E. Stanley G. Robinson

Edward Stanley Gotch Robinson, nado o 4 de xullo de 1887 en Bristol, e finado en 1976 en Dorset, Inglaterra, foi un numismático británico especializado en moeda da Antiga Roma e da Antiga Grecia, vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.

Infotaula de personaE.S.G.Robinson
Edward Stanley Gotch Robinson
Biografía
Nacemento1887
Bristol, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte1976 (89 anos)
E. Stanley G. Robinson Dorset
Lugar de sepulturaSt Mary's churchyard (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeE. Stanley G. Robinson Británica
EducaciónE. Stanley G. Robinson Christ's Curch.
E. Stanley G. Robinson Universidade de Oxford.
Coñecido porEstudos de numismática grega e romana.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático , conservador , historiador da arte Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseo Británico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePamela Horsley.
Premios
- (1935): Medalla Huntington (ANS).
- (1942): Medalla da RNS.

Traxectoria

Stanley Robinson naceu no distrito de Clifton, en Bristol, sexto dos sete fillos do comerciante de papel Edward Robinson e da súa esposa, Katherine Frances.

Cursou a súa educación secundaria no Clifton College, de Bristol, e os seus estudos superiores no colexio Christ Church, da Universidade de Oxford.

Ingresou na Escola Británica de Atenas no curso 1910-1911, e no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico en 1912.

En 1914 alistouse ao exército británico e resultou ferido en combate Francia no transcurso da primeira guerra mundial. Á súa volta ao Reino Unido, logo dun período traballando no Ministerio do Interior, regresou ao Museo Británico, onde foi nomeado conservador auxiliar en 1935 e, finalmente, sucedeu a George Francis Hill como conservador xefe do Departamento de Moedas e Medallas entre 1949 e 1952.

Paralelamente, en 1938 comezou a exercer a docencia da materia de Numismática na Universidade de Oxford e foi asesor do coleccionista de arte Calouste Gulbenkian na súa colección de moedas.

Robinson xubilouse en 1955, aínda que continuou a exercer como asesor do gabinete numismático do Museo Ashmolean, da Universidade de Oxford, ao que en 1964 lle doou a súa colección particular.

No aspecto familiar, Robinsoun casou en 1917 con Pamela Horsley.

Recoñecementos

Publicacións

Robinson publicou abundantes artigos numismáticos nas principais revistas do sector da súa época, sinaladamente en Journal of Hellenic Studies, en Numismatic Chronicle e en Revue numismatique. Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos máis salientables:

  • (1923). Catalogue of ancient Greek coins (con G. L. Lampson). Humphreys, Londres.
  • (1927). Catalogue of the Greek coins of Cyrenaica. British Museum, Londres.
  • (1931). The Collection of Capt. E.G. Spencer-Churchill, M.C., of Northwick Park / The Salting Collection in the Victoria and Albert Museum. Oxford University Press.
  • (1933) The Date of the Roman Denarius and Other Landmarks in Early Roman Coinage (con H. Mattingly). H. Milford, Londres.
  • (1933). The Lloyd Collection [Sylloge nummorum Graecorum]. Oxford University Press.
  • (1936). The Newnham Davis Coins in the Wilson Collection of Classical and Eastern Antiquities, Marischal College, Aberdeen (con H. N. Davis). Oxford University Press.
  • (1952). A guide to the exhibition of Roman coins in the British Museum (con H. Mattingly). British Museum, Londres.
  • (1971-1978). A catalogue of the Calouste Gulbenkian collection of Greek coins. Fundação Calouste Gulbenkian, Lisboa

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

E. Stanley G. Robinson TraxectoriaE. Stanley G. Robinson RecoñecementosE. Stanley G. Robinson PublicaciónsE. Stanley G. Robinson NotasE. Stanley G. Robinson Véxase taménE. Stanley G. Robinson

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

FariseoForo (contrato)SahelCerebrósidoMustela nigripesLinguas xermánicasRadiación adaptativaMarçal MolinéBon JoviContactCircuíto Ricardo TormoIllas CookLuca (filme de 2021)TriglicéridoADN ZChordataAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoSelenaKaren UhlenbeckSalgueiroKylian MbappéAlbatros viaxeiroXosé Antonio TouriñánBananaSangueLingüísticaLista de episodios de DoraemonCornizóSan Xoán de RíoXosé Manuel PiñeiroFlynas28 de marzoCastro de San Cibrao de LasCorpo cetónicoGlándula uropixialAsnoVacaAWStatsRamiro CarregalRick and MortyLingua malékuReino UnidoA lei de Lidia PoëtYouTubeVíctor DupláBeta-oxidaciónGalipediaResolución de ecuaciónsLingua indonesiaCanle (comunicación)DactiliaPorto RicoPiñorPlovdivTyrese MaxeyJan Baptista van HelmontParasitismoGuepardoGran Premio de Abu Zabi de 2013CelanovaTermodinámica dos ácidos nucleicosTurboventiladorVocalización das avesBalea vascaDomantas SabonisLingua zazakiDodecágonoGalloanseraeIstambulSemana SantaLingua latinaGuerra civil rusaTom HanksNeornithesReconquista de VigoLevantamento Kerenskii-KrasnovForcarei🡆 More