Julian Seymour Schwinger, nado o 21 de febreiro de 1918 e finado o 16 de xullo de 1994, foi un físico teórico norteamericano.
Formulou a teoría de renormalización e predixo o fenómeno dos pares electrón-positrón coñecido como o efecto Schwinger. Compartiu o Premio Nobel de Física en 1965 polo seu traballo na electrodinámica cuántica (QED), xunto con Richard Feynman e Shinichiro Tomonaga.
Schwinger naceu en Nova York e estudou no City College of New York. Despois foi transferido á Universidade de Columbia, onde recibiu a súa B.A. (graduación) en 1936 e o seu Ph.D. (doutoramento, supervisado por Isidor Isaac Rabi) en 1939. Traballou na Universidade de California, Berkeley (con Robert Oppenheimer) pasando loga á Universidade de Purdue.
Durante a segunda guerra mundial Schwinger traballou no Laboratorio de Radiación do MIT, dando o soporte teórico para o desenvolvemento do radar. Intentou aplicar o seu coñecemento como físico nuclear ós problemas de enxeñaría do electromagnetismo, e chegou ós resultados da dispersión nuclear. De resultas, Schwinger comezou a aplicar o seu coñecemento da radiación á física cuántica.
Logo da guerra, Schwinger deixou Purdue pola Universidade Harvard, onde ensinou dende 1945 a 1972. Casou en 1947. Durante este tempo, desenvolveu o concepto de renormalización, que explicaba o Efecto Lamb no campo magnético do electrón. No seu estudo das partículas elementais,chegou á conclusión de que os neutrinos poden pertencer a múltiples variedades, asociadas cos tipos de leptóns como o electrón e o muón, o que foi verificado experimentalmente en anos recentes.
Tendo supervisado máis de setenta disertacións doutorais, Schwinger é coñecido como un dos máis prolíficos asesores en física. Catro dos seus estudantes gañaron o Premio Nobel: Roy J. Glauber, Ben Roy Mottelson, Sheldon Lee Glashow e Walter Kohn (este último en Química).
Na súa longa carreira, non conforme coa complexidade doutras explicacións dos experimentos con partículas elementais, Schwinger desenvolveu a teoría fonte. Schwinger deixou Harvard en 1972 por unha posición na Universidade de California, Los Ángeles onde continuou co seu traballo na source theory, ata a súa morte.
Como físico famoso, Schwinger foi comparado ocasionalmente con outro lendario físico da súa xeración, Richard Feynman. Schwinger fixo física dun xeito máis matemático, especialmente na Teoría cuántica de campos. Por contraste, Feynman foi máis intuitivo e o seu seguido diagrama de Feynman aproxímase a QFT. Schwinger discrepou cos diagramas de Feynman ata rexeitalos completamente nas súas clases.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Julian Schwinger, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.