Dacia

Na xeografía da Antigüidade, especialmente en fontes romanas, Dacia era a rexión habitada polos dacios (ou getas, como eran coñecidos polos antigos gregos), unha rama dos tracios que vivía ao norte dos Balcáns.

Modelo:Xeografía políticaDacia
Dacia
Imaxe

Localización
Dacia
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 45°42′N 26°30′L / 45.7, 26.526°30′L / 45.7, 26.5
CapitalSarmizegetusa Editar o valor em Wikidata
Poboación
RelixiónMitologia ilíria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación60 a. C. Editar o valor em Wikidata
Disolución106 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor em Wikidata
• Xefe do gobernoBerebistas Editar o valor em Wikidata
MoedaCoson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

A Dacia tiña como fronteiras meridionais o río Danubio (Istros, nas fontes gregas) ou, na súa maior extensión o monte Hemo (en latín, Haemus Mons), actual cordilleira dos Balcáns. Mesia (Dobruja), unha área ao sur do Danubio era o centro da rexión en que os getas vivían e interactuaban cos antigos gregos. Polo leste, tiña como fronteiras naturais o Ponto Euxino (Mar Negro) e o río Danastris (río Dnister), citado nas fontes gregas como Tyras). Non obstante, rexistráronse diversos poboados dacios entre os ríos Dnister e Hypanis (río Bug), e o Tisia (Tisza), polo oeste.

Nalgúns tempos, a Dacia comprendeu áreas entre o Tisza e o Danubio medio. A cadea de montañas dos Cárpatos localizábase no medio da Dacia.

Os dacios eran tripos tracias setentrionais. As tribos dacias tiveron tanto relacións pacíficas como belicosas con outras tribos veciñas, como os celtas, os antigos xermánicos, os sármatas e os citas, mais foron máis influídos polos gregos e os romanos. Estes acabaron por conquistalos, e asimilalos, lingüística e culturalmente.

Existiu un reino dacio de dimensións variadas entre o 168 a.C. ata a conquista romana, en 106. A capital da Dacia, Sarmizegetusa, localizada na actual Romanía, foi destruída polos romanos, mais o seu nome foi unido ao da nova cidade (Ulpia Traiana Sarmizegetusa), construída por eles para servir como capital da provincia romana da Dacia.

Historia

Dacia 
Dacia clásica e arredores, do Classical Atlas to Illustrate Ancient Geography de Alexander G. Findlay, Nova York, 1849

No inicio do século II a.C., baixo o goberno de Rubobostes, un rei dacio da actual Transilvania, o poder dos dcios na chaira Panonia, a rexión entre os Cárpatos, os Alpes Dináricos e os Balcáns, aumentou coa derrota dos celtas que anteriormente tiñan o poder na rexión. Existiu un reino da Dacia polo menos dende o inicio do século II a.C. gobernado polo rei Oroles. Conflitos cos bastarnas e os romanos (112-74 a.C.), contra os que auxiliaron os escordiscos e os dardanios, enfraqueceron grandemente os recursos dos dacios.

Baixo a rexencia de Burebista (Berebistas), contemporáneo de Xulio César, que reorganizou completamente o exército e elevou o padrón de moral do pobo, os límites do reino estendéronse ao seu máximo. Os bastarnas e os bois foron conquistados, e mesmo as cidades gregas de Olbia e Apolonia no mar Negro recoñeceron a autoridade de Burebista.

De feito, os dacios parecían tan formidábeis que César considerou a posibilidade de enviar unha expedición contra eles; feito que só a súa morte impediu. Por volta da mesma época, Burebista foi asasinado, e o reino foi dividido en catro (ou cinco) partes baixo o mando de gobernantes separados. Un deses gobernantes chamouse Cotiso, que tiña unha filla coa que Augusto seica desexaba casar e co que Augusto prometeu a súa filla de cinco anos de idade, Xulia. É coñecido polo verso de Horacio (Occidit Daci Cotisonis agmen, Odes, III. 8. 18).

Os dacios son mencionados freuentemente no reinado de Augusto, que de acordo con el foran compelidos a recoñecer a supremacía romana. Con todo, de ningún xeito foron subxugados, e en épocas posteriores, para manteren a súa independencia, aproveitaron cada oportunidade de atravesar o conxelado Danubio durante o inverno para devastar as cidades romanas da provincia de Mesia.

Lista de reis de Dacia

  • Moskon (século IV a. C.)
  • Dromiketes (contra 300 a. C.)
  • Rubobostes (século III a. C.)
  • Oroles (século III a. C.)
  • Rhemaxos (contra 200 a.C.)
  • Dicomes? (século II a. C.)
  • Rholes? (século II a. C.)
  • Dapyx? (século II a. C.)
  • Tymarcus (contra 100 a. C.)
  • Guichthlac (contra 100 a. C.-82 a. C.)
  • Burebista (82-44 a. C.)
  • Comosicus (44-28 a. C.)
  • Non rexistrados (28 a. C.-68)
  • Duras (68-87)
  • Decébalo o Valente (87-106)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Hoddinott, Ralph F., The Thracians, 1981.
  • Wolfram, Herwig (1990). History of the Goths (en inglés). Berkeley / Os Ánxeles: University of California Press. ISBN 9780520069831. 
  • Musset, Lucien. Les Invasions: Les Vagues Germaniques. París: Presses Universitaires de France, 1965.
  • Thompson, E. A. The Visigoths in the Time of Ulfila. Oxford: Oxford University Press, 1966.

Ligazóns externas

Tags:

Dacia HistoriaDacia Lista de reis de Dacia NotasDacia Véxase taménDaciaBalcánsDaciosGrecia AntigaIdade AntigaRoma AntigaTraciosXeografía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PediastrumProvincia da CoruñaProcellariidaeMediana (xeometría)Comunicación celularCidadeSabuguido, Vilariño de ConsoAeroporto de Berlín-TegelElemento nuclear intercalado longoEdimburgoArianna d'OttoneFukuokaCamarón de areaEmma StoneMaría do Socorro Ortega RomeroCentral térmica das PontesRichard SerraAnte GotovinaLingua xeorxianaXosé Ramón GayosoXVI dinastía exipciaOranjestad, ArubaEspecieFátima PegoJuan Carlos Rodríguez CebriánColinesteraseMullerCobra viperinaAs Pontes de García RodríguezMesodermaApp StoreCopia por contactoIncubación dos ovosADN ZVocalización das avesPFoca comúnCancro colorrectalNós (revista)TinamidaeTrondheimFusión do ADNADN polimeraseJan Baptista van HelmontCoreano (peixe)Cinema pornográficoÁlvaro SolerReggaeNacionalismo galegoAletaSan Xoán de RíoLingua samoanaForcareiAnna Maleras ColoméPirelliAeroporto de Beauvais-TilléMontederramoGran CanariaIllas CookMarylandIsambard Kingdom BrunelIsidoro de KíivEmpalme do ARNMosteiro de Santa María de OseiraVigoBisonte europeoSelenaPonte de RandeArmeniaRastroNeornithesColocación do pronome átono en galegoNordés (vento)A lei de Lidia PoëtLingua zazakiUapitíEdicto de Milán🡆 More