Ecu: Unidade de conta empregada na Comunidade Europea

A ECU (European Currency Unit, en galego Unidade Monetaria Europea), foi unha unidade de conta empregada na Comunidade Europea —posteriormente Unión Europea (UE)— con propósitos monetarios.

Ponderación das moedas nacionais respecto ao valor da ECU
Moeda 13.03.1979-
16.09.1984
17.09.1984-
21.09.1989
21.09.1989-
31.12.1999
BEF 9.64% 8.57% 8.183%
DEM 32.98% 32.08% 31.955%
DKK 3.06% 2.69% 2.653%
ESP - - 4.138%
FRF 19.83% 19.06% 20.316%
GBP 13.34% 14.98% 12.452%
GRD - 1.31% 0.437%
IEP 1.15% 1.20% 1.086%
ITL 9.49% 9.98% 7.840%
LUF - - 0.322%
NLG 10.51% 10.13% 9.98%
PTE - - 0.695%

O código ISO 4217 era XEU.

Historia

Creada en 1979, a ECU foi ata o 31 de decembro de 1998 a unidade de conta do Sistema Monetario Europeo (SME) e dos documentos xurídicos e financeiros da UE, empregouse en créditos sindicais e nas operacións comerciais do mercado monetario, e foi substituída polo Euro o 1 de xaneiro de 1999.

O seu nome, ECU, etimoloxicamente escudo que provén do grego skytos, é representativa da numismática francesa, a referencia obrigada na Europa continental durante catrocentos anos, dende a súa orixe no século XIII, acuñadas por primeira vez por Lois IX, antes de partir ás cruzadas, e que baixo distintas improntas, circulou ata o século XVII.

ECU, pola súa resonancia francesa, non era do agrado de todos, e o chanceler de Alemaña Helmut Kohl sinalou que lle soaba igual a Ein Kuh, que en alemán poderíase entender coma unha vaca. Na reunión de Madrid de decembro de 1995, optouse por chamar Euro á moeda única comuntaria, tendo unha paridade 1:1 co ECU.

Nunca se acuñaron moedas de ECU, salvo para ocasións conmemorativas e para coleccionistas. Tampouco se emitiron billetes nesta unidade monetaria.

Funcionamento

Tratábase dunha moeda cesta, composta pola suma de cantidades fixas de doce das quince moedas dos Estados membros, estimándose a porcentaxe de cada unha delas en función de tres criterios: a participación de cada unha das divisas no conxunto do comercio intracomunitario, o PIB de cada país e a súa cota no Fondo Europeo de Cooperación Monetaria (FECM).

Apoiado polo Fondo Europeo de Cooperación Monetaria, o ECU desempeñou un papel fundamental no mecanismo de tipos de cambio (MTC), en virtude do cal os estados membros debían manter o valor das súas moedas nacionais dentro dunha banda porcentual respecto dunha paridade central. Non obstante, o ECU non só dependía do MTC. As moedas dos membros da UE que non pertencían ao MTC, como o Reino Unido e Italia, continuaron sendo partes integrantes do ECU.

A composición do ECU modificouse en varias ocasións, pero quedou conxelada o 1 de novembro de 1993, cando entrou en vigor o Tratado de la Unión Europea. Esta conxelación debía ser irrevogable ata o comezo da terceira fase da Unión Económica e Monetaria. Con todo, variou o tipo de cambio de cada moeda fronte ás moedas doutros estados membros do SME e fronte ao ECU. Se unha moeda incrementaba o seu valor con respecto a tódalas demais, eran necesarias menos unidades desta moeda para adquirir a mesma cantidade de calquera das restantes moedas ou do ECU das que se precisaban anteriormente.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Ecu HistoriaEcu FuncionamentoEcu Véxase taménEcuISO 4217Unión Europea

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BolboretaRepública Democrática do CongoXeración dos 80O CarballiñoVicente RiscoLuís CíliaFesta da Palabra SilenciadaLista de presidentes da República PortuguesaManuel Gago MariñoXosé Manuel BeirasMeigaDistritos de PortugalMoulin RougeFesta dos maiosXosé Neira VilasAs leis de CelavellaTrofoblastoLontreiraVacaHomosexualidadeJéssica BouzasPosición aconchegadaPedro RieloFauna de GaliciaDiglosiaO divino saineteArroazRetorno a Tagen AtaLeitzaldeaDos arquivos do trasnoVoleibolCanle (comunicación)Provincias de EspañaVilagarcía de ArousaFrancisco Porto MellaLavandaÁlvaro Porto Dapena1868Ángel CarracedoMaría a BalteiraLista de ósos do esqueleto humanoNacho VegasCastro de Punta do BicoMíster EspañaBatalla das Termópilas (-480)pxhj6TVerónica ForquéCaso Asunta BasterraInglaterraVox populiTaylor SwiftPovoaçãoPrestigeVila de CrucesRamiro CarregalCarrasco (planta)DelfínidosRicardo BeirasJuan CorralFrancisco FrancoPemento de PadrónA CoruñaPablo PicassoGheadaFingeringC++2024Sexo analAlfonso Basterra CamporroLista de voces dos animais🡆 More