Luis Rodríguez Míguez: Médico, profesor e escritor galego

Luis Rodríguez Míguez, nado en Santiago de Compostela en 1932 e finado en Ourense o 27 de febreiro de 2016, foi un médico, profesor universitario e escritor galego, recoñecido por ser o pai do termalismo contemporáneo en Galicia, e creador da expresión vila termal.

Infotaula de personaLuis Rodríguez Míguez
Biografía
Nacemento1932 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de febreiro de 2016 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMariluz Villar Otón
FillosAlejandra Juno Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse posteriormente cunha tese sobre termalismo e a catalogación dos mananciais na provincia de Ourense. Desenvolveu toda a súa vida profesional en Ourense. Ocupou distintos postos médicos, tanto na atención como na administración. Ocupou a dirección do Centro de Sanidade Ambiental de Galicia, e a xefatura de Sanidade en Ourense. Tamén desenvolveu carreira como profesor universitario, tanto na Universidade de Santiago como na de Vigo, onde deu clase na facultade de Ciencias da Saúde de Ourense.

Dende esa dobre faceta administrativa e médica, promoveu o termalismo na provincia de Ourense, tema sobre o que escribiu libros de carácter histórico. Tamén foi vicepresidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.

Obras principais

  • Contos de Vilago de Ribadela (1990, baixo o pseudónimo Lope de Bonaval)
  • El termalismo en Galicia en la década de los ochenta (1988)
  • Estudio histórico bibliográfico del termalismo: Principales surgencias de la provincia de Orense (1995)
  • Ourense termal (2001)
  • Pantón, patrimonio y termalismo (2007)

Galardóns

  • Medalla de Ouro da vila do Carballiño.
  • Medalla de Ouro da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense da Universidade de Vigo
  • Académico da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, onde ingresou en 1999.
  • Presidente de honra da Asociación de Ex-alcohólicos de España.
  • Medalla de Ouro da Deputación de Ourense (a título póstumo)

Vida persoal

Era o home da actriz e escritora Mariluz Villar e pai da escritora Alejandra Juno.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Luis Rodríguez Míguez TraxectoriaLuis Rodríguez Míguez Obras principaisLuis Rodríguez Míguez GalardónsLuis Rodríguez Míguez Vida persoalLuis Rodríguez Míguez NotasLuis Rodríguez Míguez Véxase taménLuis Rodríguez Míguez1932201627 de febreiroOurenseSantiago de Compostela

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ForcareiCarlos CasaresA CoruñaNormativa oficial do galegoJosé Luís Valladares FernándezÁlex FidalgoPere Pau Ripollès AlegreXunta de GaliciaAlfonso RuedaBandeira de GaliciaCarballoAC-101RataBaby ReindeerBárbara ReyPaparazziVangardasRevolución dos caraveisRomariz, Riós, RiósCarlos NegroVincent van GoghPerífrases verbais galegasAntón LamazaresBibTeXAmérica do NorteFernando Salgado GarcíaRefraneiro galego sobre o mes de maioGonzalo Pérez JácomeComarca de SarriaLista de exónimos en galegoLudwig van BeethovenMeigaJude BellinghamDeportivo da CoruñaIndiaNova YorkHomosexualidadeConcellos de GaliciaBlogLuís Pérez BarralAlberto FortesIsabel Díaz AyusoPontellaRamiro CarregalEmilio Aragón BermúdezImmanuel KantGonzalo MellaÁreas lingüísticas do galegoDavid SuchetGran Guerra IrmandiñaMaría Antonieta de AustriaBubelaEmilio Pérez TouriñoDomingo García-SabellEleccións municipais en SadaCharles DarwinArroazDeserto do SáharaMartín SarmientoNoiaEva CárdenasAciñeiraCanle (comunicación)Luís CíliaPablo EscobarCabo Norte, NoruegaLista de paísesValentín García GómezChatGPTOTANSonDeSeuTelevisión de Galicia🡆 More