Evanxeos De Lindisfarne

Os Evanxeos de Lindisfarne son un manuscrito en latín, miniado, que contén os evanxeos de Mateu, Marcos, Lucas e Xoán.

Evanxeos De Lindisfarne
Páxina do Evanxeo de Lucas

O manuscrito creouse en Lindisfarne, no condado de Northumberland en Inglaterra, a finais do século VII e comezos do século VIII. É considerado un dos mellores exemplos de arte relixiosa en Inglaterra, cun estilo que combina temas anglo-saxóns e celtas.

Pénsase que os Evanxeos de Lindisfarne son obra dun monxe de nome Eadfrith, que se converteu en bispo de Lindisfarne no ano 698 e que morreu no 721. Os estudos actuais sinalan que se escribiron arredor de 710- 720 na honra de San Cuthbert.

Os Evanxeos están ilustrados no estilo insular, e estaban orixinariamente encadernados con pel fina cuberta con xoias e metais. A cuberta realizouse no século VIII. Durante os ataques viquingos, o manuscrito perdeu a cuberta orixinal, que foi substituída no 1852. O texto está caligrafado na escritura insular.

No século XVII, sir Robert Cotton mercou os Evanxeos ao seu anterior dono, Robert Bowyer. A biblioteca de Cotton trasladouse ao Museo Británico no século XVIII e de aí pasou á Biblioteca Británica de Londres. Existe unha campaña no noroeste de Inglaterra que reclama que os Evanxeos de Lindisfarne volten á súa orixe.

Notas

Véxase tamén

Tags:

Evanxeo de LucasEvanxeo de MarcosEvanxeo de MateuEvanxeo de XoánLingua latinaManuscrito

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Caldas de ReisPepe CarballudeSardiñaXan XoveLondresMalpica de BergantiñosProvincia da CoruñaJosé Benito Pardo RodríguezPablo VioqueVerínLady GagaOs mortos van á présaSaga da FundaciónA FonsagradaAnniken Huitfeldt36Xosé Antonio Ventoso MariñoManuel Curros EnríquezJMártires de CarralIulia DrúninaPCaralloSandra GonzálezGalería de imaxes de arañas de GaliciaTribadismoAs aves na cultura popular galegaColocación do pronome átono en galegoÁnxel CasalLista de palabras galegas de orixe celtaFentoCoia, VigoGoián, TomiñoSexo oralProxyRubiáCoalición GalegaEls DottermansFernando AlonsoEsther EstévezLabios (xenitais)Áreas lingüísticas do galegoDinhoO Carreiro, Aguiño, RibeiraManuel López PoyBTraxe galegoA sementeiraManuel Taboada VigoFamilia CaamagnoJoseba ApaolazaÁ lus do candilGonzalo DuránQue me queres, amor?José Manuel LagePepa a LobaMoscovaCarlos SedesMadridSubstantivoGaliciaLista de nomes femininos en galegoMarta DarribaHomosexualidadeIraqQuenllaContactorFollaEleccións municipais en TouroLista de exónimos en galegoXaime Isla CoutoCharlie ChaplinO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoAna Romaní🡆 More