María Fedorovna Romanova tamén coñecida como Dagmar de Dinamarca, nada no Palacio Amarelo de Copenhague o 26 de novembro de 1847 e finada en Hvidøre o 13 de outubro de 1928, foi emperatriz consorte de Rusia.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
María Fedorovna Romanova | |
---|---|
Emperatriz de Rusia | |
Reinado | 13 de marzo de 1881 - 1 de novembro de 1894 |
Coroación | 27 de maio de 1883 |
Nome completo | María Sofía Federica Dagmar Fedorovna Románova |
Outros títulos |
|
Nacemento | 26 de novembro de 1847 Copenhague, Dinamarca |
Falecemento | 13 de outubro de 1928 (80 anos) Hvidøre, Dinamarca |
Predecesor | María Aleksandrovna Romanova |
Sucesor | Alexandra Fedorovna Romanova |
Consorte | Alexandre III |
Descendencia | Nicolao II de Rusia Alexandre Aleksandrovich de Rusia Xurxo Aleksandrovich de Rusia Xenia Aleksandrovna de Rusia Miguel Aleksandrovich de Rusia Olga Aleksandrovna de Rusia |
Proxenitores | Cristián IX de Dinamarca Luísa de Hesse-Kassel |
Na rede | |
Era a segunda filla do rei Cristián IX de Dinamarca e Luísa de Hesse. Casou co emperador Alexandre III de Rusia o 9 de novembro de 1866 e tras converterse á fe ortodoxa adoptou o nome de María Fedorovna. Apenas interveu en política, agás polo seu sentimento antialemán que proviña do conflito que enfrontaba a Prusia con Dinamarca polos ducados de Schleswig e Holstein, a súa vida pública orientouse ás obras benéficas e sobre todo á súa familia. Despois da Revolución Rusa negouse a deixar Rusia, tan só en 1919 a instancias da súa irmá Alexandra, muller de Xurxo V do Reino Unido, aceptou marchar ao exilio vía Crimea no navío de guerra británico, HMS Marlborough. Estableceuse en Dinamarca na vila de Hvidøre, proxima a Copenhague.
Con Alexandre III tivo seis fillos:
This article uses material from the Wikipedia Galego article María Fedorovna Romanova, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.