Gran Premio De Mónaco De 1995

O Gran Premio de Mónaco de 1995 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 28 de maio de 1995 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco.

Foi a quinta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1995, disputada sobre 78 voltas, e gañouna Michael Schumacher co equipo Benetton logo de saír desde a segunda posición na pole. Damon Hill terminou en segundo lugar con Williams logo de comezar na pole position e liderar as primeiras 23 voltas da carreira, por diante de Gerhard Berger con Ferrari. O resto de posicións nos puntos foron ocupados por Johnny Herbert no segundo Benetton, Mark Blundell (McLaren) e Heinz-Harald Frentzen (Sauber). A vitoria de Schumacher foi a terceira da tempada, tamén foi a primeira vitoria de Renault no Gran Premio de Mónaco, como provedor de motores de Benetton. Schumacher gañou a carreira con comodidade, con máis de 30 segundos por diante de Hill. En total, dezaseis dos 26 participantes non puideron terminar, incluíndo os dous pilotos do equipo Simtek, que posteriormente quedou sen diñeiro e retirouse do campionato antes do Gran Premio do Canadá. A carreira estivo marcada por un accidente na primeira curva da primeira volta que involucrou a Coulthard, Alesi e Berger, o que provocou o bloqueo da pista e como resultado a carreira tivo que reiniciarse.

Gran Premio De Mónaco De 1995 Gran Premio de Mónaco de 1995
Detalles da carreira
Carreira 5 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1995.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Data 28 de maio de 1995
Nome oficial LIII Gran Premio de Mónaco
Localización Circuíto de Mónaco
Monte Carlo, Principado de Mónaco
Percorrido Circuíto urbano
3´328 km
Distancia 78 voltas, 259´584 km
ClimaCálido e solleiro
Pole position
Piloto Gran Premio De Mónaco De 1995 Damon Hill Williams-Renault
Tempo 1:21.952
Volta rápida
Piloto Francia Jean Alesi Ferrari
Tempo 1:24.621 na volta 36
Podio
Primeiro Alemaña Michael Schumacher Benetton-Renault
Segundo Gran Premio De Mónaco De 1995 Damon Hill Williams-Renault
Terceiro Austria Gerhard Berger Ferrari

Carreira

Na mañá do domingo, antes da carreira celebrouse unha sesión de arrequecemento as 9:30 hora local, e durou 30 minutos. Como era tradicional en Mónaco, a carreira comezou relativamente tarde, as 15:30, o que permitia ao Príncipe Rainiero e a súa familia xantar antes de ver a carreira desde o palco real no inicio recta de meta. A carreira levouse a cabo en condicións cálidas e asolladas, cunha temperatura ambiente de 23 °C, e foi vista por un total de aproximadamente 48.000 espectadores.

Cando a luz verde marcou o inicio da carreira, Hill e Schumacher, lideraban ao chegar a Santa Devota, pero detrás deles unha colisión múltiple entre Coulthard e os dous Ferrari provocou que se sacase a bandeira vermella e a carreira fose detida. Coulthard foi lixeiramente máis lento na liña de saída e foi adiantado polo exterior na primeira curva por Berger, e polo interior por Alesi. A medida que a pista estreitabase á entrada de Santa Devota, non había espazo suficiente para que os tres coches pasaran en paralelo, e Alesi contactou co lado traseiro dereito do coche de Coulthard, que á súa vez tocou a Berger. O Williams saíu polo aire e virou 180 graos antes de estrelarse de novo e quedando no vértice da curva coa suspensión rota, mentres que os dous danados Ferrari tamén chocaron entre si antes de acabar no mesmo punto. A maioría dos pilotos perseguidores, liderados por Brundle, abríronse paso a través dos vehículos danados, pero Irvine golpeou o seu alerón dianteiro, Boullion rompeu un difusor, e Katayama, Salo, Morbidelli, Inoue e Schiattarella víronse obrigados a parar, xa que non podían pasar. Coa pista completamente bloqueada, a carreira detívose e fixéronse os preparativos de inmediato para unha nova saída.

Os coches de Coulthard, Berger e Alesi resultaron danados sen posibilidade de reparación inmediata, os tres veronse obrigados a competir cos coches de reposto, reivindicando a práctica habitual de Ferrari en Mónaco de ter un vehículo adicional para cada piloto. O coche de reposto de Berger, fora equipado cun motor que non tiña tanta potencia como o seu coche de carreiras ou o coche de reposto Alesi, mentres que o acelerador do coche de Coulthard non quedou totalmente calibrado, no afán de preparalo para o reinicio da carreira. O Jordan de Irvine e o Sauber de Boullion foron reparados, e os demais pilotos atascados na primeira curva foron capaces de reiniciar a carreira cos seus coches, agás Salo e Schiattarella: Salo co seu motor Yamaha recalentado no atasco, tivo que saír na continuación desde a rúa de boxes no Tyrrell de reposto e o Simtek de Schiattarella foi danado polos comisarios ao intentar movelo da escena do accidente. O equipo carecía dun coche de reserva, polo que Schiattarella non puido tomar parte na carreira, e a participación de Simtek na carreira terminou, sen que ningún dos coches de carreiras completara unha volta, xa que o coche de Verstappen, sufriu de novo un problema co cambio e foi empuxado ao pit-lane, cando o resto estaban a facer a segunda volta de formación.

Na continuación, Hill e Schumacher mantiveron as súas posicións, mentres que Coulthard adiantaba aos Ferraris en Santa Devota, con Alesi diante de Berger. A medida que os pilotos completaron a primeira volta, Hill adiantaba por 0´5 segundos a Schumacher, que era seguido á súa vez por Coulthard, Alesi, Berger, Herbert, Häkkinen, Irvine, Brundle, Barrichello, Blundell, Panis, Frentzen, Badoer, Morbidelli, Katayama, Martini, Boullion, Gachot, Moreno, Montermini, Salo, Diniz e Inoue. Nas primeiras voltas, Hill logrou aos poucos unha vantaxe de case dous segundos de vantaxe sobre Schumacher na volta 10, cos dous afastandose a par de Coulthard, que nese momento marchaba oito segundos por detrás do Benetton Nesta etapa xa se produciran dous abandonos: o motor Mercedes de Hakkinen fallou debido a un problema coa bomba de combustible na novena volta da carreira, e Moreno, trompeou en Santa Devota, cando unha fuga de líquido de freos fíxolle perder o control do seu Forti unha volta máis tarde. Morbidelli tivo que facer unha parada non programada para reparar unha grave vibración do pneumático causada por unha sección de corda de amarre dunha manta de arrequecemento das lamias que se atascou nunha das súas rodas traseiras, quedando relegado á última posición.

Esta foi a terceira carreira en que se usaron sensores electrónicos para o seguimento de que ningún coche anticiparase na saída, e nesta carreira, seis pilotos (Barrichello, Brundle, Montermini, Frentzen, Morbidelli e Panis), foron penalizados cun Stop and go de dez segundos, por esta falta. Todos, agás Montermini entraron con prontitude para cumprir a penalización, algúns ata formaron unha cola na zona de penaización, pero o piloto de Pacífic non puido entrar dentro do prazo estipulado de tres voltas desde o aviso, polo que foi descualificado da carreira, logo de subir ao 17º lugar antes de cumprir a súa pena de forma tardía. Os pilotos sancionados caeron na clasificación como resultado do tempo perdido, polo que logo de 16 voltas completadas, a orde de carreira era: Hill, Schumacher, Coulthard, Alesi, Berger, Herbert, Irvine, Blundell, Badoer, Katayama, Brundle, Martini, Barrichello, Panis, Frentzen, Boullion, Salo, Montermini (aínda, sen cumprir a súa pena), Gachot, Inoue, Diniz e Morbidelli.

Clasificación

Cualificación

Pos Piloto Construtor Tempo Q1 Tempo Q2 Diferenza
1 5 Gran Premio De Mónaco De 1995  Damon Hill Williams-Renault 1:24.659 1:21.952
2 1 Gran Premio De Mónaco De 1995  Michael Schumacher Benetton-Renault 1:24.146 1:22.742 +0.790
3 6 Gran Premio De Mónaco De 1995  David Coulthard Williams-Renault 1:26.556 1:23.109 +1.157
4 28 Gran Premio De Mónaco De 1995  Gerhard Berger Ferrari 1:24.509 1:23.220 +1.268
5 27 Gran Premio De Mónaco De 1995  Jean Alesi Ferrari 1:23.754 1:24.023 +1.802
6 8 Gran Premio De Mónaco De 1995  Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:24.831 1:23.857 +1.905
7 2 Gran Premio De Mónaco De 1995  Johnny Herbert Benetton-Renault 1:25.623 1:23.885 +1.933
8 25 Gran Premio De Mónaco De 1995  Martin Brundle Ligier-Mugen-Honda 1:26.457 1:24.447 +2.495
9 15 Gran Premio De Mónaco De 1995  Eddie Irvine Jordan-Peugeot 1:26.447 1:24.857 +2.905
10 7 Gran Premio De Mónaco De 1995  Mark Blundell McLaren-Mercedes 1:26.017 1:24.933 +2.981
11 14 Gran Premio De Mónaco De 1995  Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 1:26.787 1:25.081 +3.129
12 26 Gran Premio De Mónaco De 1995  Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 1:26.579 1:25.125 +3.173
13 9 Gran Premio De Mónaco De 1995  Gianni Morbidelli Footwork-Hart 1:26.828 1:25.447 +3.495
14 30 Gran Premio De Mónaco De 1995  Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 1:25.661 sen tempo +3.709
15 3 Gran Premio De Mónaco De 1995  Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:28.439 1:25.808 +3.856
16 24 Gran Premio De Mónaco De 1995  Luca Badoer Minardi-Ford 1:27.615 1:25.969 +4.017
17 4 Gran Premio De Mónaco De 1995  Mika Salo Tyrrell-Yamaha 1:28.123 1:26.473 +4.521
18 23 Gran Premio De Mónaco De 1995  Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:27.714 1:26.913 +4.961
19 29 Gran Premio De Mónaco De 1995  Jean-Christophe Boullion Sauber-Ford 1:30.014 1:27.145 +5.193
20 11 Gran Premio De Mónaco De 1995  Domenico Schiattarella Simtek-Ford 1:29.439 1:28.337 +6.385
21 16 Gran Premio De Mónaco De 1995  Bertrand Gachot Pacific-Ford 13:33.570 1:29.039 +7.087
22 21 Gran Premio De Mónaco De 1995  Pedro Diniz Forti-Ford 1:34.963 1:29.244 +7.292
23 12 Gran Premio De Mónaco De 1995  Jos Verstappen Simtek-Ford 1:29.391 1:30.015 +7.439
24 22 Gran Premio De Mónaco De 1995  Roberto Moreno Forti-Ford 1:30.461 1:29.608 +7.656
25 17 Gran Premio De Mónaco De 1995  Andrea Montermini Pacific-Ford 1:30.149 sen tempo +8.197
26 10 Gran Premio De Mónaco De 1995  Taki Inoue Footwork-Hart 1:31.542 sen tempo +9.590
Fonte: O tempo en negra indica o máis rápido dos dous que determinaron a orde da grella.

Carreira

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Gran Premio De Mónaco De 1995  Michael Schumacher Benetton-Renault 78 1:53:11.258 2 10
2 5 Gran Premio De Mónaco De 1995  Damon Hill Williams-Renault 78 +34.817 1 6
3 28 Gran Premio De Mónaco De 1995  Gerhard Berger Ferrari 78 +1:11.447 4 4
4 2 Gran Premio De Mónaco De 1995  Johnny Herbert Benetton-Renault 77 +1 volta 7 3
5 7 Gran Premio De Mónaco De 1995  Mark Blundell McLaren-Mercedes 77 +1 volta 10 2
6 30 Gran Premio De Mónaco De 1995  Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 76 +2 voltas 14 1
7 23 Gran Premio De Mónaco De 1995  Pierluigi Martini Minardi-Ford 76 +2 voltas 18
8 29 Gran Premio De Mónaco De 1995  Jean-Christophe Boullion Sauber-Ford 74 Trompo 19
9 9 Gran Premio De Mónaco De 1995  Gianni Morbidelli Footwork-Hart 74 +4 voltas 13
10 21 Gran Premio De Mónaco De 1995  Pedro Diniz Forti-Ford 72 +6 voltas 22
Ret 24 Gran Premio De Mónaco De 1995  Luca Badoer Minardi-Ford 68 Suspensión 16
Ret 26 Gran Premio De Mónaco De 1995  Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 65 Trompo 12
Ret 4 Gran Premio De Mónaco De 1995  Mika Salo Tyrrell-Yamaha 63 Caixa de cambios 17
Ret 14 Gran Premio De Mónaco De 1995  Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 60 Acelerador 11
Ret 16 Gran Premio De Mónaco De 1995  Bertrand Gachot Pacific-Ford 42 Caixa de cambios 21
Ret 27 Gran Premio De Mónaco De 1995  Jean Alesi Ferrari 41 Trompo 5
Ret 25 Gran Premio De Mónaco De 1995  Martin Brundle Ligier-Mugen-Honda 40 Trompo 8
Ret 10 Gran Premio De Mónaco De 1995  Taki Inoue Footwork-Hart 27 Caixa de cambios 26
Ret 3 Gran Premio De Mónaco De 1995  Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 26 Trompo 15
DSC 17 Gran Premio De Mónaco De 1995  Andrea Montermini Pacific-Ford 23 Descualificado 25
Ret 15 Gran Premio De Mónaco De 1995  Eddie Irvine Jordan-Peugeot 22 Trompo 9
Ret 6 Gran Premio De Mónaco De 1995  David Coulthard Williams-Renault 16 Caixa de cambios 3
Ret 22 Gran Premio De Mónaco De 1995  Roberto Moreno Forti-Ford 9 Freos 24
Ret 8 Gran Premio De Mónaco De 1995  Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 8 Motor 6
NTS 12 Gran Premio De Mónaco De 1995  Jos Verstappen Simtek-Ford 0 Caixa dee cambios 23
NTS 11 Gran Premio De Mónaco De 1995  Domenico Schiattarella Simtek-Ford 0 Danos 20
Fonte:

Posicións logo da carreira

  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de España de 1995
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1995
Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 1995
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1994
Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1996

7°25′14″L / 43.73472, -7.42056

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Gran Premio De Mónaco De 1995 CarreiraGran Premio De Mónaco De 1995 ClasificaciónGran Premio De Mónaco De 1995 Posicións logo da carreiraGran Premio De Mónaco De 1995 NotasGran Premio De Mónaco De 1995 Véxase taménGran Premio De Mónaco De 1995Benetton FormulaCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1995Circuíto de MónacoDamon HillFórmula UnGerhard BergerGran Premio de MónacoHeinz-Harald FrentzenJohnny HerbertMcLarenMichael SchumacherMonte CarloMónacoPole positionRenault F1Sauber F1Scuderia FerrariSimtekWilliamsF1

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pablo Iglesias TurriónRochi NóvoaManuel RomayO val escuroLingua inglesaO Vintecatro, Oeste, CatoiraComarca de Valdeorras30 de abrilSunnismoNiñodaguia, Niñodaguia, BaltarGúgolLeonardo da VinciEstadio Municipal da MalataCaja MágicaEra ComposteláTalavera de la ReinaMoinantePortadaDe NinghuresAntónio de Oliveira SalazarLalínLista de palabras galegas de orixe celtaPeter FondaImperio IncaAna PeleteiroManuel Leiras PulpeiroRafael LouzánManuel TurizoGoogleSindicatoOs pronomes persoais galegosXoán XardónIgnacio VarelaAlegoríaParadigmas dos verbos irregulares galegosFlora invasora de GaliciaCarballoCangas, Cangas, CangasRafael NadalFragas do EumeMartin Luther KingCarlos SoberaJosé María AznarBandeira de GaliciaLionel MessiAnthony AndersonRobert LewandowskiErros e TánatosZíngaroLista de episodios de Shin ChanJavier GutiérrezVillarrobledoVox populiVilalbaPaísA poeta analfabetaXoán Carlos Domínguez AlberteLuísa VillaltaBiscaiaMasturbaciónMaría JamardoXabier DíazPaulino PereiroYouTubeMuralla de LugoSergio RamosJorge ArmestoADP-ribosilaciónBrieva, ÁvilaPosicións sexuaisMatias VarelaAntas de UllaTRianxoEva MejutoTesouro de BaltimoreÍñigo AlfonsoA Sexta AngustiaO Pedrouzo, Arca, O Pino🡆 More