Dobraxe: Proceso de gravar e substituír voces nun produto audiovisual

A dobraxe é unha técnica audiovisual aplicada a produtos cinematográficos e televisivos, consistente en substituí-los diálogos ditos polos actores nun idioma por outros diálogos idénticos (de aí que sexa precisa unha boa tradución e un bo axuste para a sincronía) noutro idioma.

Os actores de dobraxe tratan de axusta-lo máis posible a súa interpretación á orixinal.

Tamén utilízase a dobraxe, malia non ser noutro idioma, polos mesmos actores ou outros que interpretasen a peza, para substituír pasaxes do diálogo en que o son gravado é defectuoso, por un deficiente rexistro de voz, en cancións, etc., dobrándose a si mesmo ou substituíndo a voz por outra máis axeitada.

Para proporcionar naturalidade ós diálogos dobrados, utilízase unha técnica denominada axuste, que procura manter a lonxitude das frases e facer coincidir determinados fonemas, especialmente os correspondentes ás letras labiais e oclusivas, cos do texto orixinal.

A dobraxe máis común é o dos filmes e dos documentais e series de televisión e mailos animes xaponeses que foron distribuídas internacionalmente. Os filmes en lingua estranxeira dóbranse na lingua local dos seus mercados para facelas máis accesibles ás audiencias que non están afeitas ós subtítulos.

A primeira dobraxe ao galego realizouse no ano 1981 a xeito de demostración, sen chegar a emitirse comercialmente en ningunha televisión nin cinema e foi o primeiro capítulo da serie española Os gozos e as sombras.

Notas

Ligazóns externas

Tags:

Actor de dobraxeCineIdiomaTelevisiónTradución

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

GuepardoMarta DarribaAntonio MachadoParacaídasLerma, BurgosLingua galegaTrahamundaBenito SotoMaría PitaMáximo común divisorHoratio NelsonEra da informaciónPaspallásLuís Pérez BarralHermann Heinrich GossenOs camiños da vidaArnold SchwarzeneggerAgustín Reguera OcampoO hobbitFunción trigonométricaRamiro CarregalTexasChen Shui-bianMarianneMichael JacksonLleidaArenqueMaribel VerdúAlicúnZamoraClase (bioloxía)Simón BolívarEurocopa de FútbolLionel MessiEl LuísGaliciaDinastía MingOPMLLímite matemáticoCitroën 2CVSionismoTartánMatriz (matemáticas)Froufe, O IrixoEnsino superiorAeroporto de Newark LibertyO SalvadorXunta de GaliciaMadagascarFlorentino PérezAnggunRastroRobert PattinsonBetanzosSacro Imperio Romano XermánicoSusana PedreiraPonte das PíasProxyAna BucetaThe WirePrivacidadeParlamento de GaliciaCarlos II de InglaterraArzúaCoímbraHeptosa22ª edición dos Premios Mestre MateoLlanesCongresoListenbourgJacques-Louis DavidRosendo SalvadoSri LankaJ🡆 More