Imatran Ketterä

Imatran Ketterä, ou simplemente Ketterä, é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Imatra (Finlandia).

Na tempada 2021-22 competía na segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Mestis, da que se proclamou campión en dúas ocasións (2019 e 2021). Foi fundado en 1957 e xoga os seus partidos como local no OmaSp Areena, un pavillón con capacidade para 1 200 persoas.

Ketterä
Fundación1957
CidadeImatran Ketterä Imatra,
Imatran Ketterä Carelia do Sur
Finlandia Finlandia
EstadioOmaSp Areena
(1 200 persoas)
LigaMestis
Campionatos2 (2019, 2021)
AdestradorFinlandia Tuomo Ropo
Afiliado(s)SaiPa (Liiga)
CoresAzul, vermello, azul escuro e branco
                       
Na rede
https://kettera.net/
Facebook: Kettera1957 Twitter: ImatranKettera Instagram: imatrankettera Youtube: UCmkeSRM51THlVYxYYcOHTsg Editar o valor em Wikidata

Historia

O primeiro partido de hóckey sobre xeo de Carelia do Sur disputouse en Imatra o 7 de marzo de 1937 nun evento no que tamén se practicou patinaxe artística. Once anos despois, en 1948, chegou á cidade dende Hämeenlinna Pentti Saksanen, quen se converteu no profesor de educación física no Imatran lyseo. Ao mesmo tempo Saksanen levou á cidade un novo deporte de xeo, o bandy. En 1952 construíuse a primeira pista para hóckey sobre xeo.

O 11 de abril de 1957 Pentti Hytönen, Reino Ikävalko, Einari Hatakka e Toivo Nostolahti asinaron a acta d fundación do Ketterä, que ese mesmo ano comezou a competir na liga rexional baixo a dirección de Erkki Pörsti. O primeiro gol do equipo foi anotado por Olavi Sintonen.

Pavillón

    Artigo principal: Imatran jäähalli.
Imatran Ketterä 
Esterior do OmaSp Areena.

O Ketterä xoga os seus partidos como local no Imatran jäähalli, coñecido dende 2021 por motivos de patrocinio como OmaSp Areena logo de que o equipo asinara un contrato de catro anos con Oma Säästöpankki. O pavillón foi inaugurado en 2011 con capacidade para 1 200 persoas.

Os mellores rexistros de asistencia aos partidos do Ketterä foron na tempada 2017-18, cando o equipo debutou na Mestis e tivo unha entrada media de 943 persoas. Nas seguintes tempadas a afluencia de público estabilizouse nas 700 persoas, mentres que na tempada 2021-22 o número de asistentes reduciuse ata as 412 persoas.

Personalidades

Xogadores

Líderes históricos

Jari Lippojoki é o líder histórico indiscutible do equipo ao ser o xogador que máis partidos disputou coa camisola de Ketterä, o que máis goles anotou, o que máis asistencias repartiu e o xogador co mellor rexistro de puntos nas 15 tempadas que xogou no equipo de Imatra, que o convirten ademais no xogador que máis tempadas permaneceu no equipo, con tres máis que Matti Tiainen, segundo xogador que máis partidos e tempadas disputou con Ketterä.

Líderes históricos do Ketterä
Xogador Pos  PX  G   A  Pts
Jari Lippojoki D 580 271 315 586
Matti Tiainen F 355 158 179 337
Esa Takala D 305 62 98 160
Veli-Matti Heino F 302 159 207 366
Jose Pekkala F 299 176 296 472

Números retirados

Ao longo da súa historia, o Ketterä de Imatra retirou tres números en honor a outros tantos xogadores pola súa traxectoria destacada no equipo:

Adestradores do Ketterä
Nome Posición Carreira Ref.
9 Jose Pekkala C 1981-1985
1988-1993
10 Ole Renlund D 1966-1967
24 Jari Lippojoki D 1982-1997

Adestradores

Dende a súa fundación en 1957 pasaron polo Ketterä máis de trinta adestradores. O primeiro encargado de dirixir o equipo foi Erkki Pörsti, que ademais é o que máis tempo estivo no cargo xunto co que foi o segundo adestrador do equipo de Imatra, Ole Renlund, ambos cun total de oito tempadas cada un. Con todo, foi con Maso Lehtonen con quen o equipo acadou os seus maiores éxitos, os dous primeiros campionatos da Mestis (2019 e 2021), e dúas Suomen Cups (2018 ee 2019). A continuación todos os adestradores do Ketterä:

Adestradores do Ketterä
Nome Período
Erkki Pörsti 1957-65
Ole Renlund 1965-73
Pekka Myllylä 1973-74
Teuvo Myyryläinen 1974-76
Pertti Mustonen 1976-79
Heikki Juselius 1979-84
Jaakko Palsola 1984-85
Timo Mansikkamäki 1985-86
Gary Prior 1986-88
Kari Weckström 1988-90
Gary Prior 1990-91
Esko Purolahti 1991
Matti Kettunen 1991-93
Heikki Mälkiä 1993-95
Jorma Räisänen 1995-96
Jari Lifländer 1996
Kari Mäkitalo 1996-97
Esko Purolahti 1997-99
Jari Lifländer 1999-2002
Timo Ovaska 2002-03
Esa Puuska 2003-06
Jouko Viljakainen 2006-07
Kari Weckström 2007-10
Jussi Salo 2010-12
Juha Tynkkynen 2012
Sami Rossi 2012-13
Jarno Mensonen 2013-14
Jari Lifländer 2014-2015
Jarno Mensonen 2015-2017
Maso Lehtonen 2017-2021
Tuomo Ropo 2021-

Presidentes

Logo da fundación do equipo Reino Ikävalko foi nomeado como primeiro presidente do mesmo, posto no que permaneceu catro anos. A persoa que máis tempo presidiu o Ketterä foi Tuomo Männistö, entre o ano 2000 e o 2011. A continuación a lista completa cos máis de vinte presidentes da entidade de Imatra e o período no que a presidiron:

Presidentes do Ketterä
Nome Período
Reino Ikävalko 1957-61
Seppo Nenonen 1961-62
Ilmari Raunio 1962-63
Eino Repo 1963-65
Pekka Heino 1965-68
Yrjö Hämäläinen 1968-69
Seppo Soila 1969-71
Ossi Pihlman 1971-72
Martti Pitkänen 1972
Olli Jankola 1972-74
Niilo Katainen 1974-76
Heikki Ritvasalo 1976-78
Juhani Neimala 1978-81
Eero Laine 1981-83
Harri Kouvonkorpi 1983-84
Heikki Tanninen 1984-86
Markku Kälviäinen 1986-89
Jarmo Miettinen 1989-92
Tuomo Männistö 2000-11
Jarmo Johansson 2011-13
Mikko Partanen 2013-

Palmarés

Trofeos colectivos

  • A Mestis-pokaali (Copa Mestis) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e, polo tanto, campión da Mestis. É o trofeo principal da competición. O equipo gañou o trofeo tres veces: 2019, 2021, 2022
  • Campión: 2018, 2019, 2021

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Imatran Ketterä HistoriaImatran Ketterä PavillónImatran Ketterä PersonalidadesImatran Ketterä PalmarésImatran Ketterä NotasImatran Ketterä Véxase taménImatran Ketterä1957FinlandiaHóckey sobre xeoImatraMestis

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Idade de Bronce en GaliciaLua (linguaxe de programación)Fermin MuguruzaEscolas de Insiño GalegoUbaldo RuedaEva Iglesias MiguénsInternetLila comúnPaulino FernándezSistema operativoRoko (actriz)Ariadna Fernández GonzálezTristán UlloaMonte de VenusListenbourgOzzy OsbourneRondaRío MiñoParque Nacional das Illas AtlánticasEconomía de EspañaA ComarcaDía de San XurxoEduardo Blanco AmorHoliBerta DávilaUniversidade de Santiago de CompostelaProtocolo de transferencia de arquivosVichelocregoSonsoles EspinosaChantadaMaría Teresa PérezMarta SánchezCirrioCalendario gregorianoLucía VeigaCristiano Ronaldo633Os ÁnxelesPresidente de GabónCatedral de Santiago de CompostelaZorzaChinche das camasFillas de CassandraFentaniloEuropaLauren BacallXela AriasOurenseMiguel de CervantesAna BelénMasculino e feminino en galegoBelén do Campo PiñeiroFernando AramburuSegunda guerra mundialPrimeira República GalegaLista de siglas e acrónimosCarlos MeixideCarbohidratoBlanca RomeroXosé Luís BernalPepe CarreiroMontse DopicoVacaSamuel Eto'oJorge Sanz MirandaEva MejutoHernán CortésOs pronomes persoais galegosCopia por contactoJulio Alén Montes🡆 More