Demospongiae

As desmosponxas, esponxas silíceas ou esponxas córneas é a clase máis numerosa do filo Porifera (esponxas) e é a que contén a maior variedade destas espoxas.

Esponxas silíceas
Rango fósil: Cámbrico - Holoceno
Demospongiae
Xestospongia testudinaria
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Porifera
Clase: Demospongiae
Sollas, 1885
Subclases
  • Subclase Tetractinomorpha
    • Orde Homosclerophorida
    • Orde Astrophorida
    • Orde Spirophorida
    • Orde Lithistida
    • Orde Hadromerida
    • Orde Axinellida
  • Subclase Ceractinomorpha
    • Orde Halichondrida
    • Orde Poecilosclerida
    • Orde Haplosclerida
    • Orde Verongiida
    • Orde Dictyoceratida
    • Orde Dendraceratida

Diferénciase por posuír un esqueleto de fibras de esponxina, unha substancia exclusiva destes animais ou de mineral sílice ou de ámbolos dous.

Estrutura

Megascleras e microscleras diferenciables e xamais con seis radios. Xeralmente as pequenas espículas atópanse nas partes brandas e aparecen grandes espículas esqueléticas. Todas as Demosponxas son da tipoloxía leuconoide, e a maioría é irregular, porén existen todos os tipos de patróns de crecemento. Algunhas son incrustantes; outras teñen un aspecto de ramificacións ascendentes ou plataformas irregulares; outras teñen formas de cordón ou son foliáceas. A maioría son mariñas, aínda que tamén existen especies de auga doce (Familia Spongillidae). Este grupo de esponxas varían na súa distribución dende augas rasas a grandes profundidades. A reprodución neste grupo pode ser tanto sexual como asexual.

Clasificación

Taxonomía

Hooper e van Soest fixeron a seguinte clasificación;

  • Subclase Homoscleromorpha Bergquist, 1978
    • Orde Homosclerophorida Dendy, 1905
  • Subclase Tetractinomorpha
    • Orde Astrophorida Sollas, 1888
    • Orde Chondrosida Boury-Esnault & Lopès, 1985
    • Orde Hadromerida Topsent, 1894
    • Orde Lithistida Sollas, 1888
    • Orde Spirophorida Bergquist & Hogg, 1969
  • Subclase Ceractinomorpha Levi, 1953
    • Orde Agelasida Verrill, 1907
    • Orde Dendroceratida Minchin, 1900
    • Orde Dictyoceratida Minchin, 1900
    • Orde Halichondrida Gray, 1867
    • Orde Halisarcida Bergquist, 1996
    • Orde Haplosclerida Topsent, 1928
    • Orde Poecilosclerida Topsent, 1928
    • Orde Verongida Bergquist, 1978
    • Orde Verticillitida Termier & Termier, 1977

Porén, evidencias moleculares suxiren que debería ser revisada a clasificación da sublcase Homoscleromorpha.

Listaxe das esponxas Desmosponxas máis coñecidas (por orde alfabética do nome científico)

  • Axinella verrucosa
  • Chondrosia reniforme
  • Cliona celata
  • Dysidea fragilis
  • Ephydatia fluviatilis
  • Geodia conhilega
  • Halichondria panicea
  • Hippopongia communis (esponxa de cabalo)
  • Hymeniacidon sanguinea
  • Mycale massa
  • Myxilla incrustans
  • Oscarella domuncula
  • Spongia officinalis (esponxa de baño)
  • Suberites domuncula (= Ficulina ficus)(Esponxa de ermitán)

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Demospongiae EstruturaDemospongiae ClasificaciónDemospongiae Véxase taménDemospongiaePorifera

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Joaquin PhoenixRobert PattinsonLista de ríos de GaliciaAWStatsImperio RomanoDistritos de PortugalLorbé, Dexo, OleirosCarlos II de InglaterraXabier DeiveJagoba ArrasateVincent van GoghArvo PärtEscultura barrocaQuimera (mitoloxía)Atol Bora BoraConil de la FronteraVilariño de ConsoQuim BarreirosFC Rubín KazánSylvester StalloneAdánLucas TorreiraGadisaHipotensiónSalamancaGuerra civil españolaLuandaDavid HarperBen AffleckCandela PeñaSalviaWikipediaJean-Claude Van DammeTexasSegunda República EspañolaPosición do canLista de episodios de DoraemonVolta ao País Vasco 2018Ascanio CondiviLleidaTamara CanosaAtlético de RiveiraVicente RiscoYan GeAgoladaLingua galegaUlpiano VillanuevaParadoxo de TeseoJosé María BesteiroPonte das PíasBob MarleyThe InterviewPalauListenbourgDinastía MingAeroporto de Newark LibertyPadre CasaresUltradereitaPalas de ReiO Ézaro, DumbríaBragaPrivacidadeYouTubeRobert OppenheimerNew Deal22ª edición dos Premios Mestre MateoOPMLRexións de FranciaCélula pancreática acinarLeymaGramática da lingua franca nova🡆 More