Noroeste Pop Rock

Noroeste Pop Rock, ou Festival Noroeste é un festival de música pop rock que cada ano se celebra no mes de agosto na cidade da Coruña dentro do programa das Festas de María Pita.

A edición do ano 2017 foi a número 31 dende os seus comezos nos anos oitenta.

Noroeste Pop Rock
Nicholaus Arson, guitarrista de The Hives na edición de 2009.

Tradicionalmente neste festival o público pode ver de balde as actuacións, que se levan a cabo nun escenario montado na area da praia de Riazor.

A primeira edición do festival celebrouse no marco das Festas de María Pita do ano 1986, baixo o nome Noroeste Pop & Rock - I Encontro Musical Cidade da Coruña. Dende entón o festival celebrouse todos os anos agás o 2003, no que o concello decidiu non organizar concertos na praia polo seu elevado custo. Entre os artistas máis destacados que actuaron nas sucesivas edicións deste festival hai grupos da escena internacional como Suede, Status Quo ou The Cure, españois como Radio Futura, Nacha Pop, Los Enemigos ou Los Planetas e galegos como Siniestro Total, Los Suaves ou Os Resentidos.

Historia e edicións celebradas

O Noroeste Pop Rock naceu no ano 1986, cando o concello decidiu crear un evento musical no verán co obxectivo de apoiar e dar soporte aos grupos locais para que puidesen ter un escaparate no que amosarse. Á súa vez pretendíase que este evento tivese a suficiente entidade como para converterse nun referente que atraese público de fóra da provincia.

Precedentes

O festival tivo o seu principal precedente no ano 1982, no primeiro concurso de Rock Cidade da Coruña, un evento musical primixenio da movida en Galicia.

Poucos meses antes, o 13 de novembro de 1981 actuaran no Pazo dos Deportes de Riazor o grupo norteamericano Ramones sendo o seu abreconcertos Suaves. Foi este un concerto que deixou unha fonda pegada na cidade, e deu lugar á aparición de varios grupos musicais que participarían meses despois no concurso de Rock Cidade da Coruña.

Neste concurso podíanse presentar grupos musicais galegos que non tivesen editado aínda ningún disco. Os grupos participantes actuaron no Pazo dos Deportes de Riazor no mes de xullo de 1982. O 10 de xullo celebrouse a final do concurso, na que tamén actuaron grupos españois consagrados como Alaska y los Pegamoides, Nacha Pop e Mamá. O concurso só tivo dúas edicións, máis axudou a desenvolver a movida local e a que poucos anos despois se crease o Noroeste Pop Rock.

1986: 1ª edición

Noroeste Pop Rock 
Siniestro Total nunha actuación.

Tivo lugar o 23 de agosto de 1986. Inicialmente planeárase celebrar os concertos ao aire libre no barrio das Durmideiras, mais a forte chuvia do día anterior obrigou a trasladar os concertos ao Pazo dos Deportes de Riazor.

Actuaron as seguintes bandas e artistas: Homo Hábilis, Viuda Gómez e Hijos, Método Sueco, Peor Imposible, Desperados, Destellos de Pasión, Glutamato Ye-Yé, La Mode, Mermelada, Burning, Objetivo Birmania, Siniestro Total, Os Resentidos, Dramáticos e Radio Océano.

Calcúlase que o número total de espectadores que asistiu esa tarde-noite aos concertos foi de 30.000 persoas. O custo total desta primeira edición do Noroeste Pop Rock foi inferior aos 5 millóns de pesetas.

1987: 2ª edición

Tivo lugar o 25 de agosto de 1987, e de novo os concertos se levaron a cabo no Pazo dos Deportes de Riazor. Nesta ocasión os asistentes tiveron que pagar 400 pesetas para acceder ao recinto. Actuaron cinco bandas locais e seis do ámbito español, entre elas Los Bichos, Los Elegantes, Brighton 64, Radio Futura, Nacha Pop, Danza Invisible, Siniestro Total e Los Ronaldos.

1988: 3ª edición

Tivo lugar o 29 de agosto de 1988, nesta ocasión na praza de María Pita debido ás queixas recibidas polo uso de instalacións deportivas para eventos musicais. De novo actuaron bandas locais (Gema y los Grumos, Tiempo al Tiempo, The Reserve e Los Dramáticos) e seis do ámbito español (Dinamita pa los pollos, Los Limones, Cómplices, La Granja, Bermudas e Luz Casal).

1989: 4ª edición

Nesta edición o festival trasladouse definitivamente á praia de Riazor debido ás queixas dos veciños da praza de María Pita. Xunto a Danza Invisible, Modestia Aparte e La Unión actuaron cinco bandas locais.

1990: 5ª edición

A estrela principal desta edición foi Luz Casal, que actuou para aproximadamente 120 000 persoas na praia de Riazor.

1991: 6ª edición

Calcúlase que o número total de espectadores que asistiu a esta edición do festival foi de 90 000 persoas. Actuaron os grupos locais Los Modestos, Black Tears, Ritmamuchos, Cherokes, Esa Gente, La Penumbra e Cacahué. Os cabezas de cartel foron Miguel Ríos e El Norte.

1992: 7ª edición

Dende esta edición e por máis dunha década os organizadores tiveron que mudar o nome do festival por Coruña Pop Rock xa que un dos promotores da primeira edición rexistrara o seu nome e pedía cartos polo seu uso. Os concertos tiveron lugar o 2 de agosto de 1992. Xunto a Hombres G e Los Inhumanos actuaron seis bandas locais, entre elas Los Eskizos.

1993: 8ª edición

Actuou Manolo Tena xunto con seis grupos locais, entre eles Tremendos Cien Pavos.

1994: 9ª edición

Esta foi a primeira edición na que actuaron artistas do ámbito internacional no festival, mais o que non houbo foron bandas locais. O 14 de agosto de 1994 actuaron La Señal, Immaculate Fools, La Frontera e The Stranglers. O día anterior, na primeira xornada deste Coruña Pop Rock actuaron baixo o lema A noite do gran guateque o Dúo Dinámico, Pablo Abraira, Los Pekenikes e Mike Kennedy e Los Bravos.

1995: 10ª edición

A estrela internacional desta edición foi o cantante irlandés Bob Geldof, que actuou ante máis de 50 000 persoas. Tamén actuaron Kiko Veneno e Rafa Martín.

1996: 11ª edición

A estrela principal desta edición foi o grupo británico Status Quo, que actuou ante 75.000 persoas. Como abreconcertos actuou Mercedes Ferrer.

1997: 12ª edición

Nesta edición a actuación principal foi a do grupo ourensán Los Suaves, que congregou a 60.000 espectadores.

1998: 13ª edición

A estrela principal desta edición foi o grupo británico The Cure, que actuou o 8 de agosto de 1998. Como abreconcertos actuou Pablo Bicho.

1999: 14ª edición

A estrela principal desta edición foi o grupo británico Simply Red. Como abreconcertos actuou Rafa Martín.

2000: 15ª edición

As estrelas principais desta edición foron Joe Cocker e Manolo Tena.

2001: 16ª edición

A estrela principal desta edición foi o grupo escocés The Waterboys, que tocou algún tema co gaiteiro vigués Carlos Núñez, e que foron os seus abreconcertos os locais Deluxe.

2002: 17ª edición

O ano 2002 foi un ano en que no verán se sucederon moitos concertos na praia de Riazor algún deles multitudinario, aínda que realmente non foi recoñecible a existencia dun festival Noroeste como tal.

2004: 18ª edición

No ano 2004 volven os concertos na praia durante unha semana trala ausencia do ano 2003. Nesta edición do festival actuaron dous grupos galegos, Los Suaves e Heredeiros da Crus.

2005: 19ª edición

Na edición do ano 2005 o festival recupera o seu nome orixinal: Noroeste Pop Rock. Actuaron as seguintes bandas e artistas:

  • Xoves, 4 de agosto de 2005: La Excepción, Fundación Tony Manero e O'Funkillo.
  • Venres, 5 de agosto de 2005: Josele Santiago, Pereza e Siniestro Total.
  • Sábado, 6 de agosto de 2005: The Gift, Santiago & Luis Auserón e The Boss Martians.

2006: 20ª edición

Actuaron as seguintes bandas e artistas:

2007: 21ª edición

Actuaron as seguintes bandas e artistas:

Segundo a organización asistiron aos concertos unhas 25.000 persoas cada día.

2008: 22ª edición

Actuaron as seguintes bandas e artistas:

2009: 23ª edición

Actuaron as seguintes bandas e artistas:

  • Xoves, 13 de agosto de 2009: Calle 13, La Unión e Hombres G.
  • Venres, 14 de agosto de 2009: El Consorcio, Raphael.
  • Sábado, 15 de agosto de 2009: No Way Out e The Hives.

O custo total desta edición do festival foi de aproximadamente 600.000 euros.

2010: 24ª edición

Nun primeiro momento anunciouse a súa suspensión por culpa da crise económica e a coincidencia co festival Africa Express na praia de Santa Cristina en Oleiros, mais finalmente o concello escoitou as suxestións dun grupo de cidadáns e accedeu a organizar o festival cun presuposto máis reducido e con presenza de grupos locais seleccionados mediante concurso. Actuaron as seguintes bandas e artistas:

  • Mércores, 4 de agosto de 2010: Exit, Carlos Childe Troupe e Loquillo.
  • Xoves, 5 de agosto de 2010: Igloo, Cornelius 1960 e Los Planetas.

2011: 25ª edición

Actuaron as seguintes bandas e artistas:

  • Mércores, 10 de agosto de 2011: Green Fandango, Cardigan Bridge e El Pescao.
  • Xoves, 11 de agosto de 2011: Los Eternos e Los Suaves.
  • Venres, 12 de agosto de 2011: Combo Dinamo, Maldita Nerea e Funambulista.

2012: 26ª edición

Actuaron as seguintes bandas e artistas:

2013: 27ª edición

Actuaron as seguintes bandas e artistas:

2014: 28ª edición

Actuaron as seguintes bandas e artistas:

  • Venres, 8 de agosto de 2014: La Senda de Afra, Misterioso Viaje Holanda, Delafé y Las Flores Azules e Love of Lesbian.
  • Sábado, 9 de agosto de 2014: Bourbon Queen, Ånima, Los Eskizos e Madness.

2015: 29ª edición

No ano 2015, ademais das actuacións do xoves 6 e venres 7 de agosto na praia de Riazor, o festival ampliouse aos tres días precedentes baixo o nome de Noroeste Expandido, nun formato diferente. No Noroeste Expandido os concertos realizáronse noutros tres escenarios montados en pequenos recunchos da zona histórica da cidade: a praza das Bárbaras, a praza de San Nicolás e o castelo de San Antón. En total actuaron 31 bandas e artistas:

2016: 30ª edición

Actuaron máis de sesenta grupos e ampliáronse os concertos a outras áreas como a Casa Museo Casares Quiroga, a Fundación Luís Seoane, o Campo da Leña, a igrexa das Capuchinas e o Paseo das Pontes.

  • Martes 2 de agosto de 2016: Denis Jones, Reminders, Proyecto Kournikova, Tachenko, Pardo, Diariodeverano, Carmen Picado, Edu Calvario & Los Mártires del Camposanto, Carmen Boza, Cabosanroque, Robert Pier, Vozzyow, Ultrasurf, Belgrado.
  • Mércores 3 de agosto de 2016: Howe Gelb, Mano de Obra, Agorafobia, Los Árboles, Sex Museum, Ocre, Presumido, Chicharrón, Niño de Elche, Balago, Deibes, Monstruo, SraSrSra, Strikeback, The Capaces.
  • Xoves 4 de agosto de 2016: Neil Halstead, Fripp & Kitte, Igloo, Lagartija Nick, Julián Maeso, Senectud Sideral, Lady Leño, Møura, Melange, Christoph Berg, Comando Psicográfico, César de Centi, Maud the Moth, Cuchillo de Fuego, Niña Coyote eta Chico Tornado, Greus.
  • Venres 5 de agosto de 2016: Cora Sayers, O Cadelo Lunático, Triángulo de Amor Bizarro, Ocean Colour Scene.
  • Sábado 6 de agosto de 2016: Komódo, Look Out Brother!, Freedonia, Editors.
  • Domingo 7 de agosto de 2016: Jas Processor, Os Amigos dos Músicos, Brais Morán, Los Plutones, Pablo Seijas, Aries, Linda Guilala.

2017: 31ª edición

Actuaron máis de cen grupos e abríronse novas áreas de concertos como a praza José Sellier ou a rúa Torreiro. Ademais realizáronse sesións matinais, o Noroeste+ (sesións de DJs en locais da cidade) e o complemento de pago Selección Noroeste, coas actuacións de Rodrigo Leão e Swans.

  • Martes 8 de agosto de 2017: Indomable, Prexton, Jules & The Wolf, Lamprea Explosiva, Cygne, Naranja Imaginario, Ricky Hombre Libre, Less Fortunate Songs, Captains, Rosalía & Raül Refree, The Allnight Workers, Wild Animals, Enric Montefusco, New York Ska-Jazz Ensemble, Hongo.
    • Noroeste+: Xoansinho, Reflexión Sonora DJ, Kino L-Cobra, Iago Gordillo, DJ Occy.
  • Mércores 9 de agosto de 2017: Luga, Harakiri, Romance, The Preachers, Os Gru, Helado Negro, Lascivos, Klüte, Radio Océano, Ala.Ni, Rolling Bowling, Crim, New Day, Lisa & The Lips, Mourn.
    • Noroeste+: Jordi Pánico, DJ Flow, Pálida, New Day DJs, Carlos Dorian.
  • Xoves 10 de agosto de 2017: Sen Senra, Seward, Tórtel, Salto, Bala, Calero, Mielitza, Pantis, Salmiak, Dagla, Travesti Afgano, Window Pane, Ånima, Emilio José, Valgeir Sigurðsson, Lula Pena, The Soul Jacket, Samesugas, Aviador Dro, Los Mambo Jambo, Adrift.
    • Noroeste+: Servando (Aviador Dro), Stereomotor DJs, Pumba DJ, DJ Espinoso Petardpop-Vigo, Dani Nel·lo (Los Mambo Jambo).
  • Venres 11 de agosto de 2017: Druso, Les Sueques, Espiño, Futuro terror, Puma Pumku, Los Bengala, Cia Campillo, The Riggos, Surfin' Bichos, Kaiser Chiefs.
    • Noroeste+: Honky Tonk Lucky y Rawthebarber, Juanpopp, Marc Dorian DJ, Vic Iwanna, Leia DJ.
  • Sábado 12 de agosto de 2017: Atrás Tigre, Alien Tango, Bifannah, Wild Honey, Malandrómeda, Terrier, Eager Platypus, Boyanka Kostova, Iván Ferreiro, The Jesus and Mary Chain.
    • Noroeste+: Tito Lesende, Adrián Lefreak & Eva Picnic, Marcos, Dani Peligro DJ
  • Domingo 13 de agosto de 2017: Proxecto Moucho, García MC, Quique Escamilla, Xoán Curiel, Vurro, Eladio y los seres queridos, Isaac Peces.

2018: 32ª edición

Actuaron máis de oitenta grupos en catorce escenarios.

  • Martes 7 de agosto de 2018: Bea a de Estrella, The Big Lis Gumbo Band, Playa Desmayo, Glitchgirl, Wondermind, Trilitrate, Nave Nodriza, Mad Martin Trío, Mordem, Group A, The Devils, Rocío Márquez, Carla Green & The Demons, Dorian Wood, ZA!, The Limboos.
  • Mércores 8 de agosto de 2018: Carmela Pequeña, Las Antonias, Oh!Mega, MounQup, Voodoo, Rayo, Mueran Humanos, Andhrea & The Black Cats, Nzʉmbe (feat LCTRCT), Nathy Peluso, Aullido Atómico, Dona Rosa, Escuchando Elefantes, Christina Rosenvinge, Honeymoon Disease, Roy Ellis.
  • Xoves 9 de agosto de 2018: Ship of Fools, FAB, Oh! Ayatollah, Me and The Bees, Melenas, Bobkat’65, Astrogirl, Pleasure, Hexany, Mursego, Nortones, Nastasia Zürcher, Kabbalah, The Lákazans, BFlecha, Laetitia Sadier Source Ensemble, Capsula, Maria Arnal i Marcel Bagés, Les Filles de Illighadad, Maika Makovski, Ana Curra, Aurora & The Betrayers.
  • Venres 10 de agosto de 2018: Malraio, Selvática, Esposa, Los Nastys, Mohama Saz, Marem Ladson, Elman, Tunduru, Temples, Belle and Sebastian.
  • Sábado 11 de agosto de 2018: Juana Chicharro, Neleonard, Espejos y Diamantes, Esteban y Manuel, Tulsa, Núria Graham, The Soul Breakers, LOLA, Viva Suecia, The Pretenders, Budiño e Luiz Caracol.
  • Domingo 12 de agosto de 2018: DJ Inclusivo, Birds & Cables, Aldaolado, Los Estanques, Ángel Stanich, La Plata, Morgan.

2019: 33ª edición

Actuaron máis de setenta e cinco grupos.

  • Martes 6 de agosto de 2019: Chisme, Los Voluble, Basanta, Morgane Ji, Emma Pollock, Morgen, Holywater, Zu, Volcanes, The Sey Sisters, TT Syndicate, Holly Miranda.
  • Mércores 7 de agosto de 2019: Turma Caipara, Elba, Baiuca, Los Estanques, Turbo Kraks, Teething, Lucifer, Electra, Night Shades, The Last Internationale, Soleá Morente.
    • Selección Noroeste: Júlio Resende.
  • Xoves 8 de agosto de 2019: Sala 5, Theta Waves, Elvis Negro, Andhrea & The Black Cats, Los Árboles, Dr. Spectro, Ladrillo y Mujer, Faia, Ruiseñora, Músculo!, Santi Araújo, Escuchando Elefantes, Mastodonte, Contenedor de Mierda, La URSS, Toundra, Los Vinagres, Paul Collins Beat, Jenny and the Mexicats, Hailu Mergia.
  • Venres 9 de agosto de 2019: Mac N' Rones, Chiquita y Chatarra, Blanco Palamera, The Wellgreen, Dois, Crimson and Clover, Portland, Lora, Nathy Peluso, Patti Smith and Band.
  • Sábado 10 de agosto de 2019: Hickeys, Superser, Vudú, indy Tumbita & The Voodoo Bandits, Mundo Prestigio, Seda, pablo Lesuit, Anni B Sweet, Los Punsetes.
  • Domingo 11 de agosto de 2019: DJ Inclusivo, Silvia Penide, Ñaco Goñi + Marian Ledesma & Tinaquero Brothers, Bart Davenport, Os Amigos dos Músicos, Derby Motoreta's Burrito Kachimba, Joe Crepúsculo.

2020: 34ª edición

A edición de 2020 viuse afectada pola pandemia por coronavirus, o que obrigou a reducir os espazos e os aforos:

  • Venres 7 de agosto de 2020: Cloaca, Triángulo de Amor Bizarro, Laura Lamontagne, DL Blando.
  • Sábado 8 de agosto de 2020: Sara Sístole, Pardo, Víctor Coyote, Lydia Botana, Allova, Moura e a Irmandade Ártabra.
  • Domingo 9 de agosto de 2020: Zeltia e Irevire, The Bo Derek's, Viuda Gómez e Hijos, Javi Becerra e Carolina Rubirosa, Bush Doctors, Ataque Escampe.

Finalmente, o festival foi suspendido por mor das restricións debidas ao aumento de casos de coronavirus.

2021: 34ª edición

A edición de 2021 propúxose con características semellantes á cancelada o ano anterior, con redución de espazos e aforos:

2022: 35ª edición

A edición de 2022 incluíu 49 concertos en 10 escenarios:

  • Mércores 10 de agosto de 2022: Maruja Limón, Vanessa Collier, Ana Moura, A Pedreira, La La Love You, Corizonas, David Walters Solo, Luna Ki, Dorian, La Pegatina.
  • Xoves 11 de agosto de 2022: Toccororo, Pedro Pastor y los Locos Descalzos, Julián Maeso Sexteto, Maika Makovski, Valeria Castro, Delaporte, Familia Caamagno, Kamaal Williams, Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra, Amparanoia, Dios ke te crew.
  • Venres 12 de agosto de 2022: Alicia Carrera, Festivultures Troupe, FF, Thibault Cauvin, Bratzantifa, Pup Puppy + Adiós Adiós + Otro, Tanxugueiras, Zahara.
  • Sábado 13 de agosto de 2022: Antonio Placer, Aqeelion, CRNDS + Inma Veiga Live AV, Ladinamo, Judah, Néstor Prado, Bia Ferreira, Eve Cornelious, Músculo!, Helena Egea, UB40, Baiuca.
  • Domingo 14 de agosto de 2022: Miguel Costas, Nara Is Neus + Sasha Smirnova, Brassica Rapa, Teresa Ferreiro, Viruxe, Biznaga, El Combo Batanga, Israel Fernández.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Noroeste Pop Rock Historia e edicións celebradasNoroeste Pop Rock NotasNoroeste Pop Rock Véxase taménNoroeste Pop RockA CoruñaDécada de 1980FestivalPop rock

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PoloniaMarianne22ª edición dos Premios Mestre MateoSantiago de CompostelaGaliciaPaspallásGoogle ChromePaula AlvarellosLibertarioCloroformoMicciónCervantesBipartito galegoFilipe II de EspañaIbai LlanosMéxicoSemellanza (xeometría)Xunta de GaliciaAngkor WatAntas de UllaVacaForzas armadasÁreas lingüísticas do galegoIgrexa de San Carlo alle Quattro FontaneCatedral de Santiago de CompostelaMaribel VerdúRobert OppenheimerBorja Fernández Fernández (1981)Fonoteca 92Reino UnidoEscultura barrocaAlfonso SotoArzúaMuwatallis IIMarxismo2004Sergio DalmaPobo triquiRichard SerraContactReal Academia GalegaUnión do Povo GalegoEstado de emerxenciaMúsica das películas de Chano PiñeiroMadagascarXabier DíazTorre EiffelCaobaDinastía MingLiberdadeImperio RomanoMandiocaAlpesO PorriñoMoinanteWikipediaLuis Fraga EgusquiaguirreAMosteiro de Santa María de OseiraPorto da LúaGmailA.C. MilanJosé Luis Iglesias LagoTeobrominaPortadaUS AirwaysQuimera (mitoloxía)Alcaldes da CoruñaGreta ThunbergBetaninaNapoleón I de FranciaPartido políticoEurocopa de FútbolMacedonia do NorteTamara CanosaImperio español🡆 More