Coordenadas Celestes: Conxunto de valores que sinalan a posición dun obxecto na esfera celeste

As coordenadas celestiais son o conxunto de valores que, dentro dun determinado sistema de referencia, sinalan a posición dun obxecto na esfera celeste.

Existen diversos sistemas de coordenadas celestes segundo cal sexa a súa orixe e plano de referencia. Unha primeira clasificación, atende a se se trata de coordenadas cartesianas ou coordenadas esféricas.

Coordenadas Celestes: Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixido, Medida de ángulos, Conversión de coordenadas
Sistema horizontal de coordenadas.
Coordenadas Celestes: Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixido, Medida de ángulos, Conversión de coordenadas
Sistema ecuatorial de coordenadas.
Coordenadas Celestes: Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixido, Medida de ángulos, Conversión de coordenadas
Sistema ecuatorial de coordenadas para un observador na Terra.

Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixido

A.- Sistemas de coordenadas cartesianas

Nas coordenadas rectangulares ou cartesianas tómanse tres eixes -x, y, z- perpendiculares entre si, que se cruzan no punto orixe, podendo ser este o Sol (Coordenadas heliocéntricas) ou a Terra (Coordenadas xeocéntricas). Por exemplo un punto P (x,y,z).

B.- Sistemas de coordenadas esféricas

As coordenadas esféricas empréganse para superficies esféricas -a esfera celeste, a superficie dun planeta

    Para situar un punto fan falla dous ángulos e unha distancia.
    Por exemplo o punto Coordenadas Celestes: Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixido, Medida de ángulos, Conversión de coordenadas  que forma un ángulo Coordenadas Celestes: Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixido, Medida de ángulos, Conversión de coordenadas  co eixe X e un ángulo Coordenadas Celestes: Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixido, Medida de ángulos, Conversión de coordenadas  co eixo Z, relacionase con coordenadas cartesianas:
        Coordenadas Celestes: Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixido, Medida de ángulos, Conversión de coordenadas 
        Coordenadas Celestes: Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixido, Medida de ángulos, Conversión de coordenadas 
        Coordenadas Celestes: Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixido, Medida de ángulos, Conversión de coordenadas 

A meirande parte das coordenadas celestiais son coordenadas esféricas.

En Astronomía a posición dun astro determínase de xeito ordinario usando coordenadas polares ou esféricas. De tódolos xeitos dado que en principio a distancia r é descoñecida, só nos preocupará a dirección OP do astro, determinable con dúas coordenadas. O que se fai e proxectar tódolos astros enriba duna esfera de raio arbitrario, denomina esfera celeste. Tal esfera está centrada no observador. Na realidade, o observador prescinde das irregularidades topográficas e só ve unha semiesfera celeste, limitada polo plano que pasa ao pé do observador e que corta a esfera celeste nun círculo chamado horizonte.

Clasificación segundo a posición do observador

  • Coordenadas topocéntricas: O centro e o propio observador.
  • Coordenadas xeocéntricas: Centradas no centro da Terra.
  • Coordenadas heliocéntricas: O centro e o centro do Sol.
  • Coordenadas baricéntricas: O centro e o centro de masas do Sistema Solar.
  • Coordenadas galácticas: O centro e o centro da Vía Láctea que dende a nosa posición na galaxia, atópase na constelación de Saxitario.

Atendendo a se os seus valores dependen ou non da posición do observador, clasifícanse en:

  • Coordenadas locais: Coordenadas horizontais e Coordenadas horarias
  • Coordenadas non locais: Coordenadas ecuatoriais, Coordenadas eclípticas, Coordenadas galácticas

Clasificación segundo o plano de referencia

Coordenadas Celestes: Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixido, Medida de ángulos, Conversión de coordenadas 

Considerando o plano de referencia:

  • Coordenadas horizontais: Plano de referencia: o horizonte do observador
    Orixe: topocéntrica
    Coordenadas: acimut e altura ou distancia cenital
  • Coordenadas horarias: Plano de referencia: o ecuador celeste e o meridiano celeste do observador
    Orixe: topocéntrica
    Coordenadas: ángulo horario e declinación
  • Coordenadas eclípticas: Plano de referencia: a eclíptica
    Orixe: xeocéntrica ou heliocéntrica
    Coordenadas: lonxitude celeste e latitude celeste, ou lonxitude e latitude eclípticas
  • Coordenadas galácticas: Plano de referencia: o plano da Vía Láctea
    Orixe: o centro da Vía Láctea
    Coordenadas: lonxitude galáctica e latitude galáctica

Medida de ángulos

Os ángulos mídense en radiáns ou graos, ademais en astronomía tamén se miden en horas. Un ángulo de 1 hora ten 15º. O ángulo horario e a ascensión recta poderíanse medir en graos pero mídense en horas.

Os seus divisores son: 1 hora = 60 Minutos (min)

1 Minuto = 60 segundos 1 min = 60 s

Unha relación práctica e a equivalencia 1 º = 4 Minutos.

A Ascensión recta e un ángulo que se mide en horas, minutos e segundos.

Así AR=3 h 25 min 13 s = 3,4202777... h= 51,304166..º =51 º 18 ' 15 "

Conversión de coordenadas

A conversión de coordenadas celestes permite pasar dunhas coordenadas a outras p. ex. de eclípticas a ecuatoriais, ou pasar de ecuatoriais a horarias, as conversións sucesivas permiten calquera transformación entre coordenadas. Chegado o caso se un día observamos un obxecto en coordenadas horizontais, anotamos a nosa posición na Terra e o lapso temporal podemos chegar ata as coordenadas ecuatoriais ou eclípticas correspondentes. Nas seguintes fórmulas, os grupos formados por tres formulacións deben terse plenamente en conta as tres (non só 2 fórmulas de 3).

Coordenadas horizontais a coordenadas horarias

Coñecendo os valores: Z do acimut e h da altura, a δ da declinación e o ángulo horario AH pódense obter a través das fórmulas:

Coordenadas Celestes: Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixido, Medida de ángulos, Conversión de coordenadas 

onde o ángulo φ representa a latitude do lugar de observación astronómica.

Coordenadas horarias a coordenadas horizontais

Coñecidos os valores: AH do ángulo horario e δ da declinación, a h da altura e a Z do acimut poden ser obtidas a través das fórmulas:

Coordenadas Celestes: Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixido, Medida de ángulos, Conversión de coordenadas 

onde o ángulo φ representa a latitude astronómica do lugar de observación.

Coordenadas horarias a coordenadas ecuatoriais

Coñecidos os valores AH do ángulo horario, e δ da declinación, a α da ascensión recta pódese obter (a declinación segue a ser a mesma):

Coordenadas Celestes: Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixido, Medida de ángulos, Conversión de coordenadas 

onde T e o tempo sideral no momento da observación.

Coordenadas ecuatoriais a coordenadas horarias

Coñecidos os valores da ascensión recta α,e o δ da declinación, o ángulo horario AH pódese obter (a declinación segue a ser a mesma):

Coordenadas Celestes: Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixido, Medida de ángulos, Conversión de coordenadas 

onde T e o tempo sideral no momento da observación.

Coordenadas ecuatoriais a coordenadas eclípticas

Coñecido o valor α da ascensión recta, e o δ da declinación, as coordenadas eclípticas ß (latitude) e λ (lonxitude) pódense obter:

Coordenadas Celestes: Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixido, Medida de ángulos, Conversión de coordenadas 

onde ε = 23.439281 ° representa a oblicuidade da eclíptica, isto é, o ángulo do plano do ecuador co plano da órbita terrestre arredor do sol.

Coordenadas eclípticas a coordenadas ecuatoriais

Coñecidos os valores respectivos de λ e ß da lonxitude e da latitude da eclíptica, o δ da declinación e o α da ascensión recta pódense obter:

Coordenadas Celestes: Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixido, Medida de ángulos, Conversión de coordenadas 

onde ε = 23.439281 ° representa a oblicuidade da eclíptica, isto e, o ángulo do plano do ecuador co plano da órbita terrestre arredor do sol.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Coordenadas Celestes Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixidoCoordenadas Celestes Medida de ángulosCoordenadas Celestes Conversión de coordenadasCoordenadas Celestes Véxase taménCoordenadas CelestesEsfera celesteSistema de referencia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ramón CabanillasSoajoCasaquistánSen SenraEspazo ComúnProduto interior brutoQuenllaPratos combinadosRonnie ThompkinsHerexíaMarta Fernández-TapiasConcello de CanedoIrmandiñosBreogánSayenIslandiaPaulino VázquezReino de GaliciaEnxoval funerarioRomaNúmero eLamento da FrouseiraCachenaGheadaÁ lus do candilLípidoGralla cereixeiraMichael JacksonGmailAciñeiraApril AshleyLista de episodios de O detective ConanInstituto de Montes do PennÁcido fólicoCastelo de MesíaOríxenesCapital (economía)Historia do CairoAlberto Núñez FeijóoAvesCarlos PajaresAthena 2OhridJosé Miñones (homónimos)PsicoloxíaFacultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da CoruñaUcraínaQueixoKurdistánMaría JamardoGoogleNanina SantosEstados membros da Unión EuropeaLavandeira brancaQuecemento globalÁlvaro Cunqueiro2021Pedro Froilaz de TrabaSantoalla, Santoalla do Monte, PetínFerrolOrdoño III de LeónSegunda guerra mundialOutonín, San Cristovo de Lóuzara, SamosXordaniaSaramagoNoelia ReyAníbal MalvarMáis alá!BrasilSanta Uxía de Asma, ChantadaÁngel CarracedoMario de LangulloMarge SimpsonLiexaA Laracha🡆 More