Little Miss Sunshine é un filme estadounidense do ano 2006, dirixida por Jonathan Dayton e Valerie Faris.
A película gañou o Óscar ó mellor actor secundario (Alan Arkin) e o Óscar ó mellor guión orixinal e foi candidata ó Óscar ó mellor filme, á parte de participar e obter outros premios.
Little Miss Sunshine | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Little Miss Sunshine |
Director | Jonathan Dayton e Valerie Faris |
Produtor | Marc Turtletaub David T. Friendly Peter Saraf Albert Berger Ron Yerxa |
Guión | Michael Arndt |
Intérpretes | Steve Carell Toni Collette Greg Kinnear Alan Arkin Beth Grant Paul Dano Abigail Breslin |
Música | Mychael Danna DeVotchka |
Fotografía | Tim Suhrstedt |
Montaxe | Pamela Martin |
Estrea | 2006 |
Duración | 101 min. |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia, drama |
Orzamento | $8 000 000 |
Recadación | $100 523 181 |
Na rede | |
http://www.foxsearchlight.com/littlemisssunshine/ | |
Os Hoover realizan unha viaxe a California para presentar a nena Olive (Abigail Breslin) a un concurso de beleza chamado Little Miss Sunshine. Ante a grande ilusión da filla, seus pais Richard (Greg Kinnear) e Sheryl (Toni Collette) deciden facer o longo traxecto durante o cal as personalidades dos membros da familia sairán a flote. Na furgoneta Volkswagen marela que empregan para a viaxe van, á parte dos pais, a cativa, o avó de Olive e pai de Richard (Alan Arkin), que axuda a Olive co concurso, o tío Frank (Steve Carell), profesor experto na obra de Marcel Proust que se recupera dun intento de suicidio tras ser abandonado polo seu mozo, e o irmán de Olive, Dwayne (Paul Dano), fanático de Nietzsche que está realizando un voto de silencio até ingresar na Forza Aérea dos Estados Unidos.
Recibiu en total 31 premios e 34 candidaturas.
Ano | Categoría | Candidatos | Resultado |
---|---|---|---|
2006 | Mellor filme | Candidata | |
2006 | Mellor actor secundario | Alan Arkin | Gañador |
2006 | Mellor actriz secundaria | Abigail Breslin | Candidata |
2006 | Mellor guión orixinal | Michael Arndt | Gañadora |
Ano | Categoría | Candidatos | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical | Candidata | |
2007 | Globo de Oro á mellor actriz - Comedia ou musical | Toni Collette | Candidata |
Ano | Categoría | Candidatos | Resultado |
---|---|---|---|
2006 | BAFTA á mellor película | Candidata | |
2006 | BAFTA ó mellor director | Jonathan Dayton Valerie Faris | Candidatos |
2006 | BAFTA ó mellor actor secundario | Alan Arkin | Gañador |
2006 | BAFTA á mellor actriz secundaria | Abigail Breslin | Candidata |
2006 | BAFTA á mellor actriz secundaria | Toni Collette | Candidata |
2006 | BAFTA ó mellor guión orixinal | Michael Arndt | Gañadora |
Ano | Categoría | Candidatos | Resultado |
---|---|---|---|
2006 | Premio SAG ó mellor elenco de actores | Gañadora | |
2006 | Premio SAG ó mellor actor secundario | Alan Arkin | Candidato |
2006 | Premio SAG á mellor actriz secundaria | Abigail Breslin | Candidata |
Antes de escribir o guión, Arndt leu nun xornal que o actor e gobernador de California Arnold Schwarzenegger, nun discurso ante uns escolares, dixo: «Se hai algo neste mundo que me dea noxo, son os perdedores. Desprézoos profundamente». Como resultado, Arndt creou un guión satirizando esa actitude.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Little Miss Sunshine, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.