Laliga

A Liga de Fútbol Profesional (LFP), coñecida comercialmente como LaLiga e oficialmente como Liga Nacional de Fútbol Profesional, é unha asociación deportiva integrada polos clubs e as sociedades anónimas deportivas que participan nas categorías profesionais da liga española de fútbol, isto é, a Primeira e a Segunda División.

Foi creada en 1984 e forma parte da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), aínda que ten personalidade xurídica propia e goza de autonomía para o seu funcionamento.

Liga de Fútbol Profesional
Laliga
TipoLiga profesional
Fundación26 de xullo de 1984
LocalizaciónMadrid
Na rede
https://rpgnexus.net/ e https://www.laliga.com/
Facebook: LaLiga Twitter: laliga Instagram: laliga Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A súa principal función, ademais de defender os intereses dos seus asociados, é a organización do Campionato Nacional de Liga na categoría profesional (Primeira e Segunda División) en coordinación coa RFEF.

Historia

En 1977 os clubs FC Barcelona, Athletic Club, Atlético de Madrid e Real Sociedad tentaron crear unha Liga Profesional pero o intento foi freado polo daquela presidente da Real Federación Española de Fútbol, Pablo Porta, coa creación dun Comité Nacional de Fútbol Profesional, o cal ficaría dentro da RFEF sen constituír un órgano xuridicamente independente. Este comité sería o xermolo do que máis tarde sería a LFP.

O primeiro comité executivo da LFP tomou posesión o 30 de decembro de 1983 na sede da Real Federación Española de Fútbol.

A primeira directiva formouse polos seguintes presidentes de clubs profesionais, cos seguintes cargos na LFP:

Contratouse como secretario xeral a Jesús Samper Vidal, que organizou a primeira estrutura económica e administrativa da LFP, e que elaborou os primeiros estatutos, que se aprobaron en 1984. Por mor da aprobación deses estatutos, a LFP fúndase oficialmente o 26 de xullo de 1984.

En 1987 contrátase a Antonio Fernández Fidalgo como director de relacións externas, e en 1991 a Pedro Tomás Marqués como xerente e a Carlos del Campo Colás como asesor xurídico.

O 11 de decembro de 1984 Antonio Baró Armengol sucede a Manuel Vega-Arango na presidencia, que ocupa ata o seu falecemento, o 11 de febreiro de 2001. Realízanse entón unhas eleccións á presidencia, que gaña Pedro Tomás Marqués.

En 1997 a Real Federación Española de Fútbol propuxo a supresión da Liga Nacional de Fútbol Profesional e a súa transformación nun comité de fútbol profesional dentro da RFEF.

Sen esgotar o seu mandato, Tomás deixou o cargo e o 9 de xuño de 2004 o vicepresidente primeiro da LFP, José Luis Astiazarán -presidente da Real Sociedad de Fútbol- asumiu a presidencia en funcións. Tras un ano, Astiazarán deixou o seu posto ante a convocatoria de eleccións, sendo substituído na presidencia interina o 22 de xuño de 2005 por Guillermo Cabello Valero, vicepresidente segundo da LFP e presidente do Terrassa FC. Porén, o descenso deste club a Segunda División B obrigoulle a Cabelo a ceder a presidencia en funcións a Carlos del Campo Colás, secretario xeral da LFP. As eleccións celebráronse finalmente o 15 de xullo de 2005, sendo elixido José Luis Astiazarán como novo presidente, ao obter o aval de 39 dos 42 clubs afiliados á LFP.

O 14 de abril de 2009 Astiazarán dimitiu para anticipar as eleccións, exercendo como presidentes interinos os dous vicepresidentes, Javier Tebas e Jaime Barriuso, xunto ao secretario xeral, Carlos del Campo. Finalmente, o 27 de abril de 2009 Astiazarán foi reelixido presidente tras ser a súa a única candidatura presentada.

O 26 de abril de 2013 foi sucedido no cargo por Javier Tebas, que foi o único candidato que se presentou ás eleccións no seguinte mandato.​ O 11 de outubro de 2016 Tebas foi reelixido co aval de 37 dos 42 clubs con dereito a voto para un segundo mandato. A finais de 2019 foi reelixido para un terceiro mandato ata 2024.

Presidentes

Presidente Período
Manuel Vega-Arango Alvaré 1983 - 1984
Antonio Baró Armengol 1984 - 2001
Pedro Tomás Marqués 2001 - 2004
José Luis Astiazarán (interino) 2004 - 2005
Guillermo Cabello (interino) 2005
Carlos del Campo (interino) 2005
José Luis Astiazarán 2005 - 2013
Javier Tebas Medrano 2013 - actualidade

Notas

Tags:

1984DeporteLiga española de fútbolPrimeira división españolaReal Federación Española de FútbolSegunda división españolaSociedade anónima

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

EstatísticaCamilo Díaz BaliñoAna RomaníPepo SuevosPratos combinadosLingua galegaXosé Luís Franco GrandeXulio CésarManuel FragaTogoCopa do Rei de fútbol54PelaxeMaría CanosaLedicia CostasSica RomeroCampus de EsteiroBulgariaTeatroCarlos NegroManuel CabezasNormativa oficial do galegoLe VilliMucha e NuchaSan Lázaro, Santiago de Compostela2005Mariña Pérez ReiAmes NovoLuísa MerelasFeiracoEnxoval funerarioMatria (filme)TropicosBugalloPorscheBillardaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoThe SmithsMalores Villanueva4DiálogoXosé Antonio TouriñánJoan de NovoaMar TirrenoD9Guerra da Tripla AlianzaRibadavia15Moncho ValcarceCacheiras, TeoBunkyōA borracheira na cultura popular galegaXoán Manuel PintosJules VernePedro Barrié de la MazaRaposo comúnIntelixencia artificialEuromillónsBipartito galegoNoelia ReyFacultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da CoruñaSuomen JääkiekkoleijonatPesticidaBaiuca (banda)Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo BurlEmiratos Árabes UnidosFesta da ReconquistaCachotaríaGalego-portuguésÁreas lingüísticas do galegoParroquias de GaliciaRosalía de CastroDie Zauberflöte🡆 More