Elixio Rodríguez: Plítico galego

Elixio Rodríguez Domínguez, nado en Grou (Lobios) o 4 de xaneiro de 1910 e finado en México o 9 de xullo de 2007, foi un destacado galeguista.

Infotaula de personaElixio Rodríguez
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1910 Editar o valor em Wikidata
Grou, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xullo de 2007 Editar o valor em Wikidata (97 anos)
México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

De neno mudouse a vivir a Bande, onde o seu mestre, Xosé Taibo, o iniciou no galeguismo cando aínda era un rapazolo; logo estudou cos maristas en Venta de Baños (1920) e en Tui. Malia a expulsión que sufriu nesta cidade, conseguiu ser admitido nos maristas de Ourense. Durante a Segunda República foi o fundador das Mocidades Galeguistas de Bande e obtivo o título de piloto na Escola de Aviación.

Guerra civil

Detido pola Garda Civil ó comezo da guerra civil española, pasou dous meses encarcerado no convento de Celanova, conseguiu evitar o paseo enganchando na lexión. Pasou algún tempo en Cáceres en labores administrativos ata entrar na arma de aviación coa esperanza de poder pasar ó bando republicano, e estivo destinado como capitán en León e no pequeno aeródromo de Navia. En febreiro de 1937 incorporouse á Lexión Cóndor, ao mes seguinte conseguiu evadirse nun Breguet XIX a Xibraltar e pasar á zona republicana, alí destinárono á base de San Javier en Murcia pero foi detido e condenado a morte acusado de espionaxe para o inimigo. Grazas á intervención de Castelao e outros deputados galegos residentes en Valencia, conseguiuse a anulación da sentenza e a celebración dun novo xuízo, no cal foi absolvido.

Elixio Rodríguez: Traxectoria, Obras, Notas 
Florencio Delgado, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Andrés Valín, Carlos Tomé, Johán López Durá, Serafín Ferro e Elixio Rodríguez a bordo do Ipanema.

Pasou o resto da guerra en Barcelona ó cargo da intendencia de aviación e como secretario xeral da Solidaridade Galega Antifeixista, ata que coa caída de Cataluña tivo que pasar a Francia, saíndo do país no barco Ipanema cara a Veracruz, onde chegou o 7 de xullo de 1939. Alí aceptou o ofrecemento das autoridades de mexicanas para adoptar a nacionalidade mexicana e estableceu a súa residencia na Cidade de México como empresario e distribuidor. Porén, non perdeu o espírito galeguista, mantivo a militancia no Partido Galeguista no exilio, foi un dos promotores en 1952 e locutor do programa semanal de radio en galego Hora de Galicia, primeiro emitida na emisora XMEC e logo en Cadena Radio Continental. O 29 de xuño de 1953 participou no establecemento do Padroado da Cultura Galega, polo cal foi delegado no Congreso da Emigración Galega celebrado en 1965 en Santiago de Compostela, sendo o único en ler a súa comunicación en galego. Tamén participou na creación da revista Vieiros dirixida por Luís Soto Fernández, Carlos Velo e Florencio Delgado, e máis tarde tamén por José Caridad Mateo.

Obras

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Tags:

Elixio Rodríguez TraxectoriaElixio Rodríguez ObrasElixio Rodríguez NotasElixio Rodríguez Véxase taménElixio Rodríguez191020074 de xaneiro9 de xulloGaleguismo (política)Grou, LobiosLobiosMéxico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BostonHesperornithesGianluigi BuffonWikipediaTranscrición xenéticaPericarditeClanLunfardoXabarilMúsculo deltoideQuirópterosLingua serbiaHoratio NelsonA lei de Lidia PoëtCryptosporidiumCastro de Punta do BicoRubén RiveraVíctor DupláViroideAletaCallosobruchus chinensisXabier DeiveAmieiroMaruca do MediterráneoOviedoDécada de 1180GripeCélula intersticial de CajalPosicións sexuaisAlexander MostovoiAWStatsJuan Carlos Rodríguez CebriánXosé Ramón GayosoADN mitocondrialCaralloDécada de 1170Rakel WinchesterTinamidaeAd libitumBrasilElvis PresleyIphigénie en Tauride (Gluck)Stephen Blair HedgesEstadio Municipal de RiazorCrónica troianaSupernovaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024KuopioBeadeFalco peregrinusDous espíritosCircuíto Ricardo TormoBacillus thuringiensisViktoryja AzarankaFoca comúnGuitarraIllas CookLewis HamiltonPristiophoridaeParasitismoNational Security AgencyRaquel AtanesPirelliOpisthocomus hoazinPonferradaAlto do FioucoChamaeleo chamaeleonAnimalProcellariidaeReggio de CalabriaARN transferenteMundial de Fútbol de 2014Empalme do ARNFonoteca 92🡆 More