Illas Senkaku: Illas no mar da China Oriental

124°03′21″L / 25.79806, -124.05583As illas Senkaku (en xaponés: 尖閣諸島 | Senkaku-Shotō ou Diaoyutai; en chinés: 釣魚台及其附屬島嶼 釣魚台列島 Diàoyútái Lièdǎo) son un grupo de illas situadas no extremo occidental do arquipélago xaponés, que están en disputa entre o Xapón, a República Popular da China e a República da China (Taiwán) desde hai xa varias décadas.

Illas Senkaku: Illas no mar da China Oriental
Localización das illas Senkaku
Illas Senkaku: Illas no mar da China Oriental
As illas, Kitakojima (esquerda) e Minamikojima.

Historia

Xapón, logo de abolir e anexionarse en 1879 o Reino de Ryukyu (actaumente prefectura de Okinawa), exerceu máis influencia sobre os territorios con que limitada. De feito, despois da vitoria sobre a China na I Guerra Sino-Xaponesa nos anos 1894 e 1895, tomou posesión dos territorios da illa de Taiwán e dos seus arquipélagos adxacentes.

En 1895, Xapón tomou o control das illas Senkaku/Diaoyu alegando o principio do dereito internacional de terra nullius. Baixo a administración nipoa, desde 1895 a 1940, houbo alí unha fábrica de katsuobushi (bonito secado) e establecéronse preto de 200 residentes xaponeses nas illas. Co fin da segunda guerra mundial, as illas pasaron a estar baixo o control dos países aliados, nun tempo en que a China sostiña unha guerra civil. Os Estados Unidos administraron as illas e a súa Armada usou Kuba-jima e Taisho-jima como zonas de manobra militar. En 1971 descubriron a posibilidade de reservas de gas e petróleo e, a continuación, China e Taiwán comezaron a reivindicar o dominio do arquipélago. En 1972 o arquipélago de Okinawa foi devolto ao Xapón e, nese marco, os Estados Unidos cederon tamén ao Xapón a administración das illas Senkaku/Diaoyu.

En 1978, un grupo nacionalista xaponés construíu un faro en Uotsuri Jima, que o goberno nipón tomou baixo o seu control en 2005. Esta construción foi moi contestada polos gobernos de Taiwán e da China.

O día 7 de outubro de 1996, algúns manifestantes colocaron as bandeiras de Taiwán e da República Popular da China na illa principal, pero axiña foron evacuados polos xaponeses e as bandeiras foron retiradas.

En setembro de 2012, o goberno xaponés anunciou a compra, feita por cidadáns xaponeses, de tres das illas, o que provocou novamente reaccións por parte dos outros dous países. A Armada chinesa enviou dúas patrulleiras ata preto de 400 metros das illas, é dicir, dentro xa das augas de xurisdición nipoa. O Goberno anunciou que se preparesen para unha posible guerra.

Xeografía

  • Área de illa total: 7 km2.
  • Poboación: 0.
  • Coordenadas: 25° 58' - 25° 41' 45" N, 123° 27' 45" - 124° 41' 30" E

O arquipélago está formado por cinco illas volcánicas:

  • Uotsuri shima (魚釣島) ou Diaoyu Dao (釣魚島本島 ou 主島): 4,319 km2.
  • Kuba shima (久場島) ou Huangwei Yu (黃尾嶼 "Cola Amarela"): 1,08 km2.
  • Taishō-by (大正島) ou Chiwei Yu (赤尾嶼 "Cola Vermella").
  • Kita Kojima ou Beixiao Dao (北小島 "Illa do Norte").
  • Minami Kojima ou Nanxiao Dao (南小島 "Illote do Sur").

E tres penedos:

  • Okino Kitaiwa (沖ノ北岩 "Penedo Norte de Mar Aberto").
  • Okino Minamiiwa (沖ノ南岩 "Penedo Sur de Mar Aberto").
  • Tobise (飛瀬)

As illas están situadas a 140 km do illote Pengjia, de Taiwán, e a 170 km ao norte da illa de Ishigaki, do Xapón.

Illas Senkaku: Illas no mar da China Oriental 
Vista aérea de Diaoyu Dao ou Diaoyu Tai Jima Uotsuri.

Diaoyu Dao/Uotsuri Jima, a illa máis grande, ten un gran número de especies endémicas, como Mogera uchidai e as formigas Okinawa-kuro-oo-ari, pero estas especies están ameazadas por cabras domésticas introducidas na illa no ano 1978.

Notas

Tags:

ArquipélagoCoordenadas xeográficasIllaIlla de TaiwánLingua xaponesaMandarínOesteRepública Popular da ChinaRepública da ChinaXapón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Wayback MachineÑAníbal MalvarCopa do SarCaralloCharles MansonMasculino e feminino en galego1401Volta ao País Vasco 2018ApartheidConcellos de GaliciaContactTeixugoAdrián CastiñeirasArzúaEl tiempo entre costuras (serie de televisión)FranquismoAristocraciaOleirosAntas de UllaPedro RieloZamoraRobin WilliamsImperio españolCamilo José CelaCitroën 2CVAirbus A350Xosefina de BeauharnaisLareiraFunción trigonométricaDeputación da CoruñaBoyanka Kostova (grupo musical)Las Torres de CotillasO IrixoA.C. MilanHipotensiónMonforte de LemosColocación do pronome átono en galegoEstadio Municipal de RiazorNoite de San Xoán (Fonoteca 92)Santuario de Nosa Señora da PenedaXXX edición dos Premios GoyaEnsino superiorListenbourgRachel WeiszXestaTerceira InternacionalGramática da lingua franca novaEscáncerEminemMarcos PereiroEliseo SeoaneMarylandSílabaPosición do misioneiroLingua galegaUnión do Povo GalegoCreative CommonsVilanova dos Infantes, CelanovaEurocopa de FútbolPacto Molotov-RibbentropA esmorgaEivisaÁngel RodalAna BucetaAppleTalkCopa LibertadoresXosé Manuel PiñeiroStellantisSimón BolívarQuim BarreirosMelatoninaLiberal🡆 More