Fricción

A fricción ou rozamento é unha forza natural que actúa cando un obxecto está en contacto con outro e sofre a acción dunha forza que intenta movelo.

A forza de fricción está causada polo contacto dos dous corpos ou do corpo en movemento co medio en que se move. A ciencia que estuda a fricción é a triboloxía.

Fricción
A fricción resulta da interacción entre dous corpos

Descrición

Fricción 
Forza normal

A fricción cunha superficie depende da forza normal entre o obxecto e a superficie; cuanto maior for a forza normal maior será a fricción. Pasar un dedo pola superficie dunha mesa pode ser usado como exemplo práctico: se se preme con forza o dedo, a fricción aumenta e o dedo para.

Aínda que se opoñan ó sentido de deslizamento entre as superficies de contacto, todas as formas de transporte que se desprazan sobre rodas non poderían moverse sen a fricción: é a fricción entre as rodas e o solo o que permite que as rodas se agarren ao solo, producindo movemento polo cambio de forzas. Así, a forza de fricción pode asumir características de forza motora, cando a súa acción proporciona o movemento de translación do corpo en relación á superficie.

Pode parecer estraño afirmar que non é precisa ningunha forza para manter un corpo en movemento, cando un avión se despraza a unha velocidade constante utilizando os seus poderosos motores. A razón é que a forza dos motores que impelen o avión cara a adiante é igualada pola fricción co aire a través do cal se move o avión; as dúas forzas equilíbranse de tal modo que ningunha actúa sobre o avión e este, polo tanto, continúa movéndose cunha velocidade constante.

Coeficiente de fricción

Demostra o grao de rugosidade entre dous corpos. Trátase dun concepto adimensional, ou sexa, non presenta unidade. Pode ser clasificada en dinámica ou estática, de acordo coa situación que se encontra o sistema:

  • Coeficiente de fricción dinámica: presente a partir do momento en que o corpo efectúa o desprazamento. Representado por Fricción .
  • Coeficiente de fricción estática: presente cando o corpo se encontra na inminencia do movemento, ou sexa, no principio da actuación da forza externa. Para efecto de diferenciación, é representado por Fricción .

A asociación dos módulos de cada un implica que o coeficiente de fricción dinámica será menor ou igual ao coeficiente de fricción estática:

    Fricción 

Fricción dinámica

Chámase forza de fricción dinámica á forza que xorde entre as superficies que presentan movemento relativo. A forza de fricción dinámica oponse a este deslizamento entre as superficies, non necesariamente oposta ao movemento do corpo. Por exemplo: cando unha caixa está deslizando sobre unha superficie horizontal para a dereita, a forza de fricción dinámica estará aplicada na superficie de contacto da caixa e a superficie de apoio paralelamente á superficie e apuntando para a esquerda.

Outro exemplo é cando un coche se está movendo nunha estrada e decide frear bruscamente, de modo que as rodas son trabadas. O carro parará por causa da forza de fricción, que actúa entre os pneumáticos e o solo. No caso dun home empurrando unha caixa débese considerar que se a caixa está en repouso mentres o home aplica a forza, a forza de fricción entre a caixa e o plano de apoio será de fricción estática sendo contraria ao deslizamento da caixa cara a adiante; para os pés do home, a forza de fricción estará actuando no sentido de impedir o deslizamento dos pés cara a atrás. Neste caso a forza de fricción estática está apuntando cara a adiante.

No caso de que a caixa estea deslizando, a forza de fricción entre a caixa e o plano será dinámica e estará opoñéndose ao deslizamento, que nese caso coincide coa oposición ao movemento da caixa. Para o caso dos pés do home, considerando que mesmo empurrando a caixa non haxa deslizamento en relación á superficie, a forza de fricción continúa sendo de carácter estático e nese caso estará apuntando cara a adiante, ou sexa, opoñéndose ao deslizamento dos pés e consecuentemente favorábel ao movemento da caixa. Esa forza de fricción pode ser calculada pola seguinte expresión:

  • Fricción onde Fricción , medida en Newtons, Fricción  é o coeficiente de atrito dinámico e Fricción  a forza que é normal á dirección do movemento (no caso de estar o corpo nun plano horizontal, ten a mesma intensidade do peso do corpo, ou sexa, Fricción , onde Fricción  é a masa do obxecto e Fricción  é a aceleración do campo gravitacional no local).

Fricción estática

Chamamos forza de fricción estática a forza que se opón a deslizamento entre as superficies. Como exemplo, podemos citar o deslizamento dunha caixa sobre unha superficie ou tamén a fricción entre o pneumático dun coche cando este non está se movendo sobre a superficie.

Cando se intenta empurrar unha caixa en repouso en relación ao solo, nótase que dependendo da forza que é aplicada sobre a caixa, esta non sae do lugar. Así, pódese concluír que hai unha forza que actúa contra o movemento. É a denominada forza de fricción estática.

Ora, para mover a caixa, se for feita unha forza igual á fricción dinámica, a caixa non se moverá, pois as forzas anularanse. Entón, conclúese con iso que a forza de fricción estática é maior que a de fricción dinámica. Porén, na maioría dos casos, os seus valores son tan próximos que podemos consideralas aproximadamente iguais.

  • Fricción  (análogo á fricción dinámica)

Enerxía disipada

Ao mover un obxecto en contacto cunha superficie, a enerxía disipada en forma de calor é:

    Fricción 
        onde
          N é a forza normal,
          μd, o coeficiente de atrito dinámico,
          x, o eixo no que se move o corpo.

Valores dos coeficientes de fricción:

Coeficientes de fricción dalgunhas substancias
Materiais en contacto Estática μd Dinámica μd
Xeo // Xeo 0,1 0,03
Vidro // Vidro 0,9 0,4
Vidro // Madeira 0,2 0,25
Madeira // Coiro 0,4 0,3
Madeira // Pedra 0,7 0,3
Madeira // Madeira 0,4 0,3
Aceiro // Aceiro 0,74 0,57
Aceiro // Xeo 0,03 0,02
Aceiro // Latón 0,5 0,4
Aceiro // Teflón 0,04 0,04
Teflón // Teflón 0,04 0,04
Caucho // Cemento (seco) 1,0 0,8
Caucho // Cemento (húmido) 0,3 0,25
Cobre // Ferro (fundido) 1,1 0,3
Esquí (encerado) // Neve (0 °C) 0,1 0,05
Articulacións humanas 0,02 0,003

Algúns casos de fricción

Tapón de champaña

Neste exemplo, para acharmos a forza que a fricción exerce no tapón sobre a boca da botella de vidro cando se tenta practicar a extracción da rolla, precisamos antes achar a área de contacto entre o tapón e a boca. Despois de obtermos este dato por contas matemáticas (superficie interna dun cilindro), é preciso achar tamén a presión exercida polo tapón na boca. A presión do tapón actúa como a forza normal na área de contacto, e, sabendo esas dúas informacións e posuíndo os coeficientes de fricción, basta utilizar a fórmula anterior para obter a forza de fricción cando se tenta abrir a botella.

Fricción no plano inclinado

Hai aquí unha particularidade: cando un corpo está sobre un plano inclinado e baixo a acción exclusiva da gravidade, a intensidade da forza normal que se utiliza para calcular a forza de fricción corresponde á compoñente perpendicular ao plano de contacto, que pode ser calculada segundo a expresión:

    Fricción , onde Fricción  é o ángulo de inclinación en relación á horizontal. Hai que resaltar que cando se trata dun plano inclinado, o ángulo formado por este e a horizontal corresponde ao ángulo formado polo peso do corpo sobre o plano e a súa compoñente perpendicular ao plano inclinado. Nese circunstancia, a forza de fricción que actuará sobre o corpo opoñerase ao deslizamento cara a baixo e, polo tanto, estará orientada paralelamente ao plano para riba.

A dirección da fricción é sempre perpendicular á recta tanxente á circunferencia no punto en que o coche se encontra e o sentido apunta cara ao centro. Para calcular a intensidade da friccióno úsase a seguinte fórmula, desde que se trate de movemento Circular Uniforme:

    Fricción  Masa do automóbil Fricción  Aceleración centrípeta.

a fórmula xeral, que mide a fricción dunha superficie é:

Fricción .m = g.sen Fricción 

Tags:

Fricción DescriciónFricción Coeficiente de fricciónFricción dinámicaFricción estáticaFricción Enerxía disipadaFricción Algúns casos de fricciónFricción

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

SevillaEva MejutoConcellos de GaliciaAntonio Crespo IglesiasLareiraLista de voces dos animaisA PontenovaTeresa RiberaJosé de RiberaRocco SiffrediShōgunConflito das EncrobasGabriel García MárquezJavier CasqueiroRoisAntonio Fernández RivadullaCirrio comúnKParlamento de GaliciaPablo Carpintero AriasToniña comúnFabiola GarcíaSantiago AbascalCouto MixtoAntónio de Oliveira SalazarRafael NadalWikipedia en kusaalPosición do coito lateralConcha BuikaItxu DíazRefraneiro galego sobre o panCaso Asunta BasterraPaís VascoLista de emperadores romanosLlama M-82Catedral de Santiago de CompostelaJoselu MatoManuel MurguíaUnión EuropeaLista de ríos de GaliciaEl NiñoRío MiñoInés ReyArqueasMonforte de LemosXesús Alonso MonteroTigreRío DanubioQueiroaBetanzosAdolph von MenzelVixía de HerbeiraMemorias dun neno labregoXabier DíazLonga distancia RenfeDios ke te crewChachoVisigodosPaco LodeiroCanle (enxeñaría)Catedral de OurenseMámoaXosé Neira VilasDr. Jekyll e Mr. HydeGisela LladóRelación sexual humanaAC-211Maruxa MalloClub dos 27Á lus do candilJuan Ramón JiménezArte posmodernaLingua galegaEverton F.C.Salamanca🡆 More