No Man's Sky: Videoxogo de 2016

No Man's Sky é un videoxogo de acción e supervivencia desenvolvido e publicado polo estudio independente Hello Games para PlayStation 4 e Microsoft Windows.

O xogo foi lanzado internacinalmente en agosto de 2016. O modo de xogo de No Man's Sky baséase en catro alicerces —exploración, supervivencia, loita e comercio. Os xogadores son libres para actuar nun universo aberto que inclúe 18 quintillóns (1,8×1019) de planetas, moitos dos cales teñen a súa propia flora e fauna.

No Man's Sky
No Man's Sky: Videoxogo de 2016
Desenvolvedor(es)Hello Games
Distribuidora(s)Sony Interactive Entertainment (PS4)
Director(es)Sean Murray
David Ream
Produtor(es)Suzy Wallace
Deseñador(es)Sean Murray
Artista(s)Grant Duncan
Jacob Golding
Compositor(es)65daysofstatic
Paul Weir
LanzamentoPlayStation 4: Norte América o 9 de agosto de 2016, Europa: 10 de agosto de 2016
Microsoft Windows: 12 de agosto de 2016
XéneroAcción, supervivencia
Modos de xogoUn xogador e multixogador
Clasificación PEGI No Man's Sky: Videoxogo de 2016
CERO No Man's Sky: Videoxogo de 2016
USK No Man's Sky: Videoxogo de 2016
Plataforma(s)PlayStation 4
Microsoft Windows
Na rede
Páxina oficial
IMDB: tt3819090 Facebook: NoMansSky Twitter: NoMansSky Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Os xogadores participan nun universo compartido, coa posibilidade de intercambiar información dos planetas con amigos, aínda que o xogo tamén se pode desfrutar completamente sen conexión a Internet. Iso é posible polo sistema de xeración procesual que garante os xogadores a atopar o mesmo planeta coas mesmas características , formas de vida e outros aspectos unha vez dadas as coordenadas do planeta, sen necesidade de máis datos gardados ou recuperados de servidores de xogos. Case tódolos elementos do xogo son xerados procesualmente, incluíndo os sistemas de estrelas, os planetas e os seus ecosistemas, a flora, a fauna e os patróns de comportamento, as estruturas artificiais, as faccións alieníxenas e as súas naves espaciais. O motor do xogo emprega diversos algoritmos deterministas como ecuacións matemáticas parametrizadas que poden imitar unha ampla gama de xeometría e estrutura atopada na natureza. Os elementos de arte creados por artistas humanos son usados e alterados tamén. O son do xogo, incluíndo o ambiente e a súa banda sonora subxacente, tamén emprega métodos de xeración procesual a partir de mostras de base creadas por Paul Weir e o seu grupo de música 65daysofstatic.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pradairo comúnEladio SantosAlexandre BóvedaCurtisA EstradaMatriz cadradaXestaCaso Asunta BasterraAvesMovemento de independencia da IndiaAs dúas MaríasPorto, PortugalBorja VereaOctavio AugustoConcellos de GaliciaParasitoCarlos MeixideEleccións municipais de 2023 en GaliciaJuan Jacobo Durán LorigaManuel MaríaLauren BacallAsunta Basterra PortoDani RivasA fiestra valdeiraOtelo Saraiva de CarvalhoCangasRondaFentoDiada de Sant JordiGheadaIteZorzaManuel RivasAndrea MaceirasLeonardo da VinciRevolución dos CaraveisCatecismo do labregoMúsica tradicional galegaXunta de GaliciaSaturnoCarmen Blanco GarcíaVicente RiscoSantiago de CompostelaRelación sexual humanaGarbiñe MuguruzaCerdedo-CotobadeContactorCódigo QRPosicións sexuaisÑCastelo da PicoñaBuxoTomiñoLista de voces dos animaisGuerra das Comunidades de CastelaLingua xavanesaJosé Calvo SoteloEpítetoMarcos CarbonellValentín García GómezTeléfonoAbraham MateoJacobo BucetaCopia por contactoCulleredoReis CatólicosRaffaella CarràGloria FuertesTerraArgimiro Marnotes FernándezSílvia Orriols🡆 More