Encoro De Asuán

Asuán, cidade situada na marxe dereita do Nilo, sobre a primeira catarata, posúe dous encoros: o novo Encoro Alto de Asuán e o menor e máis antigo, Encoro de Asuán ou Encoro Baixo de Asuán.

Encoro De Asuán
Mapa de Exipto no que se mostran Asuán e o Lago Nasser.

Normalmente o Nilo desbórdase anualmente, cando as augas procedentes de Etiopía flúen para o baixo Nilo no verán. Desde a antigüidade, estes desbordamentos ao deixar un sedimento de nutrientes e minerais no chan, foron os que converteron as terras do arredor do río nunha fértil veiga ideal para a agricultura. Porén, esta impredecíbel alternancia entre períodos de crecidas supoñía a perda de colleitas enteiras polo alagamento ou seca e a conseguinte escaseza de alimentos na poboación, polo que se considerou necesaria a construción dun encoro que regulase estas inundacións para protexer as terras de labor e os campos de algodón.

Historia da construción

Encoro De Asuán 
Presa Baixa.

A construción foi iniciada polos británicos en 1899 e concluíuse en 1902. O deseño inicial tiña 1.900 m de longo por 54 m de alto e descubriuse axiña que era inadecuado, polo que se procedeu a aumentar a súa altura en dúas fases: de 1907 a 1912 e de 1929 a 1933. Esta é a que se coñece como Presa Baixa.

Cando o encoro case se desbordou en 1946, decidiuse que, no canto de aumentar a súa altura por terceira vez, se construíse un segundo encoro 6 km río arriba. O proxecto comezou en 1952, exactamente tras a revolución de Nasser e, en principio, os Estados Unidos axudarían a financiar a construción cun empréstito de 270 millóns de dólares. A oferta de axuda foi retirada a mediados de 1956 e o goberno exipcio propúxose continuar o proxecto en solitario, utilizando os ingresos que proporcionaba o Canal de Suez como axuda na construción. Porén, en 1958 interveu a Unión Soviética (en plena Guerra fría polo dominio de África) pagando, posibelmente, un terzo do custo da inmensa presa de pedra e arxila como regalo. Á parte desta axuda monetaria, proporcionaron técnicos e maquinaria pesada e o deseño correu a cargo do instituto ruso Zuk Hydroproject.

A construción comezou en 1960. O Encoro Alto, as-Sad al-'Aali, foi concluído na súa totalidade o 21 de xullo de 1970; mentres que a primeira etapa, o encoro, se concluíu en 1964 e se comezou a encher coa presa aínda en construción, atinxindo a súa capacidade total en 1976. Este encoro causou inquietude entre os arqueólogos debido a que o complexo de Abu Simbel, así como outras decenas de templos, quedarían somerxidos baixo as augas. En 1960, unha operación de rescate patrocinada pola UNESCO localizou, escavou e trasladou vinte e catro destes monumentos a situacións máis seguras ou foron doados aos países que colaboraron no rescate, como o templo de Debod, actualmente en Madrid (España).

As súas coordenadas xeográficas son 23°58'12.52 N, 32°52'41.29 E

Beneficios

Encoro De Asuán 
Encoro Alto de Asuán.

O Encoro Alto ten 3.600 m de longo e 980 m de largo na base, por 40 m de ancho na cúspide e 111 m de alto, cun volume de material de 43 millóns de m³. En condicións de máxima capacidade pode dar saída a 11.000 m³ de auga por segundo. Posúe desaugadoiros de emerxencia adicionais para un volume de 5.000 m³ extra e o canal Toshka, que liga o encoro coa depresión Toshka . Este encoro, denominado Lago Nasser, ten 480 km de longo e 16 km na súa parte máis larga, a súa área na superficie é de 6.000 km² e contén entre 150 e 165 km³ de auga. Inundou gran parte da baixa Nubia e tivéronse que trasladar máis de 90.000 persoas.
Os efectos das perigosas inundacións de 1964 e 1973 e as terríbeis secas como as de 1972-73 e 1983-84 quedaron mitigados. Creouse unha nova industria pesqueira ao redor do lago Nasser que continúa na súa pugna por prosperar debido á distancia á que se encontra calquera mercado significativo.

Cunha produción hidroeléctrica de 2,1 xigavatios, a presa alberga 12 xeradores de 175 megavatios cada un. A subministración eléctrica comezou en 1967, cando a presa alcanzou o seu cénit de produción, xerando aproximadamente a metade da electricidade necesaria para o consumo de todo Exipto (ao redor do 15% en 1998) e permitindo, por primeira vez, a conexión eléctrica na maioría dos pobos exipcios.

Cuestións medioambientais

A realización do grande encoro de Asuán, hoxe Sadd al-Alí, situado no Alto Exipto e destinado a modificar o contorno físico para controlar as crecidas do Nilo e producir enerxía, tivo graves consecuencias no fráxil equilibrio do milenario ecosistema, sobre todo porque os enxeñeiros que o deseñaron non tiveron en conta o impacto ecolóxico que a súa construción tería sobre a fauna, a flora, e tamén sobre a economía dos pobos que habitaban as marxes do río Nilo.

As consecuencias medioambientais foron numerosas: sedimentación excesiva augas arriba, erosión augas abaixo, desaparición de especies animais que efectuaban migracións ao longo do río, destrución e salinización dos deltas (ao reducirse o caudal do Nilo, motivou que as augas salgadas do Mediterráneo penetren no terreo ao longo da costa próxima á desembocadura do Nilo), diminución da produtividade nas pesquerías, emigración de animais mariños ao suprimirse a barreira da salinidade, subida do nivel das augas freáticas nas veigas próximas, contaminación do río provocada polos fertilizantes, herbicidas e pesticidas. Outra das consecuencias negativas para a poboación foi o aumento de risco sanitario xa que os canais de rega agrícola e as marxes do lago Nasser son o hábitat perfecto para animais que transmiten enfermidades, tales como o mosquito da malaria (Anopheles) e os caracois que propagan o parasito da bilharziase (Schistosoma sp.).

Tags:

AsuánNilo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Kirsten DunstCetáceosEstadio Municipal de BalaídosPublicacións impresas da diáspora galegaXestión de dereitos dixitaisLoureiroAntónio de Oliveira SalazarRicardo Beiras25 de abrilGuestrarAna María Fernández MartínezDinís de PortugalEscudo de GaliciaNormandíaNoiaMoinanteIsabel PantojaNieves NeiraTito AsoreyLekunberriCanle (comunicación)José Antonio Vázquez TaínPornografíaHaxixPeneComarcas de GaliciaWinston ChurchillAndorraFélix BolañosTranvía de ZaragozaAkureyriRiba-roja de TúriaRakel WinchesterAs aves na cultura popular galegaPaula CarballeiraBerrogüettoAgulla (peixe)ContactMillie Bobby BrownRafael Rodríguez VillarinoTeoSegunda división española de fútbolBala (grupo musical)Juan Carlos Rodríguez CebriánGaliciaMártires de CarralBoyanka Kostova (grupo musical)Xabier DíazHannah ArendtAresSayenHeviAciñeiraMalvares de MoscosoSobreiraLuís DavilaMarta DoviroDepartamento de ApurímacPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024Rosalía de CastroRenda básica universalRaquel Castro MartínezDaniel de la TorreSuízaPonte das PíasSéculos EscurosFauna de GaliciaCarlos García BayónRoberto Vidal BolañoDiáspora galegaEsther F. CarrodeguasToni KroosDeportivo da CoruñaISBN🡆 More