Noctiluca miliaris
Noctiluca scintillans | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Noctiluca scintillans | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Noctiluca scintillans tamén chamada co nome sinónimo Noctiluca miliaris, é unha especie de dinoflaxelado mariño unicelular de vida libre non parasito que se caracteriza por presentar bioluminescencia cando é molestado. Esta bioluminescencia é producida por unha reacción luciferina-luciferase que ten lugar en miles de orgánulos esféricos da célula chamados escintilóns, situados por todo o citoplasma. A luciferase é específica de dinoflaxelados (luciferase de dinoflaxelados). As especies non bioluminescentes do xénero Noctiluca carecen destes escintilóns.
N. scintillans é un organismo heterótrofo (non fotosintético) que obtén o seu alimento fagocitando organismos do plancto, diatomeas, outros dinoflaxelados, e pequenos ovos de peixes e bacterias. A diatomea Thalassiosira sp. é mencionada na literatura como unha das fontes alimenticias favoritas destas noctilucas. A miúdo atópanse diatomeas (fotótrofas) nos seus vacúolos, como Pedinomonas noctilucae, que viven alí en endosimbiose durante xeracións. Hai poboacións de N. scintillans que poden vivir fotoautotróficamente grazas a estes endosimbiontes fotosintéticos e só necesitan facer unha fagocitose facultativa. Probalemente, P. noctilucae subministra materia orgánica ao seu hóspede facilitando a súa supervivencia durante os períodos de escaseza de alimento para fagocitar. Por outra parte, P. noctilucae só pode vivir dentro do seu hóspede.
N. scintillans está amplamente distribuída por todo o mundo, xeralmente ao longo da costa, en estuarios, e zonas pouco profundas da plataforma continental que reciben abundante luz, que promove o crecemento do fitoplancto que constitúe unha gran parte da dieta de N. scintillans.
O tamaño deste organismo unicelular vai de 200 a 2.000 µm de diámetro, nas súas formas típicas esféricas. N. scintillans carece das placas de armadura que posúen outros tipos de dinoflaxelados. A diferenza doutros dinoflaxelados, os cromosomas de N. scintillans non están claramente condensados e visibles durante o seu ciclo vital.
Noctiluca é infrecuente dentro dos dinoflaxelados porque ten un ciclo de vida diplonte.
N. scintillans ten unha fenda ventral na cal está localizado o flaxelo, unha extensión da parede celular chamada dente, e un tentáculo estriado implicado na inxestión que se proxecta posteriormente. O flaxelo non move o organismo, e, por tanto, N. scintillans non é móbil de seu e depende para desprazarse da regulación da súa capacidade de flotación na columna de auga, que parece que funciona controlando a súa concentración celular de ións e amoníaco.
Polo menos un estudo atopou que N. scintillans produce un cordón de mucus que se estende desde o extremo do tentáculo, o cal despois adhire ao plancto a medida que ascende rapidamente por zonas da columna de auga onde hai concentracións das súas presas.
Poden producirse floracións de N. scintillans nas que se orixinan grandes poboacións. Isto prodúcese en condicións nas que hai unha alta concentración do plancto do que se alimenta resultantes de factores ambientais favorables como augas ricas en nutrientes ben mesturadas e factores da circulación estacional. As verteduras procedentes das actividades agrícolas poden contribuír á gravidade destas floracións, aínda que non son imprescindibles. Non obstante non todas as floracións de N. scintillans son vermellas (mareas vermellas). A cor de N. scintillans deriva en parte dos pigmentos dos organismos que están dentro dos seus vacúolos. por exemplo, poden orixinarse mareas "verdes" se as poboacións de N. scintillans conteñen prasinofitas (algas verdes do subfilo Chlorophyta) con pigmentación verde que viven nos seus vacúolos.
N. scintillans non é tóxica por si mesma, pero como se alimenta vorazmente de fitoplancto que pode acumular altos niveis de amoníaco, esta substancia é despois excretada por N. scintillans na área onde vive, o que se engade aos produtos neurotóxicos que producen outros dinoflaxelados, como Alexandrium spp. oo Gonyaulax spp., que proliferan con ela, o que pode contribuír á morte doutros organismos acuáticos da zona.
As comparacións da súa secuencia de ADN coas doutras especies suxiren que o parente máis achegado do xénero Noctiluca é Spatulodinium. Spatulodinium pseudonoctiluca parece estar máis próximo a N. scintillans que a outras especies de Spatulodinium.
N. scintillans tamén se sitúa ás veces nun esquema de clasificación no que se distingue a clase Diniferea, ou Dinophyceae, a cal inclúe os dinoflaxelados non parasitos carentes de placas de armadura, dos que formaría parte.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Noctiluca scintillans |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Noctiluca scintillans, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.