Ferberita

A ferberita é un mineral de tungsteno e ferro de fórmula química FeWO4.

O seu nome provén de Rudolph Ferber, mineraloxista afeccionado, que encontrou en 1863 este mineral en Serra Almagrera (provincia de Almería).

Ferberita
Ferberita
Fórmula químicaFeWO4
ClaseÓxido
Sistema cristalinoMonoclínico
CorNegro, gris escuro
BrilloSemimetálico, mate
Dureza4 - 4,5 (escala de Mohs)
FracturaIrregular
ExfoliaciónPerfecta
RaiaParda escura, negra
Densidade7,6 g/cm³

Propiedades

A ferberita é un mineral negro ou gris escuro cuxa composición química é FeO 23,65 % e WO3 76,35 %. Como impurezas pode conter niobio, tántalo e escandio. Funde facilmente e é soluble tanto en ácido clorhídrico como en ácido sulfúrico.

É da mesma serie que a hübnerita, pero mentres esta última é o extremo rico en manganeso, a ferberita encóntrase no extremo rico en ferro. Entre ambos está a volframita, que contén tanto ferro como manganeso en proporcións variables entre o 20% e o 80%. Dos tres membros da serie, a ferberita é a máis rara.

Morfoloxía e formación

Preséntase como cristais tabulares e prismáticos, e tamén como agregados masivos e granulares. Tipicamente áchase canda a pegmatitas o en vetas hidrotermais de altas temperaturas.

Depósitos

É un mineral bastante raro. Ademais do depósito situado en Serra Almagrera (Cuevas de Almanzora), existen depósitos no val de Rankach (Wolfach, Alemaña) e en Les Chaillats (Puy-de-Dôme, Francia). Tamén hai depósitos en Bolivia, en lugares como Llallagua (Departamento de Potosí) e Huanuni (Departamento de Oruro), e encontráronse bos exemplares na Mina de Panasqueira, unha mina de volframio en Castelo Branco, Portugal.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Ferberita PropiedadesFerberita Morfoloxía e formaciónFerberita DepósitosFerberita Véxase taménFerberita1863FerroMineralProvincia de AlmeríaTungsteno

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Bipartito galegoRastroBella ciaoAntónio de SpínolaCamilo Nogueira RománAeroporto de VigoMario CaneiroSantiago de CompostelaBoyanka Kostova (grupo musical)El Pueblo GallegoBubelaAmieiroBala (grupo musical)HomosexualidadeCarlos SoberaNightmare Alley (filme de 2021)Papuxa das amorasChatGPTDe NinghuresRaffaella CarràSalvador IllaTeoría de númerosCarlos NegropdwqjMedalla CastelaoPello OtxandianoArxentinaSusana FortesDos arquivos do trasnoMedoOs ÁnxelesDonicelaAs aves na cultura popular galegaCoordenadas xeográficasOs vellos non deben de namorarsePaís Vasco (rexión histórica)FigueresMark Lewis JonesAna Belén FortesManuel Lourenzo SobralLuis Carrero BlancoRevolución dos caraveisEduardo MendozaA chave das nocesVilagarcía de ArousaEcce HomoDavid PerdomoLingua casteláCalorXeración dos 80TarragonaDodroSonDeSeuAmancio OrtegaCohesiónBispoGran Guerra IrmandiñaJuan Jacobo Durán LorigaEleccións municipais en SadaLeitzaMamen MendizábalBrasilSerés, Serés, CastroverdeAC-2111928Bloque Nacionalista GalegoOurioloArmando BlancoGonzalo MellaMarçal MolinéMíster EspañaBortziriakEva MejutoGalileo GalileiLuís Pérez Barral2024🡆 More