Fibrina: Composto químico

A fibrina (tamén chamada factor Ia de coagulación) é unha proteína fibrosa non globular que intervén na fase final da coagulación do sangue.

A fibrina orixínase a partir da proteína sanguínea fibrinóxeno pola acción proteolítica da trombina, a cal causa que se polimerice. A fibrina polimerizada, xunto con plaquetas, forma os coágulos hemostáticos que se forman no sitio da lesión.

Fibrina: Papel en enfermidades, Fisioloxía, Notas
Micrografía que mostra a fibrina (material amorfo rosa escuro) nunha vea bloqueada rodeado de glóbulos vermellos extravasados (na dereita da imaxe). Tamén se ven unha arteria (na esquerda da imaxe) e o amnio (extremo esquerdo da imaxe). A imaxe é dunha placenta nun caso de vasculopatía trombótica fetal con tinguidura de hematoxilina-eosina.
Fibrina: Papel en enfermidades, Fisioloxía, Notas
Transformación do fibrinóxeno en fibrina coa axuda da trombina e o factor XIII de coagulación.
Fibrina: Papel en enfermidades, Fisioloxía, Notas
Enlaces cruzados coa trombina e estabilización polo factor XIII activado.
Fibrina: Papel en enfermidades, Fisioloxía, Notas
Estrutura cristalina obtida por difracción de raios X a unha resolución de 2,30 Å do fragmento dobre D da fibrina humana con dous ligandos unidos. A estrutura consta principalmente de hélices alfa mostradas en vermello e follas beta mostradas en amarelo. As dúas estruturas azuis son os ligandos unidos. Os ligandos son Ca2+, alfa-D-manosa e D-glicosamina.

Cando o recubrimento interno dun vaso sanguíneo rompe, as plaqueta son atraídas ao lugar, formando un coágulo de plaquetas. Estas plaquetas teñen receptores da trombina sobre a superficie que se unen a moléculas da protease trombina do soro sanguíneo, as cales, á súa vez, converten o fibrinóxeno soluble do soro en fibrina no mesmo lugar da ferida. A fibrina forma longos filamentos proteicos ríxidos e insolubles, que se unen ás plaquetas. O factor XIII completa os enlaces cruzados da fibrina para que se endureza máis e contraia. A fibrina con enlaces cruzados forma un enguedello ou rede sobre o coágulo de plaquetas que completa o coágulo.

Papel en enfermidades

Unha excesiva xeración de fibrina debida á activación da fervenza da coagulación causa trombose, é dicir, o bloqueo dos vasos sanguíneos por unha aglutinación de glóbulos vermellos, plaquetas, fibrina polimerizada e outros compoñentes. A xeración ineficaz ou lise prematura da fibrina incrementa a probabilidade de hemorraxias.

As disfuncións ou enfermidades hepáticas poden levar a unha diminución da produción do precursor inactivo da fibrina, o fibrinóxeno ou á produción anormal de moléculas de fibrinóxeno con actividade reducida (disfibrinoxenemia). As anormalidades hereditarias do fibrinóxeno (que afectan ao seu xene do cromosoma 4) poden ser tanto cuantitativas coma cualitativas e entre elas están a afibrinoxenemia, hipofibrinoxenemia, disfibrinoxenemia e hipodisfibrinoxenemia.

A redución da cantidade de fibrina, a súa ausencia ou disfuncionalidade é probable que orixine nos pacientes unha hemofilia.

Fisioloxía

A fibrina de diferentes fontes animais é xeralmente glicosilada cun tipo complexo de glicanos unidos a asparaxina biantenarios. Hai moitas variacións no grao de fucosilación da parte central e no tipo de ácido siálico e enlace da galactosa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Fibrina Papel en enfermidadesFibrina FisioloxíaFibrina NotasFibrina Véxase taménFibrinaCoagulación do sangueCoáguloFibrinóxenoHemostasePlaquetaPolimerizaciónProteínaProteína fibrosaProteóliseTrombina

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Iria SobradoChile (pemento)Escultura barrocaRibadeoPúrpuraAutoritarismoCourseraFonte de Oliva, ValboaDragon Ball ZXapónFundación WikimediaAmieiroGuerra civil españolaMarçal MolinéPedrafita do CebreiroSoberaníaPartido Comunista pola República GalegaOcéano AtlánticoKarl MarxSemellanza (xeometría)SalzburgoGalileo GalileiSnoop DoggCarqueixaIsabel PerónCronoloxía da segunda guerra mundialXosé Ramón Fernández-OxeaVíctor DupláFrancisco Llanos MasTwitterJosé Pérez-ArdáGreta ThunbergPortugalXogoCasa BaillyVilaoudriz, A PontenovaCasa de BonaparteSegunda guerra mundialEurocopa de FútbolGalego-portuguésFragas do EumeLista de castelos de PortugalCelanovaReal Academia GalegaLista de episodios de Sakura, cazadora de cartasLista de ríos de GaliciaAntonio GramsciReloxoPoloniaIn My Head (canción de Jason Derulo)Posición do misioneiroO IrixoSobreiraVox populiRamón CabanillasRibadaviaOleirosSão PauloEncoro de PortodemourosQuimera (mitoloxía)Rocco SiffrediJulian AssangeFonemaMatriz identidadeHerculanoÁngel Alvariño SaavedraEliseo SeoaneMarxismoHarry PotterMela Casal28 de marzo🡆 More