Meteoroide

Un meteoroide (do latín meteōrus, e este do grego μετέωρος, 'elevado no ar') é un corpo menor do Sistema Solar de, aproximadamente, entre 100 µm até 50 m (de diámetro máximo).

O límite superior de tamaño, 50 m, emprégase para diferencialo dos cometas e dos asteroides, mentres que o límite inferior de tamaño, 100 µm, se emprega para diferencialo do po cósmico; porén, os límites de tamaño non adoitan empregarse moi estritamente sendo ambigua a designación dos obxectos que se atopen próximos a estes límites.

Na práctica, esta é a definición máis empregada, que deriva da definición da Royal Astronomical Society, corpo celeste de entre 100 µm e 10 m', combinada coa definición de near-Earth meteroid (extrapolada a meteoroides tamén non próximos á Terra), obxectos con órbitas na veciñanza da Terra cun diámetro menor de 50 m', e as novas definicións da UAI da asemblea do 22 de agosto de 2006, que distinguen planeta, planeta anano, satélite e corpo menor do Sistema Solar. A actual definición de meteoroide estabelecida pola Unión Astronómica Internacional (IAU) na súa XI Asemblea Xeral (1961) é a dun 'obxecto sólido que se move no espazo interplanetario, dun tamaño considerabelmente máis pequeno que un asteroide e considerabelmente máis grande que un átomo ou molécula'. Porén, considérase desfasada, pouco precisa e amplamente errónea.

A maioría dos meteoroides son fragmentos de cometas e asteroides, aínda que tamén poden ser rochas de satélites ou planetas que foron expulsadas en grandes impactos ou simplemente restos da formación de Sistema Solar. Cando entra na atmosfera dun planeta, o meteoroide quéntase e vaporízase parcial ou completamente. O gas que fica na traxectoria seguida polo meteoroide ionízase e brilla. O rastro de vapor brillante chámase tecnicamente meteoro, aínda que o seu nome común é estrela fugaz. Denomínanse bólidos aqueles meteoros cuxa magnitude aparente é inferior a -4 (a menor valor da magnitude aparente, maior brillo), que é aproximadamente a magnitude aparente do planeta Venus, que de entre todas as estrelas e planetas é o corpo máis brillante dende a Terra. Daqueles bólidos de magnitude aparente inferior á da Lúa chea (-12,6), os superbólidos, poden sobrevivir fragmentos que cheguen ao chan; estes fragmentos son denominados meteoritos. A maioría dos meteoritos terrestres, bardante os metálicos de grandes dimensións, proceden de meteoroides.

Notas

Véxase tamén

Tags:

AsteroideCometaCorpo menor do Sistema SolarLingua gregaLingua latinaSistema SolarΜm

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Harry PotterUbertino da CasaleEstadio Municipal de RiazorHimno Nacional de ChileRaxáBen AffleckHTML5Cantiga de amigoDios ke te crewJosé Manuel LageIsabel PerónAGalería de imaxes de arañas de GaliciaBurocraciaBenito KamelasEmilia Pardo BazánParacaídasCitroën 2CVQEDHipotensiónGramática da lingua franca novaPacto Molotov-RibbentropCanle (comunicación)Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024FerrolPedro SánchezPonferradaEstocolmoBarbitúricosJoe LiebermanÁreas lingüísticas do galegoRelación sexual humanaJagoba ArrasateJean-Claude Van DammeEva Iglesias MiguénsZamoraEl tiempo entre costuras (serie de televisión)Benito SotoCulturaZoroastrismod05oxRosalía (cantante)Las Torres de CotillasAustraliaMéxicoMarçal MolinéBatalla de Medina de RiosecoCaralloPalauTrahamundaLista de episodios de DoraemonFrancisco, papaLista de filmes con versión en galego/CForzas armadasTarazonaHuelvaSupremme de LuxeGreta ThunbergAmancio OrtegaMosteiro de Santa María de OseiraFroufe, O IrixoHarry Potter e o misterio do príncipeEstado de emerxenciaSionismoAlcóntarÁlex FidalgoHungríaSílabaBadalonaOurenseAlbert CamusXoán Antón Pérez-LemaBoyanka Kostova (grupo musical)Shirley Chisholm🡆 More