Mina Da Parxubeira: Dolmen en San Fins de Eirón, Mazaricos

A mina da Parxubeira, tamén coñecida como dolmen de Corveira, é unha anta situada na parroquia de San Fins de Eirón, en Mazaricos, no lugar coñecido como Estivada Vella e datada entre o IV e III milenios a.C.

Intégrase na necrópole de Sotorraño-Parxubeira-Portocoiro.

Mina Da Parxubeira: Dolmen en San Fins de Eirón, Mazaricos
Mina Da Parxubeira: Dolmen en San Fins de Eirón, Mazaricos

O corredor, pequeno, está orientado cara ao leste; a cámara é poligonal e falta a lousa que a cobría, así como as chantas do lado sul. En total conserva trece esteos, seis na cámara e sete no corredor. A mámoa tivo un diámetro de entre 19 e 22 m e contaba cunha coiraza de pedras.

No seu interior atopouse un enxoval consistente en láminas de sílex, unha punta de frecha, anacos de cerámica campaniforme , catro estelas antropomórficas de gneis granítico e uns pequenos ídolos de coios, un deles con decoración baseada en incisións, chamados betilos, todo o cal se atopa no Museo Arqueolóxico da Coruña. As estelas e os betilos estaban chantados verticalmente fronte ao corredor de entrada, xusto na periferia, mais non á vista dos vivos. É posíbel que se colocasen para protexer o morto como materialización simbólica da divindade da morte.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rodríguez Casal, A. (1989): "La necrópolis megalítica de Parxubeira. Campañas arqueolóxicas de 1977 ao 1984". A Coruña: Monografías urxentes do Museu de San Antón, nº 4.
  • Boga Moscoso, R. (1997): Dólmenes de Galicia. A Coruña: Baía Edicións.
  • Lema Suárez, X. M. (1999): Arquitectura megalítica na Costa da Morte. Santiago de Compostela: Asociación Neria.
  • Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9. 

Outros artigos

Tags:

DolmenMazaricosSan Fins de Eirón, Mazaricos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xinzo de LimiaDiego González RivasCabo Norte, NoruegaPorno suavePablo EcheniqueCarlos SoberaEl Pueblo GallegoCamilo Díaz BaliñoMoinanteManuel FragaPemento de PadrónIrmandiñosFernando Salgado GarcíaPablo Iglesias TurriónGolfiño comúnAires da miña terraSubgrupoFranciaAustraliaAC-456Henrique VIII de InglaterraMarçal MolinéCaraveleiraXabier DíazRomariz, Riós, RiósVietnamO Barco de ValdeorrasTradescantia fluminensisPOurenseLista de palabras galegas de orixe celtaPontellaMaría a BalteiraTeresa González CostaIsabel II do Reino UnidoPastora Dominga González ViéitezDoenza de Paget de mamaDepartamento de ApurímacÁcido dipicolínicoDistritos de PortugalXosé Ramón GayosoC++IgantziOs ÁnxelesPoesíaGalego-portuguésAvenida da Liberdade (Lisboa)NarónÁlbum de la CaridadMarta Fernández-TapiasLucie IdloutXavi HernándezSupermanISBNLino LópezXunta de GaliciaMommy Dead and DearestUcraínaContactBatalla das Termópilas (-480)Lista de siglas e acrónimosToniña comúnO porco de péSalvador DalíLuis Mateo DíezÁlvaro Porto DapenaLisboaMoulin RougePontevedra🡆 More