Harry Potter and the Philosopher's Stone é un videoxogo de acción e aventuras multiplataforma de Electronic Arts desenvolvido por KnowWonder, Warthog, Griptonite, Argonaut, Eurocom e Westlake Interactive.
Inicialmente, a pedra filosofal fora desenvolvido para PlayStation, PC, Game Boy Color, Advance e Macintosh, e logo foi refeito dous anos despois para PlayStation 2, Xbox e Nintendo GameCube.
Harry Potter and the Philosopher's Stone | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | KnowWonder (PC) Argonaut (PS) |
Distribuidora(s) | Electronic Arts |
Produtor(es) | EA Games |
Compositor(es) | Jeremy Soule |
Motor | Unreal Engine 1 |
Lanzamento | 15 de novembro de 2001 |
Xénero | Aventuras Acción |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | PEGI USK |
Plataforma(s) | PC, PlayStation, Game Boy Color, Game Boy Advance, MAC, Nintendo GameCube, PlayStation 2, Xbox |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A primeira versión do xogo lanzouse á venda o 15 de novembro de 2001 en Norte América; en Australia e Europa estivo dispoñible a partir do 16 de novembro e no Xapón o 1 de decembro de 2003. A segunda versión viu a luz o 9 de decembro de 2003 en Norte América, no Xapón o 11 de decembro e en Australia e Europa o 12 de decembro.
O videoxogo baséase en Harry Potter e a pedra filosofal, a primeira novela da serie Harry Potter de J. K. Rowling. A historia presenta a Harry Potter, un neno que descobre que é meigo o día do seu undécimo aniversario e acode á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería para comezar a súa educación máxica. A maioría das críticas foron negativas. Os críticos destacaron a sinxeleza das probas e os pobres gráficos das versións de 2003.
O modo de xogo de Harry Potter and the Philosopher's Stone é desde unha perspectiva de terceira persoa. O xogador controla a Harry Potter desde un punto de vista situado tras o personaxe.
Nas versións para PC e PlayStation, o videoxogo é semellante a un xogo de disparos de terceira persoa un xogo de crebacabezas. Inclúe combates con varias criaturas e xefes como Lord Voldemort. Ao longo da historia vanse aprendendo diversos esconxuros nas clases que poderán empregarse con inimigos e obxectos.
Warthog Games fixo un novo xogo de 'Harry Potter and the Philosopher's Stone para as consolas máis novas en 2003, un par de anos despois das versións orixinais. O seu modo de xogo difire moito do resto de versións e recibiu críticas por tomar todos os esconxuros do videoxogo d’a Cámara dos Segredos.
O xogo para a Game Boy Color é similar a outros como Final Fantasy. O xogador controla a Harry, comezando con Hagrid levándoo ata a Travesa Diagon. Os esconxuros empréganse para os combates, no canto de servir para interactuar tamén coa contorna.
O videoxogo para a Game Boy Advance é completamente diferente có da Game Boy Color. O xogo da Game Boy Advance é de crebacabezas. O xogador explora Hogwarts e debe asistir ás clases, que a miúdo inclúen un desafío de recoller certo número de elementos. O xogo inclúe monstros habituais doutros xogos da serie, como caracois e gnomos.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Harry Potter and the Philosopher's Stone (videoxogo), which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.