Economía De Ghana

A economía de Ghana se fortaleceu grazas a unha sólida xestión durante un cuarto de século, a un ambiente de negocios competitivo e a reducións persistentes nos niveis de pobreza.

Ghana é un dos países máis ricos da África tropical, e a súa economía se basea na extracción de recursos naturais e na agricultura. Os principais ítens exportados son o ouro, madeira e cacao. A moeda do país é o Cedi.

Economía de Ghana
Moeda Cedi
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Africana
Datos estatísticos
PIB 83,18 mil millóns (2012)
Posición do PIB 79ª no mundo
Crecemento do PIB 8,2% (2012)
PIB per cápita 3 300 (2012)
PIB por sector agricultura 24,6%, industria 27,4%, comercio e servizos 47,9% (2012)
Inflación 9,1% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 11,67 millóns (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 56%, industria 15%, comercio e servizos 29% (2005)
Desemprego 11% (2000)
Industrias {{{Industrias}}}
Parcerías comerciais
Exportacións 13,58 mil millóns (2012)
Produtos de exportación ouro, cacao, madeira, atún, bauxita, aluminio, manganeso, diamante, hortigranxeiros
Principais mercados Países Baixos 11%, Reino Unido 9%, Francia 6,2%, Estados Unidos 5,9%, Alemaña 4,6%, Bélxica 4,4% (2007)
Importacións 17,52 mil millóns (2012)
Principais produtos importados bens de capital, petróleo, alimentos
Finanzas públicas
Débeda externa 11,23 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Agricultura

Economía De Ghana 
Plantación de ananás en Ghana.

A principal fonte de ingresos dos agricultores é o cacao e os seus produtos derivados, que normalmente adoitan consistir en dous terzos da cantía total das exportacións, a madeira, o aceite de palma, o coco e outros produtos de palmeira, o karité, do que se extrae graxa comestible, e o café. Ademais destes produtos tradicionais, Ghana incorporou á súa agricultura novos produtos con éxito, como ananás, anacardio, pementa negra, iñame, mandioca, banana, millo, arroz, cacahuete, feixón e sorgo. Tamén dispón de aves de curral e de carne.

Practícase a minaría — principalmente de ouro, diamantes, manganeso e bauxita— O único pozo petrolífero que había abandonouse tras producir 3.5 millóns de barrís (560 000 m²) durante sete anos, pero hai indicios da presenza de gas natural.

Industria

A industria de Ghana está relativamente avanzada se se compara con outros países africanos. As industrias máis importantes son as das áreas dos téxtiles, de aceiro, pneumáticos, a refinaría de petróleo, o moído de fariña, a destilaría, o tabaco, e a montaxe de coches, camións e autobuses.

Servizos

O sector de servizos responde por 50% do PIB do país. O turismo pasou a ser unha das fontes de ingresos máis saudables (terceira en 1997); e o goberno de Ghana puxo moito énfase en apoiar o crecemento do turismo.

Notas

Tags:

Economía De Ghana AgriculturaEconomía De Ghana IndustriaEconomía De Ghana ServizosEconomía De Ghana NotasEconomía De GhanaAgriculturaCacaoCediEconomíaGhanaMadeiraOuroRecursos naturaisÁfrica

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ContratoEnemaGetty Thesaurus of Geographic NamesSan Martiño, FranciaArtigo (gramática)Gallus gallus domesticusAlto do FioucoFrank SinatraGuitarraMasideÁcido vaccénicoOpisthocomus hoazinResolución de ecuaciónsPolpa dentariaEucaliptoCentrocampistaCrise financeira de 2007-2008Atún listadoFonoteca 92Ácido behénicoAmeixónCallosobruchus chinensisJohn Horton ConwayLista de países por superficieFerraraPorto da LúaDelta do Río das PerlasFosfatidilglicerolLingua xeorxianaRolls-Royce TrentReconquista de VigoApodiformesMatrimonio entre persoas do mesmo sexoNADPHEleccións municipais en Vilariño de ConsoADN BRenacemento carolinxioXabarilOca (xogo)Lingua samoanaLappeenrantaYouTubeCornizóCetoacidoseAeroporto de Berlín-Tegel28 de marzoRusiaLámpada incandescenteInositolÁcido sapiénicoLuís Pérez BarralActinopterygiiCarotenoInstagramTom HanksLingua malékuRoberto II de FranciaLewis HamiltonSevillaAntigo ExiptoPhoenicopteriformesÁcido dotriacontanoicoPeleoConcepción ArenalLocativoA CoruñaTlatoaniLevantamento Kerenskii-KrasnovAlbatros viaxeiroWilliam Smith (lexicógrafo)DedativoJulián MuñozEscociaÁcido palmitoleicoLeón, EspañaTracy McGrady🡆 More