Xosemaría Escrivá De Balaguer: Relixioso español

Xosemaría Escrivá de Balaguer y Albás de nome secular José María Julián Mariano Escrivá de Balaguer y Albás, nado en Barbastro o 9 de xaneiro de 1902 e finado en Roma o 26 de xuño de 1975, foi un sacerdote católico aragonés, coñecido por ser o fundador do Opus Dei.

Foi canonizado en 2002 polo papa Xoán Paulo II.

Infotaula de personaXosemaría Escrivá de Balaguer
Xosemaría Escrivá De Balaguer: Traxectoria, Veneración, Polémicas
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Josemaría Escrivá de Balaguer Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José María Julián Mariano Escrivá Albás Editar o valor em Wikidata
9 de xaneiro de 1902 Editar o valor em Wikidata
Barbastro, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xuño de 1975 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaigrexa prelaticia de Santa María da Paz Editar o valor em Wikidata
Xosemaría Escrivá De Balaguer: Traxectoria, Veneración, Polémicas Presidente da sociedade sacerdotal da Santa Cruz
14 de febreiro de 1943 – 26 de xuño de 1975 – Álvaro del Portillo →
Capelán Academia DYA
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVilla Tevere (1946–1975)
Madrid (1927–1946)
Zaragoza (1920–1927)
Logroño (1914–1920)
Barbastro (1902–1914) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultade de Dereito da Universidade de Zaragoza
Universidade Pontificia Lateranense
Universidade Central
Colexio San Lourenzo das Escolas Pías Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónSacerdote católico de rito romano (1925–), escritor , avogado Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresJosé Pou de Foxá Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa26 de xuño Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloMarquesado de Peralta (1968–1972) Editar o valor em Wikidata
PaisJosé Escriba y Corzán Editar o valor em Wikidata  e María de los Dolores Albás Blanc Editar o valor em Wikidata
IrmánsSantiago Escrivá de Balaguer y Albás, Carmen Escrivá de Balaguer y Albás, María Asunción Escrivá Albás, María de los Dolores Escrivá Albás e María del Rosario Escrivá Albás Editar o valor em Wikidata
ParentesMariano Albás Blanc (tío) Editar o valor em Wikidata
Premios

Xosemaría Escrivá De Balaguer: Traxectoria, Veneración, Polémicas Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2948902 Find a Grave: 27878617 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Primeiros anos

Naceu en 1902 en Barbastro, no seo dunha familia profundamente cristiá, fillo de José Escrivá e Dolores Albás. O seu pai era comerciante de tecidos e posuía así mesmo unha pequena chocolatería.

En 1915 quebrou o negocio de tecidos do pai e a familia houbo de trasladarse a Logroño, onde o pai comezou outro traballo. Segundo o seu propio relato, nesa cidade, despois de ver unhas pegadas na neve dos pés descalzos dun relixioso, intúe que Deus desexa algo del, aínda que non sabe exactamente que é. Pensa que poderá descubrilo máis doadamente se se fai sacerdote, e comeza a prepararse primeiro en Logroño e máis tarde no seminario de Zaragoza.

Seguindo o consello de seu pai, na Universidade de Zaragoza estuda tamén a carreira civil de Dereito como alumno libre. José Escrivá finou en 1924 e Xosé María queda como cabeza de familia. Recibe a ordenación sacerdotal o 28 de marzo de 1925 e comeza a exercer primeiro nunha parroquia rural e logo en Zaragoza.

En 1927 trasládase a Madrid con permiso do seu bispo para obter o doutoramento en Dereito. En Madrid, o 2 de outubro de 1928 funda o Opus Dei. Dende aquel día traballa no desenvolvemento da fundación ao tempo que continúa co ministerio pastoral que ten encomendado, e que lle pon en contacto coa enfermidade e a pobreza en hospitais e en barriadas populares de Madrid.

Guerra civil

Xosemaría Escrivá De Balaguer: Traxectoria, Veneración, Polémicas 
Estatua de san Xosemaría no Vaticano.

Cando estoupa a guerra civil española, en 1936, Xosemaría Escrivá atópase en Madrid. A persecución relixiosa obrígalle a refuxiarse en diferentes lugares. Exerce o seu ministerio sacerdotal clandestinamente, ata que dá saído de Madrid. Despois dunha travesía polos Pireneos ata o sur de Francia, trasládase a Burgos.

Cando remata a guerra civil, en 1939, volve a Madrid. Nos anos seguintes dirixe exercicios espirituais para laicos, para cregos e para relixiosos. No mesmo ano 1939 remata os seus estudos de doutoramento en Dereito.

Despois da Guerra

En 1946 fixa a súa residencia en Roma. Obtivo o doutoramento en teoloxía pola Pontificia Universidade Lateranense, grazas á súa obra La Abadesa de las Huelgas. É nomeado consultor de dúas Congregacións Vaticanas, membro honorario da Pontificia Academia de Teoloxía e prelado de honra da Súa Santidade. Segue os preparativos e as sesións do Concilio Vaticano II (1962-1965), e mantén trato con moitos dos pais conciliares.

Dende Roma viaxa a distintos lugares de Europa para dar pulo ao establecemento e consolidación do traballo apostólico do Opus Dei. Co mesmo obxecto, entre 1970 e 1975 fai viaxes a México, á Península Ibérica, América do Sur e Guatemala onde, ademais, ten reunións de catequese con grupos de homes e mulleres.

Falece en Roma o 26 de xuño de 1975. Varios milleiros de persoas, entre elas bispos de distintos países —en conxunto, un terzo do episcopado mundial—, solicitan á Santa Sé a apertura da súa causa de beatificación e canonización.

Veneración

A súa causa foi introducida en 1981, e o 17 de maio de 1992 Xoán Paulo II beatificouno na praza de San Pedro, en Roma. O 6 de outubro de 2002 foi canonizado en Roma, cunha asistencia de milleiros de persoas. Durante a cerimonia de canonización, o papa animou os presentes a buscar a santidade en medio do mundo, no traballo e na vida ordinaria, ensinanza central de Xosemaría Escrivá.

Polémicas

Solicitude e concesión do Marquesado de Peralta

Posiblemente un dos episodios máis controvertidos na vida de Escrivá de Balaguer sucedeu no 1968. Cando solicita e lle concede o goberno de Franco, en parte grazas á colaboración dun membro do Opus Dei no Ministerio de Xustiza, o título de III marqués de Peralta, título que retivo sen usar durante catro anos, antes de renunciar a el en 1972 en favor do seu irmán Santiago. Segundo a investigación de Ricardo de la Cierva, a concesión, aínda que con boa intención, foi obtida de xeito irregular.

Proceso de canonización

O rápido proceso aos altares non estivo exento de polémica e oposición. Os detractores critican o que ven como unha canonización inmediata ou "turbosantidade" de Escrivá, e afirman que o proceso enteiro estivo cheo de irregularidades. Porén, tamén obtivo o apoio de diversas figuras da xerarquía eclesiástica.

Publicacións

Algúns libros foron publicados en vida; outros son póstumos. O máis coñecido é Camiño, unha colección de 999 aforismos, que tivo unha importante recepción. Postumamente, publicáronse outras dúas coleccións de aforismos: Surco e Forja.

La Abadesa de las Huelgas é un estudo teolóxico-xurídico, a partir das fontes e documentos orixinais, sobre o caso extraordinario de xurisdición cuasiepiscopal por parte da abadesa do famoso mosteiro burgalés. A primeira edición publicouse en 1944.

Amar a la Iglesia reúne tres homilías do fundador do Opus Dei: Lealtad a la Iglesia, El fin sobrenatural de la Iglesia e Sacerdote para la eternidad. O volume inclúe ademais, dous artigos de Mons. Álvaro del Portillo arredor da figura do fundador do Opus Dei.

Discursos sobre la Universidad é un volume elaborado pola Universidade de Navarra por mor da beatificación do seu Fundador e Primeiro Gran Chanceler, no que se recollen diversos discursos académicos pronunciados por Escrivá de Balaguer ante a corporación universitaria, a homilía pronunciada no campus da Universidade de Navarra en outubro de 1967 e algunhas outras declaracións públicas súas sobre temas universitarios.

Ademais, publicaronse dúas coleccións de homilías, Es Cristo que pasa, adicado aos grandes momentos do ano litúrxico, e Amigos de Dios, no que glosa unha serie de virtudes. Santo Rosario e Via Crucis (obra póstuma) están adicados a estas dúas formas tradicionais da piedade católica. Finalmente, Conversaciones con monseñor Escrivá de Balaguer reúne nun volume entrevistas concedidas a diversos medios de comunicación e unha homilía pronunciada no campus da Universidade de Navarra en 1967.

Tanto de Camiño como de Santo Rosario publicáronse edicións crítico-históricas. Camiño, Vía Crucis e Santo Rosario foron traducidas ao galego.

No cine

No ano 2011 estreouse There be Dragons (en galego, Atoparás dragóns), película protagonizada por Charlie Cox, Wes Bentley, Dougray Scott e Olga Kurylenko, na que Charlie Cox dá vida a Xosemaría. A raíz do horror da guerra civil española, un candidato para a canonización é investigado por un xornalista que atopa que o seu propio pai tiña unha conexión profunda, escura e devastadora.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
(Non houbo)
 
Xosemaría Escrivá De Balaguer: Traxectoria, Veneración, Polémicas 
Secretario Xeral do Opus Dei
 
1928 - 1975
Sucesor:
Álvaro del Portillo

Tags:

Xosemaría Escrivá De Balaguer TraxectoriaXosemaría Escrivá De Balaguer VeneraciónXosemaría Escrivá De Balaguer PolémicasXosemaría Escrivá De Balaguer PublicaciónsXosemaría Escrivá De Balaguer No cineXosemaría Escrivá De Balaguer NotasXosemaría Escrivá De Balaguer Véxase taménXosemaría Escrivá De Balaguer19021975200226 de xuño9 de xaneiroAragónBarbastroCatólicoOpus DeiRomaXoán Paulo II

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lola FloresRevolución galega de 1846Peer-to-peerCarrasco (planta)CuarzoPerífrases verbais galegasVicente RiscoPalmaPoesíaJorge LorenzoDeserto do SáharaPThibaut CourtoisTelexornalCaso Asunta BasterraTrofoblastoMexacánÁlbum de la CaridadAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoXiros idiomáticos galegosGoretti SanmartínIrene JunqueraOtelo Saraiva de CarvalhoMilánCessna T-37 TweetSantiago de CompostelaXosé Ramón GayosoTereixa ConstenlaEspañaColocación do pronome átono en galegoAustraliaRosalía de CastroTaylor SwiftCarmen LovelleJoan Manuel SerratAndoriñaAltriMaría do Socorro Ortega RomeroGolfiño comúnMadridCamilo Díaz BaliñoGuillermo Alonso BarciaJackson PollockJosé Luís Valladares FernándezPrestigeSéculos EscurosMiguel de CervantesPonte 25 de AbrilIndonesiaAdriano Correia de OliveiraRebel MoonArmando BlancoAna TurpinMimosaFernando AlonsoLuís SeoaneJulio Iglesias RedondoValentín García GómezLiteratura infantilEduardo Blanco AmorÁngel CarracedoLuís Cília1928Pablo MartinezMarta Fernández-TapiasBélxicaDavid PerdomoFesta dos maios🡆 More