Molise

Molise é unha rexión centrooriental italiana, cunha poboación en torno aos 313 348 habitantes (2015).

A capital é Campobasso. Limita cos Abruzos, o Lacio, a Campania, a Puglia e o mar Adriático. A rexión está dividida en dúas provincias: Campobasso e Isernia.

Modelo:Xeografía políticaMolise
Imaxe

Localización
Molise Editar o valor em Wikidata
 41°41′59″N 14°36′40″L / 41.6997, 14.611114°36′40″L / 41.6997, 14.6111
EstadoItalia Editar o valor em Wikidata
CapitalCampobasso Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación304.285 (2019) Editar o valor em Wikidata (68,56 hab./km²)
Lingua usadaLingua arbëreshë
Língua croata molisana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie4.438 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado pormar Adriático Editar o valor em Wikidata
Altitude631 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivoGovernment of Molise (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• President of Molise (en) Traducir Editar o valor em WikidataDonato Toma (2018–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoRegional Council of Molise (en) Traducir Circunscrición: 2, (Escano: 21) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2IT-67 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSITF2 Editar o valor em Wikidata
Identificador ISTAT14 Editar o valor em Wikidata

Páxina webregione.molise.it Editar o valor em Wikidata
Molise
Campobasso, capital de Molise.

Xeografía

A superficie da rexión divídese case a partes iguais entre zonas montañosas (55,3% do territorio) e zonas de outeiros (44,7%). A zona montañosa esténdese ao longo dos Apenino Campano (a parte dos Apeninos que separa as rexións de Molise e Campania). Os montes da Meta (2.241 m) forman un punto de encontro na liña divisoria entre Molise, os Abruzos e o Lacio. Tamén destacan os montes do Matese, que marcan a fronteira coa Campania e acadan os 2.050 m co monte Miletto. Na zona oriental, no subapenino, o territorio vai descendendo caro o mar con outeiros non moi altos e de formas redondas.

Clima

O clima é de tipo semicontinental, con invernos xeralmente fríos e veráns calorosos. Na costa o clima é máis temperado, adentrándose no interior da rexión as temperaturas baixan bastante no inverno (no período invernal, Campobasso é unha das cidades máis frías de Italia, a pesar da súa localización xeográfica). Tamén no verán as temperaturas son máis temperadas na costa polas brisas mariñas procedentes do Adriático.

Historia

Desde a época do Imperio Romano Molise formou parte do Abruzo Citerior, estando unida aos Abruzos na rexión "Abruzos e Molise" até 1963, cando a provincia de Campobasso foi proclamada rexión uniprovincial. Os Abruzos como rexión histórico-cultural comeza no río Tronto e termina no Fortore, río que dá nome á parte meridional da rexión, a Frentania. Os territorios do baixo Molise son para todos os efectos abruzzanos: abruzzano (de tipo adriático) é o dialecto, abruzzanos son as tradicións, tamén a arquitectura das igrexas e os edificios.

Minoría lingüística

A minoría lingüística croata constituíuse establecéndose en Molise, máis concretamente na provincia de Campobasso, no territorio comprendido entre os ríos Biferno e Trigno. Trátase exactamente de tres concellos: Acquaviva Collecroce, Montemitro e San Felice del Molise. Só nestes tres concellos se conserva aínda a lingua, os usos e costumes dos prófugos croatas que colonizaron estas terras hai máis de 400 anos. O idioma falado por esta minoría é substancialmente a antiga lingua croata do tipo štòkavo-ìkavo, aínda usada na Dalmacia central entre os ríos Cettina e Narenta, nunha área repartida entre Croacia e Erzegovina.

Tags:

Molise XeografíaMolise ClimaMolise HistoriaMolise Minoría lingüísticaMoliseAbruzosAdriáticoCampaniaCampobassoLacioProvincia de IserniaPuglia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Glándula uropixialShin ChanFernando Salgado VarelaAWStatsTipoloxía de vasos da Grecia antigaIllas GalápagosVocalización das avesCangrexo comúnLas Torres de CotillasCONCACAFGrupo EroskiTeoría de conxuntosFundación WikimediaBon JoviPigmento biolóxicoSemana Santa de ViveiroVästergötlandAgora RepúblicasBalea vascaAporia crataegiBaton Rouge, LuisianaGrammy á carreira artísticaAustraliaMelbourne Grand Prix CircuitKuopioNvidiaOxalacetatoCarballeda de AviaLinguas altaicasAs Pontes de García RodríguezLazaEucaliptoCarlito syrichtaApodiformesVoo 140 de China AirlinesEstados Unidos de América1789Celastrina argiolusOscar RobertsonClanForcareiLingua malékuNADPHMustela nigripesCasa de PlantagenetHoratio NelsonÁlxebraMarylandJuan Carlos Rodríguez CebriánHuniFermentaciónOcéano AtlánticoTracy McGradyArco de TitoEuropaTeruelBeadeXXX edición dos Premios GoyaApp Store (iOS)Ante GotovinaÁcido caprílicoEsteroide sexualThe ArtistPadrendaFrank SinatraEdicto de MilánGuerra de CroaciaLanosterolMax VerstappenToni AcostaBoborás2019CuzcoChadCharadriiformes🡆 More