Expedición Endurance

A expedición imperial transantártica (1914-1917), máis coñecida como expedición Endurance, foi a última expedición importante da idade heroica da exploración da Antártida.

Deseñada por Sir Ernest Shackleton, aspiraba a ser a primeira en atravesar por terra o continente antártico. Despois de que en 1911 a expedición Amundsen chegase ó Polo Sur, Shackleton dixo que a travesía do continente era o "único grande obxectivo principal das viaxes antárticas". A expedición non conseguiu cumprir este propósito, pero é lembrada como unha historia épica de heroísmo e supervivencia.

Expedición Endurance
O Endurance con todo o velame despregado (ca. 1915).

Shackleton estivera no Antártico entre 1901 e 1904 formando parte da expedición Discovery do Capitán Scott, e liderara a expedición Nimrod entre 1907 e 1909. A nova expedición requiría, dunha banda, unha tripulación principal que navegaría polo mar de Weddell e que desembarcaría na costa aproximadamente na latitude 78°S, preto da baía de Vahsel, como preparación para unha marcha transcontinental en dirección ó mar de Ross, atravesando o Polo Sur. Paralelamente, un grupo de apoio, o equipo do mar de Ross, viaxaría até o lado oposto do continente, estabelecería un campamento no estreito McMurdo, e dende alí prepararía unha serie de depósitos de subministración ó longo da barreira de xeo de Ross, ó pé do glaciar Beardmore. Estes depósitos serían esenciais para a supervivencia do equipo transcontinental, xa que non levarían provisións de abondo para toda a travesía. A expedición dispoñía de dous barcos: o Endurance, que levaría o equipo de Shackleton polo mar de Weddell, e o Aurora, ás ordes do capitán Aeneas Mackintosh, que levaría o equipo do mar de Ross até o estreito McMurdo.

O Endurance quedou atrapado no xeo do mar de Weddell antes de chegar á baía de Vahsel, e malia os esforzos por ceibar o barco, foron á deriva cara ó norte nun bloque de xeo durante o inverno antártico de 1915. Finalmente, o bloque desfíxose e afundiu o barco, deixando sobre o xeo os 28 homes da tripulación, que se viron sometidos a unha serie de duras probas: meses de espera en campamentos improvisados sobre o xeo, unha viaxe en botes salvavides até a illa Elefante, unha segunda travesía de 1 300 km nun bote aberto, o James Caird, e atravesar as montañas de Xeorxia do Sur, para, finalmente, ser rescatados sen unha soa baixa. Namentres, o equipo do mar de Ross tivo que superar grandes dificultades para cumprir a súa misión, despois de que o Aurora fose arrincado das súas amarras durante un vendaval e non puidesen retornar. Os depósitos instaláronse como estaba previsto, pero a operación custou tres vidas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

AntártidaErnest ShackletonExpedición AmundsenPolo Sur

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Antía OteroAbel CaballeroManuel Lois GarcíaSandra GonzálezCucoSaga da FundaciónPolbo á feiraAs Pontes de García RodríguezO reino medieval de Galicia na historiografíaJulián Iglesias del RíoDeportivo da CoruñaLipoproteína de Braun19HeterosexualidadeMarisol MorandeiraFala de EstremaduraTreixadura (grupo musical)WikiTribadismoParque Nacional das Illas AtlánticasMelónO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoOs demostrativos galegos1 de abrilJusto Martínez MartínezIrene GonzálezTeixoVigoCarmen Martín GaiteEspañaJosé Manuel Baltar BlancoJacinto ConvitLLeirón rabudoEusebio Alonso VieitesElizabeth DuvalÁcido oxalacéticoCeutaDominic ThiemPampallínA homosexualidade na historiaGuerschon YabuseleOurizo cachoTamara CanosaChico CésarAdrián CastiñeirasAlmorzoXosé Luís BernalPortadaAna RomaníPosicións sexuaisAcerbaixánAWStatsQCayetano RiveraAhí ven o maioCangasLedicia CostasPilar BahamondeDaniel BasteiroChulaPartido Comunista dos Traballadores de EspañaEvan EllingsonChatGPT25Alcaldes da CoruñaCercedaLingua galega77PonteareasSés🡆 More