Martiño Rivas: Actor galego

Martiño Rivas López, nado en Vimianzo o 10 de xaneiro de 1985, é un actor galego, coñecido artisticamente noutrora como Martín Rivas.

Interpretou a Marcos Novoa Pazos na serie de televisión de Antena 3 El internado e o seu papel no filme Os xirasoles cegos valeulle un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación.

Infotaula de personaMartiño Rivas
Martiño Rivas: Traxectoria, Vida persoal, Filmografía
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1985 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Vimianzo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónSantiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , modelo , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiManuel Rivas Editar o valor em Wikidata
IrmánsSol Mariño Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2288618 Allocine: 246156
Twitter: martino_rivas Instagram: martino_rivas Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Comezou a súa carreira como actor sendo un neno, na serie da TVG Mareas vivas. Traballou nela de 1998 a 2000, nas temporadas primeira a terceira. En 2004 participou na rodaxe da curtametraxe Puzle, de 24 minutos de duración. En 2005 tivo tamén un papel secundario, como David, nas dúas temporadas de Maridos e mulleres, de Zénit Televisión para TVG. Das teleseries de ámbito autonómico pasou a traballar en series estatais como SMS, na cal sae en cinco episodios. Dende 2007 a 2010, fixo o papel de Marcos Novoa Pazos na serie El Internado de Antena 3. No 2008, fixo a súa primeira aparición no cine, no filme de José Luis Cuerda Os xirasoles cegos xunto a Javier Cámara e Maribel Verdú. A súa interpretación valeulle un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación. O ano seguinte, aparece na curtametraxe Universos xunto coa súa compañeira de El Internado Blanca Suárez. No 2011 fai o seu debut no teatro coa obra Drácula, na que interpreta a Jonathan Harker.

Vida persoal

Fillo do escritor Manolo Rivas e de María Isabel López. Rivas graduouse nun instituto de Londres e posteriormente estudou comunicación audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela. Ademais do galego e o castelán, fala fluidamente o inglés.

Mantivo unha relación coa actriz Irene Escolar.

En 2017 comezou unha relación con Kayoko Everhart, modelo e bailarina de orixe afroxaponesa da Compañía Nacional de Danza coa que tivo unha filla.

Desde 2020 mantén unha relación coa modelo francesa Lily Fofana, é filla do exfutbolista marfileño Youssouf Falikou Fofana e a ex do YouTuber Sneako co que rompeu en 2020.

Martiño decidiu castelanizar o seu nome por Martín porque non o entendían en Madrid.

Filmografía

Filmes
Ano Título Papel Notas
2008 Os xirasoles cegos Lalo Drama dirixido por José Luis Cuerda
2013 Gente en sitios Martiño Comedia dirixida por Juan Cavestany
2013 Tres bodas de más Dani Comedia romántica dirixida por Javier Ruiz Caldera
2014 Por un puñado de besos Dani Drama romántico dirixido por David Menkes
Televisión
Ano Título Papel Notas
1998-2000 Mareas vivas Dani 22 episodios
2006-2007 SMS Moisés 5 episodios
2006-2008 Maridos e mulleres David 21 episodios
2007-2010 El internado Marcos Novoa Pazos 71 episodios
2012-2013 El don de Alba Pablo Escudero 13 episodios
2014 Romeo and Juliet Romeo Miniserie
2016 Web Therapy Mario González 2 episodios
2017 Sé quien eres Marc Castro 16 episodios
2017-2020 Las chicas del cable Carlos Cifuentes 37 episodios
2022 Fuerza de paz Ignacio Moreno
2023 Nacho Vidal, una industria XXL Nacho Vidal

Curtametraxes

  • Puzzle (2004). Curtametraxe gravada en Santiago de Compostela.
  • Atopeite (2006). Dirixida por Susana Pérez.
  • Universos (2009). Dirixida por José Corbacho e Juan Cruz. Como Álex.

Obras de teatro

  • Drácula (2007) de Bram Stoker. Dirixida por Eduardo Bazo e Jorge de Juan e protagonizada por Emilio Gutiérrez Caba e Ramón Langa, entre outros. Como Jonathan Harker.
  • La Monja Alférez (2013) de Domingo Miras. Dirixida por Juan Carlos Rubio. Centro Dramático Nacional.
  • Cuestión de altura (2014) de Sandra García Nieto. Dirixida por Rubén Cano. Como Rubén. Teatro Español
  • Jauría (2019-2021) de Jordi Casanovas. Dirixida por Miguel del Arco. Como Antonio Guerrero. Teatro Kamikaze y Gira.

Premios e nomeamentos

    Premios Goya
Ano Categoría Filme Resultado
2008 Mellor actor revelación Os xirasoles cegos Nomeado
    Festival de cine e telivisión Islantilla
Ano Categoría Filme Resultado
2009 Camaleón de honra (premio revelación) El internado Gañador
    Premios Vieira de Prata
Ano Categoría Filme Resultado
2008 Mellor actor revelación El internado Gañador
    Premios EP3
Ano Categoría Filme Resultado
2008 Mellor actor revelación Os xirasoles cegos Gañador

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Martiño Rivas TraxectoriaMartiño Rivas Vida persoalMartiño Rivas FilmografíaMartiño Rivas Premios e nomeamentosMartiño Rivas NotasMartiño Rivas Véxase taménMartiño Rivas10 de xaneiro1985Antena 3El internadoOs xirasoles cegosPremio Goya ao mellor actor revelaciónVimianzo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

John Forbes NashXosé FortesVáknerScarlett JohanssonParafuso2003Refraneiro galego sobre o mes de maioDonicelaLandraRamón María del Valle-InclánAntónio de SpínolaGoizuetaAC-101Raquel AtanesLingua inglesaMaría do Socorro Ortega RomeroShinovaEva Iglesias MiguénsXosé Ramón GayosoRusiaImperio BritánicoRoberto Vidal BolañoXosé Luís BernalYouTubeCangasTEspañaMoisés Rodríguez PérezDiego AnidoNeptunoFernando AlonsoCarlos SoberaLontreiraOldhamFederico García LorcaSuízaTorre de HérculesAguia imperial ibéricaFlorentino López CuevillasMaría a BalteiraMiguel de CervantesPablo PicassoMeigaDiego Rivas RegoPortadaPontedeumeRaposo comúnEl Pueblo GallegoBortziriakCuruxa comúnDistritos de PortugalCoco (bacteria)c70mgA EstradaCromosoma homólogoPaspallásIsabel II do Reino UnidoComarca de SarriaCamilo Nogueira RománCataluñaÁcido dipicolínicoUcraínaWikipediaVila de CrucesRepública ChecaDiego González RivasRomariz, Riós, RiósChatGPTLista de ríos de GaliciaXabier DeiveMovimento das Forças ArmadasAdriano Correia de Oliveira🡆 More