A Universidade de Navarra é unha universidade española de carácter privado e relixioso.
Fundouna en Pamplona en 1952 por Xosemaría Escrivá de Balaguer e forma parte da estrutura do Opus Dei.
Universidade de Navarra | |
---|---|
Datos xerais | |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na universidade de Navarra pódense cursar 27 titulacións oficiais e máis de 300 programas de posgrao en dez facultades, dúas escolas superiores, o IESE (Instituto de Estudos Superiores da Empresa), dúas escolas universitarias, ISSA (Instituto Superior de Secretariado e Administración) e outros centros e institucións. Inclúe a Clínica Universitaria, que con cerca de 1.700 profesionais cualificados, atende a máis de 100.000 pacientes ó ano. No ano 2004 inaugurouse o Centro de Investigación Médica Aplicada (CIMA) no que 300 investigadores desenvolven os seus estudos biomédicos.
Xunto coa Universidade Pública de Navarra e a UNED, é unha das tres universidades con sede na capital navarra.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Universidade de Navarra, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.