Eurocopter Tiger

O Eurocopter Tiger (agora Airbus Helicopters) é un helicóptero de ataque de dous motores e catro palas que entrou en servizo no ano 2003.

Comezou a fabricalo Eurocopter (hoxe en día Airbus Helicopters), a compañía sucesora das divisións de helicópteros de Aérospatiale e DASA, que o designou como o EC665. Debido ás súas linguas, en Alemaña e coñecido como Tiger, e en Francia e España como Tigre.

Eurocopter Tiger
Eurocopter Tiger
Tipohelicóptero de ataque
FabricanteEurocopter, Airbus Helicopters
Primeiro voo27 de abril de 1991
Introducido2003
Produción1991-presente
Unidades construídas135 (outubro de 2017)

O desenvolvemento do Tiger comezou durante a guerra fría e inicialmente deseñouse como un helicóptero anti-carro para ser usado contra unha invasión terrestre soviética en Europa Occidental. Durante o seu prolongado período de desenvolvemento a Unión Soviética colapsou, pero Francia e Alemaña decidiron continuar co Tiger, desenvolvéndoo no seu lugar como un helicóptero de ataque multirol. O aparello tivo dispoñibilidade operativa no ano 2008.

O Tiger ten a distinción de ser o primeiro helicóptero feito totalmente de materiais compostos desenvolvido en Europa; incluso os primeiros modelos tamén incorporan outras características avanzadas como unha cabina de cristal, tecnoloxía furtiva, e unha gran axilidade para aumentar a súa supervivencia. Versións melloradas entraron en servizo dende entón, equipadas con motores máis potentes e compatibles cunha gama máis ampla de armas. Dende a súa entrada en servizo os Tigers foron usados en combate en Afganistán, Libia e Malí.

Tags:

2003Airbus HelicoptersAlemañaAérospatialeEspañaEurocopterFranciaHelicóptero

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

KaliningradoARN mensaxeiroBudapestLista de ríos de GaliciaLynx rufusPedro RieloLucía VeigaExército Guerrilheiro do Povo Galego CeivePreposicionalBacteria gramnegativaCabo VerdeCinema pornográficoLophiiformesLeón, EspañaHarry BelafonteGripeThe Eyes of the DragonLarry BirdCopa do Sar1869Lewis HamiltonMySQLPietro BadoglioDavid M. WalkerEmpalme do ARNPonte de RandeTimothée ChalametMétopaAntilope cervicapraEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Masturbación coas mamasIllas SalomónMaroon 5TeixugoEspañaMarcos PereiroBill CosbyCarolina do SurAsnoIsidoro de KíivArubaInositolColesAnxo (cristianismo)Fátima PegoÁreas lingüísticas do galegoFlynasGallus gallus domesticusAviónYouTubeTartaruga xigante das GalápagosFosfatidiletanolaminaSexo analGaravanzoMetabolismoSangueAtaque de denegación de servizoPresidenciaEnciclopedia Galega UniversalVilariño de ConsoSelección de fútbol do UruguaiPolpa dentariaLista de episodios de DoraemonKagoshimaProvincias de EspañaFrancisco, papaRanger 5Carlos GardelLingua xeorxianaCarlos de Matos GomesGalileo GalileiXXIII dinastía exipciaAtún listadoRoberto II de FranciaÁngel Pardo Puzo🡆 More