Juan Alberto Belloch: Político español

Juan Alberto Belloch Julbe, nado en Mora de Rubielos, Teruel, o 3 de febreiro de 1950, é un maxistrado e político socialista español, ministro de 1993 a 1996, alcalde de Zaragoza de 2003 a 2015, deputado e senador.

Infotaula de personaJuan Alberto Belloch
Juan Alberto Belloch: Biografía, Carreira política, Vida persoal
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan Alberto Belloch Julbe Editar o valor em Wikidata
3 de febreiro de 1950 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Mora de Rubielos, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Juan Alberto Belloch: Biografía, Carreira política, Vida persoal Senador de España
13 de decembro de 2011 – 26 de outubro de 2015
Circunscrición electoral: Zaragoza
Juan Alberto Belloch: Biografía, Carreira política, Vida persoal Alcalde de Zaragoza
14 de xuño de 2003 – 13 de xuño de 2015
← José Atarés MartínezPedro Santisteve →
Juan Alberto Belloch: Biografía, Carreira política, Vida persoal Senador de España
12 de marzo de 2000 – 14 de marzo de 2004
Circunscrición electoral: Zaragoza
Juan Alberto Belloch: Biografía, Carreira política, Vida persoal Concelleiro de Zaragoza
4 de xullo de 1999 –
Juan Alberto Belloch: Biografía, Carreira política, Vida persoal Deputado no Congreso dos Deputados
21 de marzo de 1996 – 5 de abril de 2000

Circunscrición electoral: Zaragoza

Juan Alberto Belloch: Biografía, Carreira política, Vida persoal Ministro do Interior de España
5 de maio de 1994 – 6 de maio de 1996
← Antoni AsunciónJaime Mayor Oreja →
Juan Alberto Belloch: Biografía, Carreira política, Vida persoal Ministro de Xustiza de España
14 de xullo de 1993 – 6 de maio de 1996
← Tomás de la Quadra-Salcedo (pt) TraducirMargarita Mariscal de Gante →
Juan Alberto Belloch: Biografía, Carreira política, Vida persoal Vogal do Conselho Geral do Poder Judicial (pt) Traducir
1990 – 1993 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas
Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xuíz Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMari Cruz Soriano
PaiJosé María Belloch Puig (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1989090 Editar o valor em Wikidata

Biografía

Licenciado en Dereito pola Universidade de Barcelona, ingresou na carreira xudicial en 1976 e o seu primeiro destino como xuíz cubriuno no Xulgado de Instrución e Primeira Instancia da Illa de La Gomera. Sucesivamente foi destinado a Berga, Vic e Alcoi. No ano 1980 é trasladado ao País Vasco. Maxistrado desde 1981, fundou en 1984 a Asociación Pro Dereitos Humanos do País Vasco e foi nomeado portavoz do colectivo progresista de maxistrados Xuíces para a Democracia. Tamén foi fundador da Asociación de Maxistrados Europeos para a Democracia e as Liberdades, organización da que en 1984 foi vicepresidente. En 1985 foi presidente da Sección Segunda do Penal da Audiencia Provincial de Bilbao. O 3 de novembro de 1988 foi nomeado polo Consello Xeral do Poder Xudicial, CGPJ, presidente da Audiencia Provincial de Bilbao, cargo no que permaneceu até 1990, cando, o 30 de outubro, foi elixido vocal do CGPJ polo Congreso dos Deputados a proposta do PSOE.

Carreira política

O 14 de xullo de 1993, foi designado ministro de Xustiza no sétimo goberno de Felipe González. O 5 de maio de 1994, sucedeu como ministro de Interior a Antoni Asunción que dimitira tras a fuga de Luis Roldán, que foi capturado durante o seu mandato. O 28 de marzo de 1996 queda en situación de excedencia voluntaria na carreira xudicial para poder afiliarse ao Partido Socialista. Afiliado ao PSOE en maio de 1996, foi elixido deputado independente pola provincia de Zaragoza nos comicios xerais. Sendo ministro de Xustiza e Interior produciuse a controvertida captura de Luis Roldán en Laos coa intervención do ex axente Paesa, que posteriormente simulou a súa morte.

Como ministro de Xustiza e Interior cesou o 6 de maio de 1996. No Congreso dos Deputados, foi vocal suplente da Deputación Permanente, vocal da Comisión Constitucional e portavoz da comisión de Xustiza e Interior. No seo do PSOE é presidente da Comisión executiva Rexional dos socialistas aragoneses desde a celebración do XI Congreso rexional. O 26 de xuño de 1998, resultou elixido candidato socialista, nas eleccións primarias, á Alcaldía de Zaragoza para os comicios do 13 de xuño de 1999. Conseguiu o 44,2 por cento dos votos.

Presentouse como cabeza de lista ás eleccións municipais de 1999 para o Concello de Zaragoza cun programa electoral que propoñía a celebración da Exposición Internacional de 2008 como conmemoración do bicentenario dos Sitios de Zaragoza. Quen obtivo a alcaldía naquela ocasión foi Luisa Fernanda Rudi (PP de Aragón). Non obstante, o Partido Popular de Aragón no concello zaragozano, á chegada de José Atarés en 2000, asumiu a idea liderada polo socialista.

Nas eleccións xerais do 12 de marzo de 2000 resultou elixido senador pola provincia de Zaragoza.

En xuño de 2003, Juan Alberto Belloch resultou elixido Alcalde de Zaragoza tras gañar as eleccións con 114.952 votos (33.90%) e 12 concelleiros do PSOE-Aragón fronte a 110.747 votos (32.66%) e 11 concelleiros do PP de Aragón. Tras pactar con Chunta Aragonesista, que conseguiu 62.211 votos (18.34%) e 6 concelleiros, obtivo a maioría absoluta na primeira votación do consistorio zaragozano. Na oposición quedaron o PP de Aragón e o Partido Aragonés.

Nas eleccións locais do 27 de maio de 2007, volveu ser elixido alcalde de Zaragoza, con 13 concelleiros e 115.723 votos fronte aos 103.191 votos obtidos polo Partido Popular de Aragón. Pero, pactou unha nova coalición no Consistorio, agora, co Partido Aragonés.

Catro anos despois, nas eleccións municipais do ano 2011, o Partido Popular de Aragón encabezado por Eloy Suárez, conseguiu 15 concelleiros e 131.350 votos, mentres que o PSOE con Belloch á cabeza, sumou 10 concelleiros e 86.395 votos. O PSOE perdeu en todos os distritos da cidade, excepto no de Las Fuentes. Con todo, Juan Alberto Belloch continuou ocupando a alcaldía grazas ao apoio dos representantes de Chunta Aragonesista e Izquierda Unida. Acadouse un pacto entre os tres partidos e cos seus 16 concelleiros conseguían a maioría absoluta. A cambio, Belloch tivo que renunciar á realización de Expo Paisaxes 2014 e á carreira para os Xogos Olímpicos de Inverno do ano 2022. O 20 de novembro dese mesmo ano, nas elección xerais anticipadas en España, Belloch foi elixido senador pola provincia de Zaragoza.

O 13 de xuño de 2015 cedeu o seu bastón de mando ao candidato de Zaragoza en Común, Pedro Santisteve poñendo así fin ao mandato máis longo dun rexedor de Zaragoza en período democrático (12 anos).

Vida persoal

Está casado coa xornalista Mari Cruz Soriano desde o 19 de decembro de 2002.

Notas

Predecesor:
Tomás de la Quadra-Salcedo
Juan Alberto Belloch: Biografía, Carreira política, Vida persoal 
Ministro de Xustiza de España

1993-1996
Sucesor:
Margarita Mariscal de Gante
Predecesor:
Antoni Asunción
Juan Alberto Belloch: Biografía, Carreira política, Vida persoal 
Ministro do Interior de España

1994-1996
Sucesor:
Jaime Mayor Oreja
Predecesor:
Emilio Comín
Juan Alberto Belloch: Biografía, Carreira política, Vida persoal 
Portavoz do Grupo Socialista no
Concello de Zaragoza

1999-2003
Sucesor:
Carlos Pérez Anadón
Predecesor:
José Atarés Martínez
Juan Alberto Belloch: Biografía, Carreira política, Vida persoal 
Alcalde de Zaragoza

2003-2015
Sucesor:
Pedro Santisteve Roche

Tags:

Juan Alberto Belloch BiografíaJuan Alberto Belloch Carreira políticaJuan Alberto Belloch Vida persoalJuan Alberto Belloch NotasJuan Alberto Belloch195019931996200320153 de febreiroEspañaPolíticoProvincia de TeruelZaragoza

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

TeléfonoAtenasOs pronomes persoais galegosCota lácteaRocío LeiraAriadna FernándezRevolución dos CaraveisNósCarlos NegroCantabriaAquilesTeoría de gruposVilagarcía de ArousaNúmero triangularHeredeiros da CrusMondoñedoXosé Luís BernalWikipedia en betawiJosé Luis GilLista de castelos de PortugalLista das aves de GaliciaMortalidade infantilASalgueiroCáceresLuís Pérez BarralImperio BizantinoPosición do canSancho GraciaConfederación Española de Derechas AutónomasBreogánMoción de confianzaMiguel Pampín RúaXogo de apostaGonzalo Torrente BallesterMaría do Socorro Ortega RomeroCanle (comunicación)HLA-DRRibadeoAnne HecheRaquel AtanesFreixoA morte na cultura popular galegaCosta da MorteXosé Ramón GayosoPontecesuresCharles DarwinSete SabiosPink FloydBetanzosPremios Follas Novas do Libro GalegoAna Pastor GarcíaRúa das Rodas (Santiago de Compostela)Carlos AymerichPrepucio do clítorisSegunda guerra mundialHórreoAnxo AngueiraIrmandiñosArroazPolieno (química)Aquí no hay quien vivaMaruca do MediterráneoJoseba ApaolazaMiki NadalMarie CurieSetaAriadna Fernández GonzálezLuka ModrićWilliam ShakespeareDios ke te crewRefraneiro galego sobre o mes de maioJoan Manuel Serrat🡆 More