Fenoscandia

Fenoscandia ou Fenoescandinavia son termos xeográficos e xeolóxicos utilizados para describir a península composta polo conxunto da península Escandinava, a península de Kola, Carelia e Finlandia no norte de Europa.

Fenoscandia
Fenoscandia

Xeoloxicamente, o termo tamén alude ao escudo Báltico, que comprende Noruega, Suecia, Finlandia e parte de Rusia (óblast de Murmansk, parte da República de Carelia e o norte do óblast de San Petersburgo), que é a porción exposta da antiga placa Báltica.

O termo foi usado por primeira vez polo xeólogo finés Wilhelm Ramsay en 1898. O escudo Báltico ten máis de 3 100 millóns de anos de antigüidade.

Nun sentido cultural, Fenoscandia representa historicamente o estreito contacto entre os pobos e as culturas saami, finesa, sueca e norueguesa. A diferenza da expresión «Países nórdicos», Fenoscandia non inclúe Dinamarca, Islandia, Groenlandia, os países bálticos ou outras zonas de ultramar xeograficamente desconectadas.

A xeografía de Fenoscandia caracterízase por unha gran cantidade de lagos, fiordes e unha cordilleira erosionada que corre paralela ao mar de Noruega. O nome Fenoscandia á unha mestura dos nomes Finlandia e Escandinavia.

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

Tags:

CareliaEscandinaviaEuropa do norteFinlandiaPenínsula de KolaXeografíaXeoloxía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoBarra verticalEfecto FöhnDominio de primeiro nivelMoncho ValcarceImma António SoutoAnticorpoOrquídeaJosé Luís Valladares FernándezMito79MadridEncoro do EumeShinovaLingua polacaRafael DiesteMoldaviaJaime Fraiz FernándezFábrica Nacional de Moneda y TimbreChanfaina galegaPneumáticaLista de episodios de O detective ConanÓscar García PatiñoHomosexualidadeTemperaturaTuberculoseVoo 498 de CrossairMiguel Ángel Zabalza BerazaXentilicioAutismoXabier MaceirasVerónica Martínez DelgadoLavandeira brancaLaxeRafael LouzánTimeSantiago de CompostelaBoyanka Kostova (grupo musical)María KodamaLista de nomes femininos en galegoVicente PiñeiroASocioloxíaCarlos NegroBlas García PiñeiroRamón Pardo AriasCondónNosce te ipsumAntía OteroFacebook77Camilo Díaz BaliñoSaramagoXinzo de LimiaBrasilDeidadeEscola de FrankfurtGazpachoSambesuga27 de marzoXabier DeiveUbisoftXeaFerroAtlánticaManuel MaríaCasto Sampedro FolgarFerroEscáncerA derradeira leición do mestreSistelo, Arcos de ValdevezBreogánEstrutura secundaria das proteínas92🡆 More