Manuel García De Buciños: Escultor galego

Manuel García Vázquez, chamado Buciños, nado o 10 de decembro de 1938 en Buciños (Carballedo) é un escultor galego.

A vila de orixe deste escultor rematou por configurar o seu nome ata o punto de ser coñecido polo citado topónimo, coma se realmente fose o seu primeiro apelido.

Infotaula de personaManuel García de Buciños
Biografía
Nacemento10 de decembro de 1938 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Buciños, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Foi Blanco Amor quen o convenceu de coller o nome do seu lugar.

Traxectoria profesional

Manuel García De Buciños: Traxectoria profesional, Recoñecementos, Notas 
A Rianxeira, escultura en Rianxo.

Practicamente, toda a súa obra realizouna en Ourense, vinculado ao grupo que auspiciou o escritor Vicente Risco, e que reunía a novos artistas na taberna de Tucho, e que foi denominado Os Artistiñas pola súa extrema mocidade. Do grupo formaban parte Xaime Quessada Porto, Xosé Luís de Dios, Acisclo Manzano, Xavier Pousa e Arturo Baltar.

Manuel García De Buciños: Traxectoria profesional, Recoñecementos, Notas 
Estatua a Castelao, cando estaba xunto ao Museo de Pontevedra.

Comezou traballando a madeira, e inicialmente acusou influencias de Cristino Mallo e talvez de Antón Failde Gago, onde aproveitaba as vetas para simular roupaxes e pregas. Máis tarde traballaría o bronce e con frecuencia acudiu ás cavidades, a imaxinarios «rotos» na morfoloxía das súas pezas, que vagamente o identificarían con Henry Moore, aínda que quizais teña influencias de Julio González. As curvas pronunciadas e os volumes a un tempo rotundos e suaves danlle á escultura de Buciños unha moi definida personalidade.

Manuel García De Buciños: Traxectoria profesional, Recoñecementos, Notas 
Seis figuras alegóricas (pintura, teatro, escultura, literatura, cine e música) entre os cabalos de Oliveira no Teatro García Barbón.

Realizou numerosas exposicións en España e no estranxeiro. Está representado en todos os museos de Galiza e en numerosas institucións públicas e coleccións particulares. Os seus monumentos, a personaxes históricos ou con afán puramente ornamental, abundan nas cidades galegas. Habitualmente traballa formatos pequenos, aínda que tamén ten practicado a monumentalidade.

En 2020 o Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense estreou unha exposición súa na que se mostraba toda unha vida dedicada a esculpir a través de 60 pezas creadas desde 1962 nas que o artista achegou a súa mirada e estilo.

Recoñecementos

Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo, e en 2020 foi nomeado fillo adoptivo da provincia de Ourense.

En 2020 recibiu o Premio Trasalba.

En 2023 recibiu o XXXIX Premio Celanova, Casa dos Poetas.

Notas

Véxase tamén

Manuel García De Buciños: Traxectoria profesional, Recoñecementos, Notas 
Casa natal do escultor en Buciños

Bibliografía

  • Pablos Holgado, F. (1981): Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo.
  • Pablos Holgado, F. (1994): Pousa e Buciños. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
  • Vázquez Trabazo, L. (1978): Pedra, barro, bronce. Deputación de Ourense.

Ligazóns externas

Tags:

Manuel García De Buciños Traxectoria profesionalManuel García De Buciños RecoñecementosManuel García De Buciños NotasManuel García De Buciños Véxase taménManuel García De Buciños10 de decembro1938Buciños, CarballedoCarballedoGalizaTopónimo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BidueiroCoia, VigoHomosexualidadeLorbé, Dexo, OleirosAcerbaixánFollaPriyanka ChopraTim RobbinsPeixe sapoRXabier DíazQueen e SlimXosé Antonio Ventoso MariñoTonhito de PoiTeixugoNoruegaAvefríaPerbes, MiñoBisexualidadeCitania de SanfinsXaime Isla CoutoPauletaClaudio Garrido MartínezAlternativa dos VeciñosMatria (filme)HorteláPontedeumeXesús PisónGatoMiguel MosqueiraJohn HughesMera, OleirosNatalia Puente PradoMarínCeutaAmeixa (froito)PediastrumDinhoRevolución galega de 1846QPepa a LobaFranciaGondar, SanxenxoPontevedraVigoManuel DopazoO Alto do Castiñeiro, Narón, NarónUnión SoviéticaO CarrabouxoElena CandiaConfessions of a Teenage Drama QueenCampionato de España de segunda categoríaReal Academia GalegaO Barco de ValdeorrasCatedral de Santiago de CompostelaElvis PresleyEvan EllingsonJosé Manuel Rodríguez PuenteHimno de DaguestánAhí ven o maioMuxía77GaliciaSalman RushdieAlbaniaIraqAntía OteroHistoria da electricidadeBeatriz DouradoJusto Martínez MartínezMariola (xogo)Provincia de PontevedraJosé Benito Pardo Rodríguez🡆 More