Godfrey Harold Hardy , nado en Cranleigh, Surrey, o 7 de febreiro de 1877 e finado en Cambridge o 1 de decembro de 1947 foi un matemático británico tamén coñecido como G.
H. Hardy que formulou a desigualdade que leva o seu nome. Foi o principal valedor en Gran Bretaña e director de tese do matemático autodidacta indio Ramanujan (1887-1920), coñecido por algunhas das súas asombrosas fórmulas.
Godfrey Hardy naceu en Cranleigh, Surrey, Inglaterra. Os seus pais, ambos mestres de escola, tiñan inclinación polas matemáticas.
A inclinación natural de Hardy cara ás matemáticas fíxose presente moi cedo. Cando tiña dous anos escribía números superiores a dous millóns, e púñase a proba a si mesmo factorizando os números dos himnos na Igrexa.
Tras ir á escola en Cranleigh, Hardy entrou no Winchester College. En 1896, pasou ao Trinity College (Cambridge). Ocupou a cátedra Sadleirian desde 1931 até 1942; deixara Cambridge en 1919 para facerse cargo da cátedra de xeometría Savilian en Oxford.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Godfrey Harold Hardy, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.