Iago Herrerín: Futbolista español

Iago Herrerín Buisán, nado en Bilbao o 25 de xaneiro de 1988, é un futbolista vasco de orixe galega, que xoga de porteiro no Valencia, da Primeira División.

Iago Herrerín
Iago Herrerín: Traxectoria, Notas, Véxase tamén
Información persoal
Nome Iago Herrerín Buisán
Nacemento 25 de xaneiro de 1988
Lugar de nacemento Bilbao
Altura 1,87 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Valencia
Número 1
Carreira xuvenil
2000–2002 Castro
2002–2003 Sestao
2003–2005 Danok Bat
2005–2006 Athletic Club
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2007 Basconia 8 (0)
2007Barakaldo (cedido) 18 (0)
2007–2010 Bilbao Athletic 87 (0)
2010–2012 Atlético de Madrid B 75 (1)
2012–2021 Athletic Club 56 (0)
2012–2013Numancia (cedido) 34 (0)
2016–2017Leganés (cedido) 21 (0)
2021–2022 Al Raed 13 (0)
2022– Valencia 0 (0)
Selección nacional
2019– País Vasco 2 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 7 de abril de 2023.
Selección: actualizado a 19 de abril de 2021.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Inicios en Cantabria e Biscaia

Naceu no Hospital de Basurto de Bilbao, de pai vigués, e criouse en Castro Urdiales desde os cinco anos. Nesta localidade cántabra comezou a formarse ata que en 2002 iniciou a súa formación en equipos de Biscaia. Primeiro pasou pola canteira do Sestao River e, tras unha tempada, entrou na canteira do Danok Bat bilbaíno, onde permaneceu dúas tempadas. En 2005 fichou polo equipo xuvenil do Athletic Club e, á tempada seguinte, ascendeu ao segundo filial do Athletic, o Basconia. No segundo filial estivo media tempada, disputando a outra metade de tempada no Barakaldo. O club cedeuno, en xaneiro de 2007, como parte do traspaso de Unai Alba ao Athletic Club. Na tempada 2007-08, subiu ao Bilbao Athletic. Na súa primeira tempada compartiu os minutos con Raúl Fernández, co que xa coincidira no Basconia e no xuvenil. Tras a marcha deste foi o porteiro titular do filial nas seguintes dúas tempadas, chegando a participar na pre tempada do primeiro equipo.

Atlético de Madrid B

En 2010 decidiu non renovar co Athletic, xa que non contaba coa confianza do adestrador Joaquín Caparrós. O técnico andaluz apostou pola volta de Raúl tras a retirada de Armando para ascender ao primeiro equipo. Finalmente decidiu aceptar a oferta que lle presentou José María Amorrortu para asinar polo Atlético de Madrid B, onde completou dúas tempadas como titular e algunha convocatoria co primeiro equipo. Mesmo, o 8 de xaneiro de 2011, foi capaz de marcar un gol ao Xetafe B cun disparo desde a súa portaría.

Cesión ao Numancia

En xullo de 2012 a dirección deportiva do Athletic Club, encabezada por Amorrortu, decidiu ofrecerlle un contrato de dúas tempadas para que regresase despois de non renovar o seu anterior contrato co club madrileño. Con todo, inmediatamente saíu cedido ao CD Numancia, onde foi titular por diante de Biel Ribas. En 2013, coa chegada de Ernesto Valverde, incorporouse definitivamente ao Athletic e foi Raúl o que marchou ao club soriano.

Athletic Club

O 23 de agosto de 2013, con Iraizoz lesionado, debutou como porteiro do Athletic Club nun triunfo contra Osasuna (2-0). O partido xogouse en Anoeta porque o novo estadio de San Mamés non estaba aínda dispoñible. Tamén foi titular no primeiro partido do novo estadio, disputado o 16 de setembro, ante o Celta de Vigo (3-2). Na súa primeira tempada, Ernesto Valverde apostou por darlle a titularidade na Copa e optou por Iraizoz para a liga. Na súa segunda tempada, ademais de na Copa, foi o elixido para disputar os partidos da Europa League. O 30 de maio xogou a final da Copa do Rei, onde, a pesar de render a gran nivel, acabou con derrota por 3-1 ante o FC Barcelona. A súa actuación en semifinais, ante o RCD Espanyol, fora decisiva para chegar á final. O 17 de agosto conseguiu o seu primeiro título, a Supercopa de España, aínda que non disputou ningún dos dous partidos. Finalizou a tempada 2015-16 disputando 24 partidos, 16 deles de Europa League. Foi un dos mellores xogadores do equipo durante toda a competición europea. Nos oitavos de final, ante o Valencia, realizou unha intervención decisiva a Paco Alcácer nos minutos finais. En cuartos de final, ante o Sevilla, foi elixido no once ideal da xornada, aínda que non puido deter ningún lanzamento na quenda de penaltis. Na tempada 2016-17, a competencia aumentou coa chegada de Kepa Arrizabalaga. Finalmente, foi elixido como titular na Europa League.

Cesión ao Leganés

O 30 de novembro anunciouse a súa cesión ao CD Leganés en substitución do lesionado Serantes. O 18 de decembro sufriu a súa primeira expulsión como profesional, contra a SD Eibar, cando impactou con Takashi Inui nun lance do xogo. O 4 de febreiro detivo o seu primeiro penalti en Primeira División, contra Antoine Griezmann, do Atlético de Madrid. Nos seis meses que permaneceu no equipo madrileño foi o titular indiscutible, por diante de Nereo Champagne e Alberto Brignoli, sendo unha paza importante para conseguir a permanencia.

Volta ao Athletic Club

Coa chegada de Ziganda ao banco, foi elixido para ser titular na Europa League 2017-18, onde tivo boas actuacións. O 16 de decembro xogou o seu primeiro derbi vasco contra a Real Sociedade por lesión de Kepa. O 10 de xaneiro anunciouse a súa renovación ata 2021, en boa parte, debido ás grandes actuacións que estaba asinando na Liga e na Europa League. O 19 de xaneiro detivo o seu primeiro penalti co equipo vasco, tras un disparo de Jorge Molina no coliseo Alfonso Pérez.

Un día despois da marcha de Kepa ao Chelsea, o 9 de agosto, sufriu unha lesión muscular no brazo dereito que lle impediu participar nos dous primeiros meses de competición. O 21 de outubro regresou á aliñación tras recuperarse da lesión, sendo decisivo no empate visitante ante o SD Eibar (1-1). Tras a destitución de Berizzo un mes despois, Garitano mantívoo no once por diante de Unai Simón. O 7 de xaneiro de 2019 asinou unha asistencia de gol, que completou Iñaki Williams, para darlle a vitoria ao equipo por 1 a 2 en Balaídos. O 3 de marzo, Rodrigo puxo fin á súa racha de 363 minutos sen encaixar ningún gol. O 16 de marzo xogou o seu centésimo partido como porteiro do equipo bilbaíno na vitoria ante o Atlético de Madrid (2-0). Na tempada 2019/20 perdeu a titularidade fronte a Unai Simón, que se converteu no primeiro porteiro do equipo a partir de entón. Disputou o seu último partido co club vasco o 19 de xullo de 2020, contra o Granada no Nuevo Los Cármenes, e non dispuxo de ningún minuto na campaña seguinte.

Al Raed

No verán de 2021, despois de acabar o seu contrato co Athletic, fichou polo Al Raed FC, da Liga Profesional Saudita, co que disputou 13 partidos de liga. En xuño de 2022 chegou a un acordo co club para a rescisión do seu contrato.

Valencia

En setembro de 2022 asinou contrato co Valencia, club que viña de perder a un dos seus porteiros, Jaume Doménech, por mor dunha lesión de longa duración.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Iago Herrerín TraxectoriaIago Herrerín NotasIago Herrerín Véxase taménIago Herrerín198825 de xaneiroBilbaoFútbolPobo galegoPobo vascoPorteiroPrimeira división española de fútbolValencia Club de Fútbol

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Incubación dos ovosÁcido graxo esencialParque nacionalCONCACAFRakel WinchesterShirley ChisholmA CoruñaPericarditeAnfipáticoMax VerstappenNoitevellaAnte GotovinaTetrabucleEdicto de MilánEdward R. Murrow1869Sydney SweeneyBenito KamelasCirrio comúnBloque Nacionalista GalegoA lei de Lidia PoëtFinancial TimesRepública Krajina de SerbiaEtiopíaFernando Salgado VarelaAeroporto de Beauvais-TilléBatoideaEdimburgoGalileo GalileiLista de episodios de DoraemonEspañaDía Internacional dos TraballadoresMilloAlbatros viaxeiroLista de vehículos de Mercedes-BenzSanta Lucía, CaribeBacteria gramnegativaComunicación celular2019Dryophytes versicolorA Dictionary of Greek and Roman AntiquitiesAmeixónCitharus linguatulaLipoproteína de baixa densidadeCarmen Rodríguez DacostaFundación WikimediaDactiliaHindemburg Melão Jr.Lingua coreanaOriente MedioO Canon da MedicinaGetty Thesaurus of Geographic Names1789Cristianismo e homosexualidadeAntilope cervicapraCisma de OccidentePiñeiroLewis HamiltonChamaeleo chamaeleonIllas Virxes EstadounidensesLingua sánscritaRetrato de Adele Bloch-Bauer IAntonio BanderasContactÁcido isovaléricoDedativoBolboreta da colOscar RobertsonAntigo ExiptoWorld Trade Center (1973–2001)Reconquista de VigoBreixoAeroporto de Hangzhou-XiaoshanPobo galegoKevin Magnussen🡆 More