Estado De Chuuk

O Estado de Chuuk (tamén coñecido como Truk) é un dos catro estados dos Estados Federados de Micronesia (FSM).

Os outros estados son Kosrae, Pohnpei e Yap. Componse de varios grupos de illas:

  • Chuuk
  • Nomwisofo
  • Illas Hall
  • Atol Namonuito (Illas Magur) (noroeste)
  • Pattiw (Illas occidentais)
  • Illas do Leste (Illas Upper Mortlock)
  • Illas Mortlock
Modelo:Xeografía políticaEstado de Chuuk
Estado De Chuuk
Imaxe

Localización
Estado De Chuuk
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 7°25′N 151°47′L / 7.42, 151.78151°47′L / 7.42, 151.78
EstadoEstados Federados de Micronesia Editar o valor em Wikidata
CapitalWeno (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación48.654 (2010) Editar o valor em Wikidata (418,71 hab./km²)
Lingua usadaPááfang (en) Traducir
Língua mortlockesa (pt) Traducir
Língua namonuito (pt) Traducir
Pulutawês (pt) Traducir
Lingua chuuk Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie116,2 km² Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoAlexander Narruhn (pt) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+10 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2FM-TRK Editar o valor em Wikidata

Chuuk é o estado máis poboado da FSM con 50.000 habitantes en 120 quilómetros cadrados. O atol Chuuk é onde vive a maioría da xente, a illa de Weno no atol fai as funcións de capital do estado e é a cidade máis grande dos FSM.

Historia

Chuuk era un dos seis distritos do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico (TTPI), administrados polos Estados Unidos baixo carta das Nacións Unidas desde o final da segunda guerra mundial a mediados da década de 1980. A terminación da administración estadounidense de Chuuk, Yap, Kosrae, Pohnpei, e os distritos das Illas Marianas do TTPI produciuse o 3 de novembro de 1986. O Estados Federados de Micronesia, incluíndo Chuuk, Yap, Kosrae e Pohnpei, foi creado en 1979 e asinou un Tratado de libre Asociación cos Estados Unidos (efectivo a partir do 3 de novembro de 1986).

O 2 de xullo de 2002, as fortes choivas da tormenta tropical Chataan causaron máis de trinta deslizamientos de terra que mataron a corenta e sete habitantes e feriron a outras ducias de persoas, no desastre climático máis letal do estado. Os deslizamientos producíronse durante todo o día, algúns a poucos minutos o un do outro.

Xeografía

Ao oeste atópase o Estado de Yap. Ao leste atópanse os Estado de Pohnpei e Kosrae máis cara ao leste.

O núcleo de poboación principal do estado de Chuuk é o atol Chuuk, un grande arquipélago de illas montañosas rodeadas por unha cadea de illotes na Barreira de Coral. [Cómpre referencia] As dúas principais divisións xeográficas e dialécticas do atol de Chuuk son Faichuuk, nas illas occidentais, e Namoneas, nas illas orientais.

O Estado de Chuuk tamén inclúe varias illas de máis baixa densidade de poboación o grupo das "illas exteriores", incluíndo as illas de Mortlock cara ao sueste, as Illas Hall (Pafeng) ao norte, o atol Namonuito ao noroeste, e a rexión do Pattiw a oeste. A Rexión de Pattiw é de particular interese, xa que ten algunhas das illas máis tradicionais do Pacífico e está culturalmente relacionada coas illas exteriores de Yap. Este grupo inclúe as illas de Pollap, Tamatam, Poluwat e Houk. Hoxe en día aínda se poden atopar mestres navegadores tradicionais, considérase que Poluwat e Pollap teñen algúns dos mellores navegantes oceánicos en canoa do Pacífico. Nas illas da Rexión de Pattiw, e algunhas das illas de Yap, atópanse a día de hoxe as dúas últimas escolas de navegación, Weriyeng e Faaluush. Visitar a Rexión de Pattiw no oeste, é difícil debido á falta de transporte fiable. Houk probablemente ten a pista de aterraxe máis accesible na Rexión de Pattiw, con avións que aterran cada unha ou dúas semanas.

Clima

Datos climáticos para Weno, Chuuk
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 33 32 32 33 33 33 33 33 34 33 33 33 34
Media máxima en °C 29,9 29,9 30,2 30,4 30,7 30,7 30,6 30,7 30,7 30,7 30,7 30,2 30,4
Media diaria en °C 27,4 27,5 27,6 27,7 27,8 27,7 27,4 27,4 27,5 27,6 27,7 27,6 27,6
Media mínima en °C 24,9 25,0 25,1 25,0 24,9 24,6 24,2 24,2 24,2 24,3 24,6 25,0 24,7
Temperatura mínima en °C 21 21 22 22 21 21 21 21 20 19 21 21 19
Precipitación media mm 228,1 163,1 229,9 291,1 354,1 300,7 365 349,8 306,6 361,4 281,9 293,4 3 525
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) 14,8 12,2 14,9 16,2 21,2 20,3 20,8 21,0 18,6 20,0 20,0 18,8 218,8
Humidade relativa media (%) 78,7 77,7 78,7 81,0 82,6 82,9 83,9 83,2 83,0 83,1 81,9 80,8 81,6
Media de horas de sol mensuais 195,3 197,8 217,0 195,0 192,2 180,0 195,3 195,3 177,0 161,2 162,0 167,4 2 235,5
Fonte #1: Hong Kong Observatory (sun 1961-1990)
Fonte #2: NOAA

Demografía

Chuuk é o máis poboado dos Estados dos FSM. No censo realizado o 1 de abril de 2000, tiña 53.595 habitantes, en comparación con 34.486 de Pohnpei, 11.241 de Yap e 7.686 de Kosrae, no censo celebrado o 4 de abril de 2010, tiña 48.654 habitantes, en comparación cos 36.196 de Pohnpei, 11.377 de Yap e 6.616 de Kosrae.

Cultura

Misión xesuíta en Weno

A provincia de Nova York da Compañía de Xesús (os Xesuítas) manteñen unha escola na misión na illa de Weno en Chuuk. A Xavier High School atópase no antigo centro de comunicacións xaponés. É unha institución mixta, teñen estudantes de todos os grupos da illa dos Estados Federados de Micronesia, así como de Palau e as Illas Marshall. Os mestres son xesuítas e segrares que proveñen de Micronesia, os Estados Unidos, Indonesia, o Xapón e Australia. Todos os mestres laicos son voluntarios.

Posesión espiritual

Aínda que Chuuk é unha sociedade abafadoramente Cristián, aínda existen crenzas tradicionais da posesión de espíritos polos mortos. Ao parecer, estes espíritos posúen maioritariamente ás mulleres, e a posesión de espíritos é xeralmente provocada polos conflitos familiares. Os espíritos, falan a través das mulleres, polo xeral advirten de que traten mellor a membros da familia.

Concellos

Estado De Chuuk 

Dos 40 municipios do estado, 16 están dentro do atol Chuuk e nas 24 illas periféricas. Na seguinte táboa, cada un vai seguido da súa poboación no Censo celebrada o 1 de abril de 2000.

Atol de Chuuk

Illas Faichuk (Shichiyo)

Illas Faichuk (Shichiyo):

  • Paata (Pata) (1.950)
  • Polle (1.851)
  • Tol (5.129)
  • Wonei (Onei) (1.271)

Illas Nomwisofo:

  • Eot (382)
  • Fala-Beguets (Fanapanges) (681)
  • Romanum (1.011)
  • Udot (1.774)

Illas Nomoneas (Shiki)

Illas Nomoneas Norte (Shiki):

  • Fono (397)
  • Pis-Paneu (523)
  • Weno (Moen) (13.802)

Illas Nomoneas Sur (Shiki):

  • Fefan (4.062)
  • Parem (385)
  • Tonowas (Dublon) (3.910)
  • Tsis (490)
  • Uman (incluíndo o atol Kuop (Neoch)) (2.847)

Illas Mortlock

Illas Lower Mortlock (Illas Nomoi):

  • Etal (267)
  • Lukunor (927)
  • Oneop (illote ao oeste do atol Lukunor) (505)
  • Satawan (955)
  • Kuttu (illote ao oeste do atol Satawan)
  • Moch (illote ao norte do atol Satawan)
  • Ta (illote ao sueste do atol Satawan)

Illas Upper Mortlock (illas do leste):

  • Nama (995)
  • Losap (448)
  • Pis-Losap (illote do Atol Losap)
  • Namoluk (407)

Illas exteriores do Noroeste

Illas Hall (norte):

  • Fananu (illotes orientais do atol Nomwin)
  • Murilo
  • Nomwin (incluíndo o deshabitado Atol Fayu)
  • Ruo (illote do sueste do atol Murilo)

Namonuito Atoll (Illas Magur) (noroeste):

  • Magur (Makur)
  • Onari (Unanu)
  • Ono
  • Pisaras
  • Ulul

illas Pattiw (Illas occidentais):

  • Pulap (illote ao norte do Atol Pollap)
  • Poluwat (Puluwat)
  • Pulusuk (tamén coñecida como illa Houk)
  • Tamatam (illote ao sur do atol Pollap, co illote Fanadik no centro)

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Estado De Chuuk HistoriaEstado De Chuuk XeografíaEstado De Chuuk DemografíaEstado De Chuuk CulturaEstado De Chuuk ConcellosEstado De Chuuk ReferenciasEstado De Chuuk Véxase taménEstado De ChuukEstado de PohnpeiEstado de YapEstados Federados de MicronesiaKosrae

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Illa de SálvoraLista das aves de GaliciaLista de WikipediasÁreas lingüísticas do galegoKeanu ReevesNetiquetaGuillermo Alonso BarciaAsalto do bou EvaXunta de GaliciaMaría Xosé QueizánLista de episodios de DoraemonTeresa RiberaDemocracia OurensanaAna Rosa QuintanaAntónio de Oliveira SalazarDámaso I, papaEduardo López BudénDeus, porque es tan fato!Historia de EspañaVicente RiscoPrimeira división española de fútbolWiiHelsingin JalkapalloklubiJosé López CamposOrlando BloomVoyager 1Susana FortesVichelocregoXosé Carlos Carracedo PortoLista de castelos de PortugalEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Cando petan na porta pola noiteO sabor das margaridasÁlvaro CunqueiroAnne HecheDaniel de la TorrePosición do canNee BarrosLingua betawiPonte Maior de OurenseEllen DeGeneresPremios Follas Novas do Libro GalegoCastiñeiroJorge BermelloEsvásticaLuís Pérez BarralMazáJulia OteroJoe BidenCelso Fernández SanmartínC++Anxo AngueiraPaulo CarrilOurenseTenda en liñaKendji GiracIrene FerrerasCamilo Díaz BaliñoInformation Technology Infrastructure LibrarySantiago de CompostelaAlfabeto galegoNormativa oficial do galegoEmilia Pardo BazánPablo Iglesias TurriónXosé Neira VilasXabier DeiveTrevo brancoImperio BizantinoSexo oralGabriel García MárquezLeopoldo RubidoCosta da MorteFidel CastroSete SabiosLista de prefixos e sufixosLista de nomes femininos en galego🡆 More