Libro De Ester

Ester (hebreo מְגִילַת אֶסְתֵּר, Meguilat Ester, Rolo —Libro— de Ester) é un dos libros do Antigo Testamento e do Tanakh xudeu.

Libro De Ester

Narra a historia de Ester, orfa xudía nos tempos de desterro de Babilonia, que conseguiu evitar un masacre nos seus compatriotas. Os xudeus lembran a fazaña de Ester tódolos anos na festa dos Purim.

Canonicidade

Tanto xudeus como cristiáns consideran canónica a versíón en hebreo do libro. Ademais, católicos e ortodoxos, como relixións cun canon extenso, consideran tamén canónicas as adicións a Ester que atopamos na versión da Biblia dos Setenta, en grego.

As adicións a Ester

Na versión grega do Antigo Testamento, a chamada Biblia dos Setenta, ademais do texto orixinal hebreo hai unha serie de fragmentos en grego. Son adicións que non achegtan gran cousa ao discorrer do relato; máis ben son reflexións ou excursus que o autor da versión grega fai ao fío do relato orixinal. As adicións son:

  • O limiar do libro, que inclúe o soño de Mardoqueo.
  • O contido do decreto contra os xudeus.
  • A oración de Mardoqueo e Ester.
  • A versión ampliada da escena en que Ester se presenta ante Axuero, coa mención da intervención divina.
  • O texto do decreto a favor dos xudeus.
  • A interpretación que fai Mardoqueo do seu soño, relacionándoo cos sucesos que seguiron.

Contido do libro

O Libro de Ester relata como Hamán, ministro do rei Xerxes I, a quen no libro se lle chama Axuero, prepara un decreto que suporá o exterminio dos xudeus que vivan no imperio persa. Cando Mardoqueo, un xudeu que ocupa un importante posto na corte de Axuero, sabe destas intencións, busca desesperadamente unha solución para salvar o seu pobo.

Libro De Ester 
O Castigo de Hamán de Michelangelo na Capela Sixtina

Ao mesmo tempo, o rei Axuero, furioso co desprezo que lle fixo a súa raíña, busca unha nova. Entre as mulleres que lle presentan pon os seus ollos en Ester, sobriña de Mardoqueo, que ao quedar orfa foi criada por el. Mardoqueo aproveita a situación da súa sobriña para facer chegar ata o gran rei as súas peticións:

Ester organiza un convite no que invita a Hamán e Axuero, durante o que lle expón a situación do seu pobo ao rei e deixa en evidencia as intencións do ministro. Axuero atende a petición de Ester, ordena a morte de Hamán e autoriza os xudeus a que se defendan en caso de que alguén tente facerlles dano; incluso lles permite vingarse e cometer asasinatos masivos contra os seus inimigos.

A festa coa que a comunidade xudía de Mesopotamia celebrou a súa salvación será a orixe dos Purim.

Valor histórico

Os expertos dan por pensar que Ester é, simplemente, un conto moralizante ou un relato que lle daba unha orixe “digna” á festa dos Purim, un simple Entroido. Os argumentos poden resumirse nestes dous elementos:

  • As inexactitudes históricas: excepción feita de Axuero, nas crónicas persas non aparecen os nomes de ningún dos outros personaxes, cando si que se coñecen nomes de raíñas e altos cargos da corte persa. Ademais algunhas referencias a feitos históricos que aparecen no libro como propias do tempo de Axuero, en realizade, están separadas por máis dun século.
  • Os decretos do rei, tanto o de exterminio dos xudeus como o que lles autorizaba a vingarse:
    • Os persas eran un pobo tolerante en temas de relixión, respectaban os distintos credos dos pobos que constituían o seu imperio. A mesma Biblia, no Libro de Esdras louvan ao rei Ciro, por permitirlles recuperar a súa terra e o seu templo. Neste contexto non ten sentido un decreto que permitira o exterminio dun pobo por razóns relixiosas.
    • Por razóns parecidas, tampouco ten sentido un decreto que lles daba carta branca aos xudeus para asasinaren ao seu capricho a todos os que consideraran inimigos.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Libro De Ester CanonicidadeLibro De Ester As adicións a EsterLibro De Ester Contido do libroLibro De Ester Valor históricoLibro De Ester Véxase taménLibro De EsterAntigo TestamentoIdioma hebreo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Deportivo da CoruñaOTANOs pronomes persoais galegosPobo palestinoBipartito galegoSobreiraRoberto Vidal BolañoXosé Carlos Morellc70mgMedoSantiago de CompostelaAC-312DomingoEstanislao FiguerasDiego AnidoTelexornalDistritos de PortugalConceyu BableAlbert EinsteinSelección de fútbol de GaliciaMaría PitaVilagarcía de ArousaHeraldo de ViveroEstado NovoPere Pau Ripollès AlegreCromosoma homólogoIker MuniainDaniel de la TorreFernando Salgado VarelaAmancio OrtegaIKEATeresa González CostaFesta dos maiosBandeira de GaliciaXurxo AyánCayetana Álvarez de ToledoJosé Manuel Rodríguez PuenteEscáncerLista de nomes femininos en galegoA gaita gallega (libro)MilánSubgrupoGalipediaUniversidade de ManchesterBatalla das Termópilas (-480)Manuel Lourenzo SobralJohannes VermeerSistema operativoThe HivesFlora invasora de GaliciaXosé FortesSabela (Operación Triunfo)Gabriel García MárquezBritney SpearsAlfabeto galegoO comparativo galegoIsaac NewtonISBNCoordenadas xeográficasVáknerNormativa oficial do galegoRaposo comúnEduardo MendozaValentín García GómezMaría JamardoEcce HomoDe NinghuresPaspallásCaraveleiraBenito KamelasTribadismo🡆 More