiu durante moito tempo o álbum. Non permitiu a súa publicación ata 1984, trala realización de importantes cambios.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

O Loto Azul SinopseO Loto Azul Cambio de métodoO Loto Azul Dimensión políticaO Loto Azul Véxase taménO Loto Azul

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ferreiriño abelleiroErros e TánatosSobreiraJosé Miñones BernárdezLEncyclopædia BritannicaFrancisco Castro VelosoXC. TanganaSamuel JuárezFeiracoBelén RegueiraEscola de FrankfurtToxo arnalVladimir GudeljNatalia Puente PradoAustraliaMarga PazosXinzo de LimiaPartido Independentista PortorriqueñoFachada do ObradoiroTimeJaime AlguersuariVulvaPratos combinadosCesáreo Sánchez IglesiasGueixaRulaSan Lázaro, Santiago de CompostelaJosefina Ling LingDólar da Liberdade sentadaPepe CoiraISBNXureloNairaMarcel ProustAndorraÁnxel CasalYolanda DíazAntonio López DíazAmesLeymaAlfonso ZarauzaHattusilis INarón99Ismael RamosPelaxeÁngel CarracedoWikipediaJosé Antonio Rueda CrespoLimoeiro1978Xene1961José CoronadoLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingMatria (filme)PicapeixeDrag Race España (segunda tempada)Luis VilariñoPiñeiroSantiago AmorVenresA borracheira na cultura popular galegaTropicosÁ lus do candilPneumáticoLista de xentilicios de concellos galegosLe VilliSapoconcho comúnEspaña🡆 More