Monoceros

Monoceros ou Unicornio é unha constelación difusa no ceo nocturno invernal, rodeada por Orión ó leste, Gemini ó norte, Canis Major ó sur e a constelación Hydra cara ó oeste.

Outras constelacións limítrofes son Canis Minor, Lepus e Puppis.

Monoceros
Monoceros
Nome latino Monoceros
Abreviatura Mon
Xenitivo Monocerotis
Simboloxía O Unicornio
Ascensión recta 7.15 h
Declinación −5.74°
Área 482 graos cadrados

Rango 35º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillante α Monocerotis

(magnitude ap. 3,93)

Choiva de meteoros
  • Monoceridas de Decembro
  • Alpha Monoceridas
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +75° e −85°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de febreiro

Estrelas Principais

  • α Monocerotis (Lucida), de magnitude visual 3,93, unha estrela xigante amarelo-laranxa a 144 anos luz.
  • β Monocerotis, impresionante sistema estelar triplo formado por tres estrelas branco-azuladas de magnitudes 4,7, 5,2 e 6,1, visibles coa axuda dun pequeno telescopio. William Herschel descubriunas no 1781 e comentou que son "unha das máis fermosas visións no firmamento".
  • γ Monocerotis, de magnitude 3,98, tamén xigante laranxa, pero moito máis afastada que α Monocerotis.
  • R Monocerotis, estrela variable inmersa nunha nube de materia, situada no extremo sur da nebulosa NGC 2261.
  • S Monocerotis (15 Monocerotis), distante estrela azul que forma parte de NGC 2264.
  • T Monocerotis, variable cefeida cunha magnitude que varía entre 5,58 e 6,62 nun ciclo de 27 días.
  • V0645 Monocerotis (28 Monocerotis), variable do tipo FK Comae Berenices.
  • V700 Monocerotis (MWC 147), estrela Herbig Ae/Be de 500.000 anos de idade.
  • V838 Monocerotis, estrela que estourou no ano 2002, situada a uns 20.000 anos luz de distancia.
  • Estrela de Plaskett (HR 2422), un dos sistemas binarios máis masivos dos que se ten coñecemento.
  • HD 52265, anana amarela análoga ó Sol ó redor da que se descubriu un xigante gasoso.
  • HD 46735, estrela subxigante laranxa cun planeta extrasolar do tipo Xúpiter quente.
  • Estrela de Luyten, anana vermella a só 12,37 anos luz de distancia.
  • Ross 614 (V577 Monocerotis), anana vermella tamén nas proximidades do sistema solar.
  • Gliese 250, estrela binaria a 28,4 anos luz, composta por unha anana laranxa e unha anana vermella.

Obxectos Notables do espazo profundo

  • Cúmulo aberto M50, a uns 3000 anos luz.
  • Nebulosa Rosette (NGC 2237-9,46), unha nebulosa difusa, xunto ó cúmulo aberto NGC 2244, ás súas estrelas formáronse a partir do material da nebulosa.
  • Cúmulo Árbore de Nadal e Nebulosa Cono (NGC 2264), ambos obxectos están asociados e atópanse a uns 2600 anos luz.
  • NGC 2346, nebulosa planetaria en forma de bolboreta.

Historia

Monoceros é unha constelación moderna, o seu nome atribúeselle ó astrónomo e teólogo holandés Petrus Plancius no 1613 e foi rexistrada por Jakob Bartsch coma Unicornio na súa carta estelar de 1624. Porén, Heinrich Wilhelm Olbers e Ludwig Ideler indican que a constelación é moito máis antiga, figurando coma "o segundo cabalo ó sur dos Xemelgos e o Cangrexo" en escritos do 1564, e Joseph Scaliger subliña tela atopado nunha esfera da antiga Persia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Monoceros Estrelas PrincipaisMonoceros Obxectos Notables do espazo profundoMonoceros HistoriaMonoceros NotasMonoceros Véxase taménMonocerosCanis MajorCanis MinorConstelaciónGeminiHydra (constelación)LepusOrión (constelación)Puppis

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Argos, GreciaLance StrollArmeniaCoraciiformesBenito KamelasAlexander MostovoiNeornithesTlatoaniBuchnera aphidicolaMosteiro de Santa María de OseiraGrafenoRakel WinchesterSahelShinovaAglais urticaeEnantiornithes21 LutetiaArroazDonicelaWalt WhitmanProteína ATMFerraraCancro colorrectalTetrabucleOrixe das avesElena RybakinaIdade MediaAeroporto de Hangzhou-XiaoshanARN polimeraseRanger 5BostonAceite de palmaWikipediaLinguas de EuropaFentoCarlito syrichtaAtlanta FalconsApodiformesNordés (vento)BisexualidadeGarcía Pardiñas Vilar de FrancosRío LimiaÁcido succínicoAlbert LuqueCloroformoSemana SantaFuso horarioIncubación dos ovosPhilip GlassBaton Rouge, LuisianaToledoHesperornithesRaquel AtanesMelanie GriffithHistoriografíaDous espíritosVilamartín de ValdeorrasConcepción ArenalCarboxiloCastrelo do ValLingua inuktitutCanle (enxeñaría)EscualenoCastro de Punta do BicoCanle (comunicación)EvoluciónMax VerstappenTerceira dinastía de ExiptoMiguel HernándezInés ArrimadasChamaeleo chamaeleonLingua indonesiaLista de castelos de PortugalHaile Gebrselassie🡆 More