Lois I De Baviera

Lois I de Baviera (en alemán Ludwig I.

von Bayern), nado en Estrasburgo o 25 de agosto de 1786 e finado en Niza o 29 de febreiro de 1868, foi rei de Baviera de 1825 a 1848 ao suceder ao seu pai, o rei Maximiliano I.

Lois I de Baviera
Rei de Baviera
Lois I De Baviera
Retrato por Joseph Karl Stieler (1781–1858)

Reinado13 de outubro de 1825
20 de marzo de 1848
Nome completoLudwig von Wittelsbach
Nacemento25 de agosto de 1786
Estrasburgo, Francia
Falecemento29 de febreiro de 1868
Niza, Segundo Imperio Francés
SepulturaAbadía de San Bonifacio (Múnic)
PredecesorMaximiliano I
SucesorMaximiliano II
ConsorteTeresa de Saxonia-Hildburghausen
Casa realCasa de Wittelsbach
ProxenitoresMaximiliano I de Baviera
Augusta Guillermina de Hesse-Darmstadt

Escudo de Lois I de Baviera
Escudo de armas de Lois I de Baviera
Na rede
WikiTree: Wittelsbach-151 Find a Grave: 22704613 Editar o valor em Wikidata
Lois I De Baviera
Estatua de Lois I de Baviera fronte á universidade dedicada a el en Múnic.

Traxectoria

Lois era o fillo primoxénito de Maximiliano I de Baviera e da súa primeira esposa, a princesa Augusta Guillermina de Hesse-Darmstadt. Durante a súa xuventude adquiriu o gusto polas artes, efectuando numerosas viaxes a Italia. Tomou parte nas Guerras Napoleónicas, inicialmente coas tropas de Napoleón Bonaparte, para logo cambiar de bando en 1813.

En 1810 casou coa princesa Teresa de Saxonia-Hildburghausen, á que lle sería repetidamente infiel.

Con motivo das celebracións nupciais, realizáronse festas populares que son consideradas como a orixe da Oktoberfest, a Festa da Cervexa de Múnic.

Tras a morte de seu padre en 1825, Lois accedeu ao trono. En 1833 favoreceu a formación da Unión Aduaneira de Alemaña. Adoptou unha política constitucional moderada durante os primeiros anos do seu reinado, pero máis tarde gobernou como un monarca absoluto en resposta ao espírito revolucionario que triunfaba en Europa.

Os políticos católicos dominaron a vida do país na última década do seu mandato, pero non conseguiron que desterrara á súa amante, a bailarina irlandesa Lola Montez.

Abdicou en favor de seu fillo Maximiliano II de Baviera durante a Revolución de 1848, que se estendeu desde Francia a outras partes de Europa. Posteriormente trasladouse a Francia, onde pasou case todo o resto da súa vida, morrendo en Niza en 1868.

Descendencia

Lois I contraeu matrimonio en Múnic o 12 de outubro de 1810,ref>Ficha xenealóxica de Lois I de Baviera. coa princesa Teresa de Saxonia-Altenburgo.

A parella tivo en total nove fillos:

  • Maximiliano (1811-1864), rei de Baviera (1848-1864); con sucesión.
  • Matilde Carolina (1813-1862), casada co Gran Duque Lois III de Hesse-Darmstadt; sen sucesión.
  • Otón (1815-1867), designado rei de Grecia (1832-1862); sen sucesión.
  • Teodolinda de Baviera (1816-1817), que faleceu prematuramente.
  • Leopoldo (1821-1912), rexente de Baviera (1886-1912); pai do futuro Lois III de Baviera.
  • Aldegunda (1823-1914), casada co Gran Duque Francisco V de Módena.
  • Hildegarda (1825-1864), casada col arquiduque Alberte de Austria, duque de Teschen; con sucesión.
  • Alexandra (1826-1875), falecida solteira.
  • Adalberto (1828-1875), casado coa infanta Amalia de Borbón, irmá do rei consorte de España Francisco de Asís; con sucesión.


Predecesor:
Maximilano I
Rei de Baviera
1825-1848
Lois I De Baviera 
Sucesor:
Maximiliano II

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Lois I De Baviera TraxectoriaLois I De Baviera DescendenciaLois I De Baviera NotasLois I De Baviera Véxase taménLois I De Baviera1786186825 de agosto29 de febreiroEstrasburgoIdioma alemánNizaReino de Baviera

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Estrutura secundaria dos ácidos nucleicosKaliningradoAfonso V de AragónGalipediaAsemblea Xeral de IowaPreposicionalA TeixeiraKingston, OntarioHalmstadConcepción ArenalTeixugoEleccións municipais en Vilariño de ConsoEstados Unidos de BélxicaNatureza mortaMaría I de InglaterraSábado SantoFosfatidiletanolaminaCobaiaVocalización das avesVienaReconquista de VigoIllas CookXoves SantoPortugalCorallium rubrumAporia crataegiO Canon da MedicinaProvincia de OurenseNiccolò MachiavelliChipreMaría JamardoCastro de Punta do BicoFusión do ADNRocío JuradoCarpa comúnGuerra civil rusaBuchnera aphidicolaOxalacetatoLuísa VillaltaMullerTelomeraseCONCACAFCitharus linguatulaAna de Gran BretañaTlatoaniAlbatros viaxeiroGrupo EroskiXunta de GaliciaArgos, GreciaLingua gregaGrafenoMontederramoUniversidade de WürzburgMundial de Fútbol de 2006Día das Letras GalegasGotemburgoA CoruñaPigmento biolóxicoGran Premio do Reino Unido de 1989RusiaLista de países por superficieRepública Socialista Soviética de LituaniaCaldeirónEumetopias jubatusLingua xeorxianaAngela MerkelHonoluluBorschFukuokaLeirón rabudoÁcido pentacosílicoFrank SinatraKevin MagnussenRastroGran Premio de Abu Zabi de 2013Rubén Rivera🡆 More