Igrexa Católica Armenia

A Igrexa católica armenia (en armenio: Հայ Կաթողիկէ Եկեղեցի, Hay Kat’oġikē Ekeġec’i) é unha Igrexa particular da Igrexa católica, que ten orixe nos diversos movementos de unión por partes da Igrexa apostólica armenia coa Igrexa católica.

A principal das unións tivo lugar en 1742, dando lugar ao patriarcado de Cilicia.

Igrexa católica armenia
Igrexa Católica Armenia
Historia
FundaciónSéculo I - Evanxelización dos armenios
1742 - Patriarcado de Cilicia
Separada deIgrexa apostólica armenia
Parte deIgrexa católica
Goberno
Tipo de gobernoEpiscopal
Patriarca de CiliciaRafael Pedro XXI
Outros datos
Sede centralLíbano

Ten presenza principalmente no Líbano, Irán, Iraq, Exipto, Siria, Turquía, Israel e Palestina, e noutros países onde hai diáspora armenia. Segundo datos do Annuario Pontificio, estímase o seu número de fieis en arredor de 740.000 (2015).

A súa sé está en Bzoummar, no Líbano. O primado é o patriarca de Cilicia Gregorio Pedro XX Kaproyean.

Historia

Cristianización dos armenios

    Artigo principal: Cristianismo en Armenia.

A tradición sostén que os primeiros evanxelizadores de Armenia foron os apóstolos Bertomeu e Tadeo, aínda que non está claro se o segundo é o apóstolo ou un dos setenta discípulos (Tadeo de Edesa). Bertomeu tería evanxelizado o norte do país, e Tadeo o sur.

Segundo a tradición, Tadeo viaxou inicialmente a Edesa, e de alí a Vaspurakan. Na súa evanxelización en Vaspurakan converteu a moita xente, entre eles á filla do rei Sanatruces, Sandukht. Isto motivou que o rei mandase matar a Tadeo e a Sandukht, quen segundo a tradición é a primeira mártir armenia. Pola súa parte, Bertomeu tería predicado en Syunik, e tamén tería finado como mártir. Da predicación destes xurdiron as primeiras comunidades cristiás entre os armenios. Inicialmente estas primeiras comunidades cristiás estaban en comuñón co resto de comunidades cristiás primitivas, e a armenia era unha igrexa misioneira da Igrexa de Cesarea.

No período entre a predicación dos apóstolos até comezos do século IV os cristiáns sufriron persecucións en Armenia.

En 301 o Reino de Armenia converteuse na primeira nación en adoptar o cristianismo como relixión oficial.

Separación do cristianismo calcedoniano

A Igrexa armenia aceptou as conclusións dos tres primeiros concilios ecuménicos (Nicea en 325, Constantinopla en 381, e Éfeso en 431). A separación comezou no concilio de Calcedonia de 451. Neste concilio, non participaron bispos armenios, e só acudiron cregos armenios do Imperio Bizantino. A non participación dos armenios en Calcedonia debeuse á rebelión dos armenios do Imperio Sasánida en 451, que levou á batalla de Avarayr. A rebelión tivo lugar ao tratar de impor Yazdegerd II a adherencia dos armenios ao zoroastrismo.

En Calcedonia proclamouse a seguinte definición cristolóxica sobre a natureza de Cristo:

Fillo único en dúas naturezas, sen confusión, sen cambio, sen división, sen separación. A diferenza de naturezas de ningún xeito queda suprimida pola súa unión, senón que quedan a salvo as propiedades de cada unha das naturezas e conflúen nun único suxeito e nunha única persoa.

Logo do concilio en Armenia, e até 491, non houbo discusións na Igrexa armenia sobre as conclusións do concilio. Os movementos anticalcedonianistas comezaron coa chegada de cregos monofisistas siríacos, e os armenios comezaron a manifestar reservas sobre Calcedonia. Non foi até 506, no concilio de Dvin, que a igrexa armenia comezou a tomar posicións mais anticalcedonianas: a doutrina de Calcedonia foi implicitamente rexeitada ao percibila como unha sorte de nestorianismo ou diofisismo, e foi aprovado o Henotikon de Zenón. A primeira condena clara veu no pontificado de Narsés II, na segunda asemblea de Dvin en 554, na que se condenou á Igrexa imperial como nestoriana. A separación formal, porén, non chegou até o terceiro concilio de Dvin, en 607, cando foi condenada a aceptación de Calcedonia polo catholicos Kirion I da Igrexa do Reino de Iberia. Este rexeitamento claro do concilio de Calcedonia non significou, porén, unha interrupción das comunicacións coas Igrexas calcedonianas, e durante moitos séculos os armenios calcedonianos e non calcedonianos conviviron nunha mesma Igrexa.

Movementos de unión e unións parciais

Logo de que a Igrexa apostólica armenia crebase a comuñón coas Igrexas calcedonianas no século V, producíronse ao longo dos séculos varios movementos de unión de bispos e fieis armenios cara a Igrexa católica.

Durante as cruzadas, a igrexa do reino armenio de Cilicia entrou en unión coa Igrexa católica.

A unión foi confirmada durante o Concilio de Florencia en 1439 coa bula Exultate Deo, e ampliada a toda a Igrexa armenia. Malia non perdurar, a partir de entón varias congregacións armenias aceptaron a unión e a autoridade papal.

Na China medieval, os armenios convertéronse ao catolicismo baixo a guía de Xoán de Montecorvino en Pequín, e houbo tamén unha comunidade franciscana armenia en Quanzhou.

En 1630 o arcebispo de Lviv dos armenios, Mikołaj Torosowicz, fixo unha profesión de fe católica, entrando xunto á súa arquidiocese en comuñón coa Igrexa católica. Dita unión foi confirmada pola Santa Sé o 8 de novembro.

A Igrexa católica armenia moderna

No Imperio Otomán, no que vivían a maioría dos armenios, as comunidades non musulmás se rexían polo sistema de millet. En 1461 o sultán Mehmed II levou ao bispo de Bursa Hovakim I a Constantinopla, co propósito de facelo cabeza dos armenios do imperio, converténdose Hovakim no primeiro patriarca armenio de Constantinopla, con autoridade sobre todos os armenios súbditos do imperio.

Deste xeito, aos armenios católicos se lles impedía ter o seu propio clero, templos, cultos, etc. Porén, o certo é que até este momento non había unha Igrexa católica armenia con xerarquía diferenciada, senón que na Igrexa armenia convivían os católicos e os apostólicos: había católicos armenios non só no Imperio Otomán, senón tamén en Persia, Crimea, Polonia, Transilvania e os territorios da Península Itálica.

Porén, dende finais do século XVII as relacións entre armenios católicos e apostólicos foron empeorando, o que culminou cando o sacerdote católico Gomidas Keumurdjian foi acusado de provocar disturbios ao propagar a unión con Roma, e foi executado en 1707 en Constantinopla.

En 1714 tivo lugar o primeiro intento de estabelecer unha xerarquía separada para os armenios católicos: unha asemblea de prelados e representantes católicos reunida en Constantinopla elixiu o bispo de Mardin Melkon Tazbazian, católico, como patriarca dos armenios católicos. Porén, os participantes foron arrestados, e Tazbazian foi condenado a galeras xunto a Abraham Arçiwean.

Unha vez liberado, e logo da morte de Lucas I, o 26 de novembro de 1740 Arçiwean foi elixido catholicos de Cilicia. A súa elección foi confirmada polo papa Bieito XIV, quen lle concedeu o palio e lle confirmou o título de Catholicos-Patriarca de Cilicia en novembro de 1742. As autoridades otomás negáronse a aceptar o estabelecemento dunha xerarquía diferenciada para os católicos armenios, polo que Arçiwean estabeleceu a sé patriarcal no Monte Líbano.

Posteriormente, en 1830 foi erixida a arquieparquía de Constantinopla, e inicialmente dependeron dela as dioceses de Angora, Artvin, Bursa, Erzurum, Trebisonda e Isfahán. O resto de dioceses dependían do patriarcado de Cilicia.

Esta situación anormal se prolongou até 1866, cando o arcebispo de Constantinopla Anton Hasownean foi elixido patriarca. A sé de Constantinopla foi entón unida á do patriarcado, o que se mantivo até 1928 cando o patriarcado foi movido novamente ao Líbano e a sé de Constantinopla foi restaurada como sé diferenciada.

A Igrexa armenia sufriu un forte impacto co xenocidio armenio, xa que a práctica totalidade das dioceses no territorio da actual Turquía quedaron sen case poboación, fuxindo os fieis a outros lugares do mundo.

Demografía

Segundo datos do Annuario Pontificio de 2015, os fieis católicos armenios dependentes de xurisdicións da súa propia igrexa son 736.956. Porén, estes números non contemplan a aqueles fieis que residen en lugares nos que non hai ningunha circunscrición católica armenia, como é o caso de España, ou que na diáspora non se teñen rexistrado en ningunha das xurisdicións existentes, polo que o número total é maior.

Dos rexistrados, a maioría (600.000) dependen do ordinariato de Europa Oriental, con sé en Gyumri (Armenia) e xurisdición sobre Armenia, Xeorxia, Rusia e Ucraína. O resto dos fieis rexistrados concéntranse no Líbano e Siria, América e Francia.

O caso do Líbano é particular: a mediados do século XIX a poboación de católicos armenios era de arredor de 10.000 fieis. Porén, atópanse moi mesturados cos católicos maronitas e empregan ademais do armenio o árabe na liturxia, polo que a diferenciación como grupo é menos clara hoxe.

Estrutura

Por mor do xenocidio armenio, a estrutura da Igrexa católica armenia variou moito: os masacres e os desprazamentos remataron coa práctica totalidade das dioceses armenias no territorio da actual Turquía. Antes do xenocidio, as dioceses católicas armenias eran as seguintes:

Xurisdicións da Igrexa católica armenia en 1914

Xurisdición Rango País Estabelecemento Supresión

Cilicia

Patriarcado

Igrexa Católica Armenia  Líbano

1740

Non

Alepo

Arquieparquía

Igrexa Católica Armenia  Siria

1710

Non

Constantinopla

Arquieparquía

Igrexa Católica Armenia  Turquía

1830

Non

Lviv

Arquieparquía

Igrexa Católica Armenia  Ucraína

1630

Non

Mardin

Arquieparquía

Igrexa Católica Armenia  Turquía

1708

1972

Sivas

Arquieparquía

Igrexa Católica Armenia  Turquía

1858

1972

Adana

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Turquía

1774

1972

Alexandría

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Exipto
Igrexa Católica Armenia  Sudán

1885

Non

Angora

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Turquía

1735

1972

Amida

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Turquía

1650

1972

Artvin

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Turquía

1850

1972

Bursa

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Turquía

1850

1972

Erzurum

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Turquía

1850

1972

Isfahán

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Irán

1850

Non

Kayseri

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Turquía

1850

1972

Kharput

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Turquía

1865

1972

Malatya

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Turquía

1861

1972

Marasc

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Turquía

1842

1972

Muş

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Turquía

1884

1972

Trebisonda

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Turquía

1850

1972

En 2020 a Igrexa católica armenia está estruturada nas seguintes sés:

Xurisdicións da Igrexa católica armenia

Xurisdición Rango País Estabelecemento Ordinario

Cilicia

Patriarcado

Igrexa Católica Armenia  Líbano

1740

Gregorio Pedro XX

Beirut

Arquieparquía

Igrexa Católica Armenia  Líbano

1929

Gregorio Pedro XX

Alepo

Arquieparquía

Igrexa Católica Armenia  Siria

1929

Petros Miriatean

Bagdad

Arquieparquía

Igrexa Católica Armenia  Iraq

1954

(Sé vacante)

Istambul

Arquieparquía

Igrexa Católica Armenia  Turquía

1830

Lévon Boghos Zékiyan

Lviv

Arquieparquía

Igrexa Católica Armenia  Ucraína

1630

(Sé vacante)

Alexandría

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Exipto
Igrexa Católica Armenia  Sudán

1885

Grigor-Ogostinos Gowsan

Isfahán

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Irán

1850

Sarkis Davidian

Qamişlo

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Siria

1954

(Sé vacante)

Nosa Señora de Narek en Glendale

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Estados Unidos
Igrexa Católica Armenia  Canadá

1981

Mikaël Antoine Mouradian

Santa Cruz de París

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Francia

1960

Elie Yéghia Yéghiayan

San Gregorio de Narek en Buenos Aires

Eparquía

Igrexa Católica Armenia  Arxentina

1989

Pablo León Hakimian

América Latina e México

Exarcado apostólico

Igrexa Católica Armenia  Brasil
Igrexa Católica Armenia  México
Igrexa Católica Armenia  Uruguai

1981

Pablo León Hakimian

Europa Oriental

Ordinariato

Igrexa Católica Armenia  Armenia
Igrexa Católica Armenia  Xeorxia
Igrexa Católica Armenia  Rusia
Igrexa Católica Armenia  Ucraína

1991

Raphaël François Minassian

Grecia

Ordinariato

Igrexa Católica Armenia  Grecia

1925

(Sé vacante)

Romanía

Ordinariato

Igrexa Católica Armenia  Romanía

1930

(Sé vacante)

Damasco

Exarcado patriarcal

Igrexa Católica Armenia  Siria

1984

Joseph Arnaouti

Xerusalén e Amán

Exarcado patriarcal

Igrexa Católica Armenia  Israel
Igrexa Católica Armenia  Xordania
Igrexa Católica Armenia  Palestina

1991

Nersès Joseph Zabbara

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Amadouni, Garabed (1978). L'Église arménienne et la catholicité. 
  • Aral, Guillaume (2017). Les Arméniens catholiques: étude historique, juridique et institutionnelle, XVIIe-XIX siècle; suivi de Les mythes de la christianisation de l'Arménie. Niza: Éditions de Nicéphore. ISBN 9782954526614. 
  • Sarkissian, Karekin (1965). The Council of Chalcedon and the Armenian Church. 
  • Vernier, Donat (1891). Histoire du Patriarcat arménien catholique. 

Ligazóns externas

Tags:

Igrexa Católica Armenia HistoriaIgrexa Católica Armenia DemografíaIgrexa Católica Armenia EstruturaIgrexa Católica Armenia NotasIgrexa Católica Armenia Véxase taménIgrexa Católica Armenia1742Igrexa Apostólica ArmeniaIgrexa católicaIgrexa particularLingua armeniaPatriarcado de Cilicia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ParísTECOR societarioSantiago de CompostelaAníbal MalvarLimoeiroAlejandro Mon Landa LandaProxyLesmaMarta DarribaCondónEmiratos Árabes UnidosFrancisco Vázquez VázquezProvincia de PontevedraCoalaProduto interior brutoLinguas indoeuropeasA Pobra do CaramiñalMito1917Lista de voces dos animaisFausto CercignaniTalía (musa)Mono (animal)Loxosceles reclusaEleccións municipais de 2015 en GaliciaFreixoPedro Barrié de la MazaMario de LangulloColin FirthCangasForxásNacionalidade históricaBidueiroSenén PousaFran AlonsoJimmy GaroppoloConcellos de GaliciaÁcido fólicoFernando AbreuJosé Pablo del Bado RivasBulgariaEscola Politécnica Superior de FerrolAutismoTomas DeLoreyJaime Fraiz FernándezCartas dos indios CamarõesLabirintos de pedra na Illa Bolshoi ZayatskyChatGPTMelgaçoToxo arnalNacho CastañoCasto Sampedro FolgarConverxencia Nacionalista GalegaKurdistánRaposoConsellería de Presidencia, Administracións Públicas e XustizaAlexandra Fernández GómezMullerFacebookA derradeira leición do mestreGalaicosFábrica Nacional de Moneda y TimbrePablo DíazLista de nomes femininos en galegoCristiano RonaldoEstípite (arquitectura)AgostoIlla de CretaGueixaTelevisión de GaliciaLeonardo da VinciLugo🡆 More