Diego Peláez: Bispo de Santiago de Compostela

Diego Peláez ou Diego Páez nado en Aragón en data descoñecida e finado desterrado de Galicia, en Aragón, en data tamén descoñecida, foi unha das figuras máis salientables da nobreza eclesiástica da Galicia medieval.

Nomeado polo rei Sancho II de Castela, foi bispo de Iria e Compostela do 1071 ao 1088, e contribuíu á grandeza da diocese e do Señorío de Santiago no século XI.

Infotaula de personaDiego Peláez
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Aragón Editar o valor em Wikidata
MorteDespois de 1104 Editar o valor em Wikidata
Bispo de Iria Flavia
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1070 Editar o valor em Wikidata - 1086 Editar o valor em Wikidata

Goberno en Compostela

Foi designado como bispo logo de ser apreixado o rei García de Galicia polo seu irmán o rei de León Afonso VI. Porén, foi sempre sospeitoso de apoiar o malfadado rei galego.

Acometeu a reorganización dos extensos territorios do Señorío feudal de Santiago. Este posesión feudal abranguía as terras entre o río Iso e o Atlántico. Esforzouse por mellorar a xustiza, a administración e a defensa militar fronte os ataques normandos e os conflitos interiores.

Acuñou moeda e deu un importante pulo ao intercambio comercial.

Aplicou medidas contra a indisciplina do clero, chegou a acordos co mosteiro de San Paio de Antealtares plasmados na Concordia de Antealtares e limitou a expansión do poderío bieito do Mosteiro de San Martiño Pinario.

Diego Peláez: Goberno en Compostela, Liortas políticas, Acusación e caída 
TEMPORE PRESVLIS DIDACI INCEPTVM HOC OPVS FVIT (En tempo do prelado Diego comezouse esta obra). Capela do Salvador, Catedral de Santiago de Compostela.

Iniciou, ao redor do ano 1075, as obras da gran catedral románica de Santiago. A anterior fora destruída polas incursións devastadoras do caudillo musulmán Almanzor durante os días do rei galego Vermudo II. A través da escola catedralicia atraería o máis florido da cultura europea do momento. Puxo as obras baixo a dirección do mestre Bernardo. Impulsou as peregrinacións a través do Camiño de Santiago ata facer delas un fenómeno de escala continental.

Considéraselle un dos impulsores da reforma gregoriana nos reinos hispánicos.

Liortas políticas

Dende a súa fasquía de figura política, salienta o seu enfrontamento co rei de León Afonso VI. Ao reconquistar este monarca a taifa de Toledo (1085), Peláez tentou que a vella capital visigótica non fose a nova cabeceira eclesiástica e política dos reinos cristiáns. Santiago de Compostela arelaba ocupar esa posición como sé apostólica e meta de cristiandade xacobea dende Armenia ata Fisterra. Pero nin a galega sé de Braga, nin a castelá de Toledo estaban dispostas a ceder o que entendían que eran os seus dereitos históricos. Braga fora restaurada polo rei García de Galicia; Toledo érao agora por Afonso VI de León.

Semella que se viu envolto no levantamento do líder da nobreza galega Rodrigo Ovéquiz. Este foi un conflito violento que o rei leonés tardou dous anos en sufocar. Estas axitacións, animadas tanto dende a nobreza laica como eclesiástica, determinaron ao monarca a dividir o reino de Galicia en dúas tenzas feudais. Unha, en 1090, baixo o mando do conde Raimundo de Borgoña e a súa filla Urraca (totia Gallecia Imperatrix) ao norte do río Miño. Outra, en 1095, baixo Henrique de Borgoña e a súa filla ilexítima Tareixa nas terras portucalenses.

Acusación e caída

Neste clima de inestabilidade política, Diego Peláez sofre a acusación de traizón. Semella que conspirou para restaurar a independencia do reino de Galicia coa alianza do caudillo normando Guillerme o Conquistador.

Pois os seus inimigos, movidos polos celos da envexa, dixeron que tentaba entregar o reino de Galiza ó rei dos ingleses e normandos e tirarllo ó rei dos hispanos. Se isto, divulgado por tódolos lugares, foi certo ou non, non é agora o noso asunto.
Historia Compostelá (séc. XII)

Esta acusación tivo como consecuencia a súa deposición no Concilio de Husillos (1088). Asemade foi encarcerado e humillado por Afonso VI. O papa Urbano II desautorizou fulminantemente o monarca e confirmou o bispo na súa sé de Santiago de Compostela.

As presións da corte castelá-leonesa e do arcebispo Bernardo de Toledo acadaron que Peláez fose finalmente despoxado da súa diocese. O Papa, porén, dispuxo que podía exercer o ministerio episcopal no caso de que outra diocese o chamase. En 1904 escapou da prisión e refuxiouse en Aragón. Ese mesmo ano, nomeouse ao cluniaco francés Dalmacio, bispo de Iria e Compostela. Dalmacio fora enviado polo poderoso abade Hugo de Cluny coa misión encuberta de arranxar os desacordos entre os condes Raimundo e Henrique de Borgoña. Tras a morte de Urbano II, o novo papa Pascual II recoñeceu que fora xustamente deposto.


Predecesor:
Gudesteo
 Bispo de Compostela - Iria 
1071 - 1088
Sucesor:
Dalmacio

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Tags:

Diego Peláez Goberno en CompostelaDiego Peláez Liortas políticasDiego Peláez Acusación e caídaDiego Peláez NotasDiego Peláez Véxase taménDiego Peláez10711088AragónBispo de Iria e CompostelaSancho II de CastelaSantiago de CompostelaSéculo XI

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xabier DeiveIrúnOliveira de VigoBaldomero EsparteroLola FloresAldaoladoAustraliaLoureiroGoizuetaAlejandra MurguíaConcellos de GaliciaPratos combinadosCarballoTorre de HérculesRepública ChecaEmilio Aragón ÁlvarezMartiño NoriegaVerónica ForquéMaría del MonteAccidente de ChernóbilCMSCarlos III do Reino UnidoNoruegaA Pena, San Román de Vilaestrofe, CervoJosé Luis Rodríguez ZapateroEstripeiroLista de presidentes da República PortuguesaMasturbación coas mamasTotó GarcíaHermisendeJude BellinghamMichael JacksonTina TurnerXabarín ClubFranciaA CañizaAlfonso MolinaPenélope CruzMonforte de LemosLingua galegaLeopoldo RubidoRoberto Vidal BolañoShakira25 de abrilSemeCruceiroÁngel CarracedoRosalía de CastroReino suevoXabier FortesXaxún no islamPonteareasEuphoria (serie de televisión)Xosé Ramón Fernández-OxeaThe ArtistPrimeira guerra mundialMelgachoCarlos García BayónFrancisco Porto MellaWill SmithOs pronomes persoais galegosVerme da sedaXosé Neira VilasArboUxío NovoneyraKirsten DunstAspiradoraLuar (programa)India🡆 More