Kate Bush: Cantante, pianista e compositor inglés (nacido en 1958)

Catherine Bush, nada en Bexleyheath o 30 de xullo de 1958, é unha cantante, bailarina, compositora e produtora musical inglesa.

En 1978, con dezanove anos, acadou o número un da UK Singles Chart durante catro semanas co seu primeiro sinxelo "Wuthering Heights", o que a converteu na primeira artista feminina que obtivo un número un no Reino Unido cunha canción composta por ela mesma. Dende entón publicou vinte e cinco sinxelos que entraron no Top 40, incluídos os Top 10 "The Man with the Child in His Eyes", "Babooshka", "Running Up That Hill", "Don't Give Up" (dúo con Peter Gabriel) e "King of the Mountain". Os seus dez álbums de estudio estiveron entre os dez máis vendidos do Reino Unido, incluídos os números un Never for Ever (1980), Hounds of Love (1985) e a compilación The Whole Story (1986). Foi a primeira solista británica que liderou a lista de vendas británica de álbums e a primeira artista feminina que tivo un álbum no número un.

Infotaula de personaKate Bush
Kate Bush: Discografía, Notas, Véxase tamén
(1981) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Catherine Bush Editar o valor em Wikidata
30 de xullo de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Bexleyheath, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónLondon South East Colleges (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmúsica , actriz de cinema , cantante , compositora de cancións , artista discográfico , produtora musical , mimo , directora de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoArt pop (pt) Traducir, pop progresivo, singer-songwriter music (en) Traducir, Baroque pop, pop experimental, Art rock e pop rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra, piano, violoncello, baixo e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoEMI
Harvest Records (pt) Traducir
Columbia Records
EMI Editar o valor em Wikidata
DeporteKarate Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaDel Palmer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJohn Carder Bush e Paddy Bush (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webkatebush.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0124165 Allocine: 36242 Rottentomatoes: celebrity/kate_bush Allmovie: p9859 Metacritic: person/kate-bush
Facebook: katebush Twitter: KateBushMusic Instagram: katebushmusic MySpace: 1katebush Youtube: UC31hY7kg7CUOBpdyn9d_gYA Vimeo: katebushmusic Bandcamp: katebushSouncloud: kate-bush-official Spotify: 1aSxMhuvixZ8h9dK9jIDwL iTunes: 487277 Last fm: Kate+Bush Musicbrainz: 4b585938-f271-45e2-b19a-91c634b5e396 Songkick: 429022 Discogs: 85929 Allmusic: mn0000855423 Deezer: 1049 Genius: Kate-bush Editar o valor em Wikidata

Bush comezou a escribir cancións aos once anos. Foi contratada por EMI Records despois de que o guitarrista de Pink Floyd David Gilmour axudase a producir unha maqueta. O seu álbum de debut, The Kick Inside, publicouse en 1978. Bush foi gañando independencia artística na produción dos seus discos e produciunos todos dende The Dreaming (1982). Tomouse un descanso entre o sétimo e o oitavo, The Red Shoes (1993) e Aerial (2005). Volveu conseguir atención en 2014 co seu concerto Before the Dawn, primeiro espectáculo dende The Tour of Life de 1979.

O estilo ecléctico e experimental de Bush, as súas letras pouco convencionais e os seus temas literarios influíron a un amplo rango de artistas. Foi candidata a trece premios da British Phonographic Industry, gañando o de mellor artista británica en 1987, e foi candidata a tres premios Grammy. En 2002 foi recoñecida cun premio Ivor Novello pola súa contribución á música británica. En outubro de 2017 foi seleccionada para a súa inclusión no Rock and Roll Hall of Fame en 2018. Bush foi nomeada Comandante da Orde do Imperio Británico (CBE) en 2013 polos seus servizos á música.

Discografía

  • The Kick Inside (1978)
  • Lionheart (1978)
  • Never for Ever (1980)
  • The Dreaming (1982)
  • Hounds of Love (1985)
  • The Sensual World (1989)
  • The Red Shoes (1993)
  • Aerial (2005)
  • Director's Cut (2011)
  • 50 Words for Snow (2011)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bush, John Carder (2014). Cathy. Londres: Sphere. ISBN 978-0-7515-5989-7. 
  • Bush, John Carder (2015). Kate. Londres: Sphere. ISBN 978-0-7515-5990-3. 
  • Bush, Kate (2018). How to be invisible. Londres: Faber & Faber. ISBN 978-0-571-35094-0. 
  • Cann, Kevin; Mayes, Sean (1988). Kate Bush: A Visual Documentary. Omnibus Press. ISBN 0-7119-1039-1. 
  • Godwin, Robert (2006). The Illustrated Collector's Guide to Kate Bush (2nd ed.). Collector's Guide Publishing. ISBN 978-1-894959-45-2. 
  • Jovanovic, Rob (2006). Kate Bush – The Biography. ISBN 978-0749951146. 
  • Thomson, Graeme (2012). Kate Bush: Under the Ivy. Omnibus Press. ISBN 1-84772-930-4. 
  • Vermorel, Fred; Vermorel, Judy (1980). Kate Bush: Princess of Suburbia. Target Books. ISBN 978-0-7119-0152-0. 
  • Vermorel, Fred (1983). The Secret History of Kate Bush and the Strange Art of Pop. Omnibus Press. ISBN 0-7119-0152-X. 
  • Withers, Deborah (2010). Adventures in Kate Bush and Theory. Hammeron Press. ISBN 0-9564507-0-9. 

Ligazóns externas

Tags:

Kate Bush DiscografíaKate Bush NotasKate Bush Véxase taménKate Bush195830 de xulloInglaterraPeter Gabriel

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

HomeroRepública Social ItalianaSelena GomezOs camiños da vidaRobert PattinsonHenrique VIII de InglaterraBrahim DíazMalariaJosé Pérez-ArdáNetflixMiguel Ángel Zabalza BerazaSan Xosé de Ribarteme, As NevesReino UnidoSylvester StalloneCasa de BonaparteSloganMaribel VerdúAdolf HitlerReloxoIlyushin Il-76Vilagarcía de ArousaLiberalA derradeira leición do mestreEstado de emerxenciaMetabolismoBrasilBen AffleckNew DealLista de nomes masculinos en galegoTeobromina2024Volta ao País Vasco 2018Rosa LuxemburgPartido Comunista ItalianoCapela SistinaSevilla Fútbol ClubCarlos de Matos GomesCSSImperio españolAllarizLuzónLista de ríos de GaliciaEstañoLista de castelos de PortugalMarco Vipsanio AgripaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoPablo PicassoVigoGaliciaRefraneiro galego sobre o panPolíticaBélxicaValenciai0tj9BucetaSexoLista de paísesAntonio GramsciSimón BolívarBilbaoManuela ReyLiberdadeEra visto!Xosefina de BeauharnaisIria SobradoMaría do Socorro Ortega RomeroAníbal MalvarJosé Pablo del Bado RivasIrene VillaHungríaEscultura barrocaAmancio OrtegaBetaninaEl LuísAmieiro.ge🡆 More